- O 18 de febreiro ás 16:00 h. dará comezo o webinar ‘Secuestro de carbono na produción de vacún’.
- O webinar retransmitirase a través de YouTube e, para asistir, é necesario cubrir este formulario de inscrición.

O Grupo Operativo Secuesvac, no que AGACA participa, nace coa finalidade de dar resposta á crecente necesidade de reducir as emisións de carbono á atmosfera e para obter datos científicos de referencia para o sector vacún sobre as emisións netas de carbono considerando o secuestro nos chans.
Así pois, o seu obxectivo principal é optimizar o secuestro de carbono en chans asociados a granxas de vacún de carne, analizando a situación actual, identificando boas prácticas e desenvolvendo unha ferramenta de apoio á decisión.
Neste sentido, o webinar que terá lugar o 18 de febreiro desde as 16:00 h. tratará diferentes temas relacionados co ámbito de estudo de Secuesvac e contará con entidades participantes no Grupo Operativo entre os relatores:
16:00 INAUGURACIÓN
JESÚS LÓPEZ COLMENAREJO – Director executivo Grupo Editorial Agrícola – Henar Comunicación.
16:01 BIENVENIDA
JAVIER LÓPEZ – Director de PROVACUNO.
16:05 PONENCIA: EL SECUESTRO DE CARBONO EN EL SECTOR VACUNO DE CARNE
ÓSCAR DEL HIERRO – Investigador en NEIKER (Instituto Vasco de Investigación y Desarrollo Agrario).
16:25 MESA REDONDA: ACCIONES DEL SECTOR AGROALIMENTARIO PARA MITIGAR EL CAMBIO CLIMÁTICO
JOSÉ MANUEL MACARULLA LACAMBRA – Director executivo na Asociación de criadores de raza bovina Parda de Montaña (ARAPARDA).
AGUSTÍN DE PRADA – Director de Asoprovac Castilla y León.
MODERA: JESÚS LÓPEZ COLMENAREJO – Director executivo Grupo Editorial Agrícola – Henar Comunicación.
Máis sobre Secuesvac
Xunto con AGACA, participan no Grupo Operativo Supraautonómico Secuesvac: Provacuno, Cooperativas Agro-alimentarias de Asturias, Asoprovac Castilla y León, Asoprovac Castilla-La Mancha, GanadeMAD, Araparda Raza Bovina de Alta Montaña, Asaja e, como entidade contratada, Neiker.
Obxectivos específicos:
Determinar a capacidade de secuestro de carbono de solos, de pastos e de cultivos, asociados ao vacún de carne en España, utilizando como modelo un conxunto de granxas representativas de diferentes modelos de produción en España.
Identificar as prácticas de manexo máis adecuadas para maximizar o secuestro de carbono nos pastos e nas parcelas de cultivo: é fundamental para promover a sustentabilidade agrícola.
Desenvolver unha ferramenta de apoio á decisión dos gandeiros que lles permita calcular tanto a pegada de carbono coma o potencial de secuestro de carbono das súas granxas vacúas de carne.
Web https://www.gosecuesvac.com/
Facebook https://www.facebook.com/GoSecuesvac/
Instagram https://www.instagram.com/gosecuesvac/
LindedIn https://www.linkedin.com/company/grupo-operativo-secuesvac/
GO Secuesvac é un proxecto financiado ao 100% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación dentro do Plan Estratéxico da PAC (PEPAC) 2023-2027. Cofinanciado ao 80% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural FEADER e un 20% polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Importe total da axuda 548.889,40 euros. PROVACUNO é a entidade representante deste proxecto. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) é a autoridade de xestión encargada da aplicación da axuda FEADER correspondente.
![]()




