• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Blog

Estercos e xurros en Galicia

Editorial publicado en Cooperación Galega, Nº 172 - marzo 2025

Agaca by Agaca
4 de Abril de 2025
in Blog
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

A xestión e uso eficiente de estercos e xurros como fertilizantes orgánicos nos cultivos é o mellor exemplo de economía circular que leva séculos producíndose en Galicia. Por iso, Galicia dispón da maior porcentaxe de terras coa maior composición orgánica de España. Podemos sentirnos orgullosos da nosa contribución ao medio ambiente, á fixación do carbono na terra: somos líderes destacados en España. Os xurros da gandería non son os típicos residuos industriais e urbanos dos que debemos desprendérmonos, incómodos, difíciles de xestionar, cargados de metais pesados… Os xurros, a veces molestos polo cheiro, son un subproduto da gandería cunha importante utilidade agronómica como fertilizante. Os estercos e xurros, con diferente composición fertilizante segundo a especie da que procedan, conteñen nutrientes esenciais para as plantas coma o nitróxeno, o fósforo e o potasio, así como nutrientes secundarios coma o ferro, o manganeso e outros.

O uso de fertilizantes inorgánicos, moitos deles elaborados a partir do petróleo e/ou gas natural, supón un custo moi elevado para a economía e para o medio ambiente, con alto custo na emisión de gases efecto invernadoiro. Por exemplo, os especialistas afirman que o uso de urea sintética desprotexida como fertilizante na agricultura dispara o cálculo das emisións de CO2 a niveis moi elevados, insostibles.

Un uso axeitado de estercos e xurros axuda a reconstruír terreos agrícolas, mitigando a desertización á vez que favorece o emprego de menos fertilizantes químicos, con moito maior custo e perigosa problemática ambiental. A fertilización é un dos custos máis importantes en producións coma o millo forraxeiro ou pradarías, pois necesitamos nutrir a terra para lograr os cultivos. Dende o punto de vista económico, o bo uso dos xurros como fertilizante orgánico aforra moitos millóns de euros en Galicia.
É certo que se debe seguir mellorando a aplicación racional dos olfactivamente molestos xurros nas terras agrarias, claves para optimizar os beneficios das granxas. Debemos ter axeitadas fosas de xurros con dimensións suficientes. É moi importante que as aplicacións de xurro se fagan coas condicións climáticas idóneas; que se cumpran as normas racionais que limitan os excesos de xurro coa finalidade de evitar a contaminación difusa producida polos nitratos nas augas. Sempre que se poida, deberían poder usarse na aplicación sistemas que permitan localizar o xurro, para contribuír tamén á redución das emisións de amoníaco á atmosfera.

Segundo a FAO, o 50% dos fertilizantes que se usan no mundo son de orixe animal, en forma de deposicións que quedan nos pasteiros ou en forma de estercos e xurros aplicados nas terras de cultivo. Os estercos e xurros axeitadamente aplicados son esenciais para reducir o uso de fertilizantes químicos de síntese coa finalidade de acadar producións sostibles.

Pese a quen lle pese, en Galicia nin a carga gandeira nin a produción de nitróxeno procedente dos xurros e estercos superan os límites contaminantes que establecen as normativas, pero urxen apoios aos investimentos para mellorar e optimizar o seu uso, clave para manter un sector agrario e gandeiro vivo e competitivo e frear o abandono. Todos sabemos que o problema do nitróxeno nas augas procede, en xeral, da falta de depuración das augas residuais das vivendas e industria. Agardemos que as autoridades sexan consecuentes.

Leer revista completa:

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}