- O 24 de abril de 2025 continúa o ciclo de 12 Xornadas formativas sobre oportunidades de negocio, cunha sesión dedicada á produción do té galego.
- Será online e a inscrición é gratuíta.
- Para inscribirse, é necesario completar este formulario.
AGACA continúa o ciclo de xornadas formativas sobre oportunidades de negocio que se poden desenvolver no rural galego o 24 de abril, cunha xornada en liña dedicada á produción do té galego, de 09:30 a 14:30 horas. É a quinta cita do ciclo, no que se prevén 12 xornadas.
Contará con charlas sobre a produción e comercialización do té, así como a súa historia, orixe e tipos. Tamén se detallarán experiencias produtivas nas illas Azores (Portugal) e en Galicia, ademais do Plan Estratéxico para comercialización do té de Areeiro.
Programa
09:30 – Conexión e benvida a participantes. Presentación dos obxectivos da xornada.
Higinio Mougán. Director-xerente de AGACA.
10:00 – Procedencia, historia e tipos de té.
Carmen Salinero. Consultora e experta en camelia e produción de té.
11:00 – Produción do té galego. Plan Estratégico para produción e comercialización do Té de Areeiro.
Pilar Vela. Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Deputación de Pontevedra.
12:00 – Descanso.
12:10 – Referencias de produción do té nas Illas Azores (Portugal).
Christian Bernhard. Coleccionista de variedades e de plantas exóticas.
13:20 – Experiencias produtivas no cultivo de té en Galicia.
Lola González. Proxecto Vida Circular.
13:50 – Atención a preguntas, suxestións, aclaracións das persoas asistentes e interesadas na oportunidade de negocio.
Participantes, relatores e relatoras e equipo AGACA.
14:15 – Conclusións, comentarios finais e clausura.
Higinio Mougán. Director-xerente de AGACA.
14:30 – Fin da xornada.
XORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO
Os obxectivos do ciclo, que está previsto que inclúa 12 xornadas, cada unha dedicada a unha oportunidade de negocio, son: explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado; promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio; impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/o gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas.
As xornadas, de libre acceso previa inscrición, son de especial interese para persoas socias das cooperativas agroalimentarias, así como para aquelas vinculadas coa economía social.
Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2025 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaria Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
![]()




