— Obradoiro “Sistema integrado, xestión de explotacións agroalimentarias” – decembro

Información del curso

  • AGACA e Rede Eusumo
  • 02/12/2024
  • 30/12/2024
  • 70
  • teleformación
  • A terceira edición do obradoiro “Sistema integrado, xestión de explotacións agroalimentarias” terá lugar entre o 2 e o 30 de decembro de 2024, en modalidade de teleformación.
  • É gratuíto e a inscrición realízase cubrindo este formulario, ata o 29 de novembro.

Este obradoiro impártese na modalidade de teleformación: os contidos estarán a disposición do alumnado nunha plataforma de formación en liña á que poderá acceder cando queira, entre o 2 e o 30 de decembro.

Os módulos 2, 3 e 4 están homologados pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, polo que as persoas que se conecten á formación no horario establecido para cada un deles e superen as probas da Consellería terán dereito a un certificado expedido pola devandita entidade.

Contido

Módulo 1: Cooperativismo no sector primario.
Duración: 20 h.

Unidad 1. As Cooperativas.
Unidad 2. Marco Legal do Cooperativismo.

Tutor: Carlos Ares Fernández. Técnico de AGACA.

Módulo 2: Benestar Animal. Explotacións.
Duración: 20 h.

Unidad 1. Módulo Xeral.
Unidad 2. Persoal das explotacións (incluíndo centros de concentración, granxas).

Tutor: Eduardo Mazaira Vázquez. Veterinario.

Módulo 3: Operador de Granxa.
Duración: 20 h.

Unidad 1. Características da produción bovina.
Unidad 2. Sanidade animal, hixiene e bioseguridad.
Unidad 3. Manexo.
Unidad 4. Xestión ambiental e loita contra o cambio climático das explotacións.
Unidad 5. Rexistro de información e documentación.
Unidad 6. Normativa vixente no ámbito europeo, nacional, autonómico e local relacionada.

Tutor: Eduardo Mazaira Vázquez. Veterinario.

Módulo 4: Benestar Animal. Transportistas.

Duración: 10 h.

Tutor: Eduardo Mazaira Vázquez. Veterinario.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2024 da Rede Eusumo. Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta con financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

 

Rede Eusumo

  • Facebook
  • Twitter