- O 29 de febreiro terá lugar a segunda sesión do ciclo de Xornadas formativas sobre oportunidades de negocio, dedicada á extracción de resina.
- Desenvolverase en liña e é gratuíta.
- Para inscribirse é necesario completar este formulario.
A Xornada formativa sobre oportunidade de negocio: extracción de resina terá lugar o 29 de febreiro. Dará comezo ás de 09:30, terminará ás 14:30 horas e desenvolverase en liña.
Ademais de introducir a extracción de resina de piñeiro como oportunidade de negocio e explicar tanto os seus aspectos técnicos como o mercado e comercialización do produto, a xornada acollerá testemuños das comunidades de montes de Baroña e de Mougás, onde se leva a cabo a actividade.
O programa previsto pode atoparse en formato PDF aquí.
Programa
09:30 – Conexión de benvida a participantes. Presentación dos obxectivos da Xornada.
09:40 – Introdución á extracción de resina oportunidade de negocio en Galicia.
Higinio Mougán. Director-xerente de AGACA.
10:00 – A industria da resina, situación actual e perspectivas en España.
Saúl Gómez. Industrial Resinera Valcán (Cuenca).
Demetrio Bedriñana. Técnico de AGACA.
Eduardo González Fagundez. Laxes Ambiental.
10:40 – Aspectos técnicos na extracción de resina nos montes de Galicia.
Frank Domínguez. Experto en formación de resineiros.
11:40 – Breve descanso para café.
12:00 – Produción de resina nos montes de Baroña.
Ovidio Queiruga González. Presidente da Comunidade de Montes de Baroña.
12:40 – Aternativas de viabilidade económico financeira e de xestión na extracción de resina.
Eduardo González Fagundez. Laxes Ambiental.
13:20 – O mercado e comercialización da resina en España.
Jesús Eirín Feijóo. Empresa Xagoaza Pinaster.
14:00 – Atención a preguntas, suxestións, aclaracións das persoas asistentes e interesadas na oportunidade de negocio.
Participantes, relatores e equipo organizador (AGACA).
14:15 – Conclusións, comentarios finais e clausura da xornada.
Higinio Mougán. Director-xerente de AGACA.
14:30 – Fin da xornada.
XORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO
Os obxectivos deste ciclo, que sumará en total 12 xornadas formativas, cada unha dedicada a unha oportunidade de negocio, son: explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado; promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio; impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas.
As xornadas, de libre acceso previa inscrición, son de especial interese para persoas socias das cooperativas agroalimentarias, así como para aquelas vinculadas coa economía social.
Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.
AGACA organiza esta actividade, que se enmarca no programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola SecretaríaXeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
![]()




