— Bono Consolida economía social. Hasta 24/03/2024

Información da axuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO POR AGACA

Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF) e consultar a Orde completa na ligazón “web”.

ORDE do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social e se convoca para a anualidade 2024. Consellería de Promocion do emprego e Igualdade (DOG Nº 17, 24/01/2024).

OBXECTO E FINALIDADE

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do Programa de apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social; e proceder á súa convocatoria para a anualidade 2024 (código de procedemento TR802L).

Este programa ten como finalidade apoiar a consolidación das entidades da economía social, así como reforzar a súa presenza no tecido económico de Galicia, con especial incidencia na transformación dixital e na mellora da eficiencia enerxética, contribuíndo ao impulso da súa actividade económica, incrementando a súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade.

ENTIDADES BENEFICIARIAS E CONDICIÓNS PARA A OBTENCIÓN DO INCENTIVO

1. Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde as seguintes entidades, de entre as previstas no artigo 6 Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia: sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego. Estas entidades deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Figurar inscritas como tales nos correspondentes rexistros administrativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ter presentados as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil, no Rexistro de Cooperativas ou no Rexistro de Fundacións, segundo corresponda á súa forma xurídica.

c) No caso de centros especiais de emprego que teñan forma xurídica de asociación, deberán ter aprobados o balance e a conta de resultados pola súa asemblea xeral.

d) Acreditar unha antigüidade de corenta e dous (42) meses na data da solicitude, que se computará desde a data de inscrición da entidade solicitante no correspondente rexistro administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia.

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES

1. Equipamento informático.
2. Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.
3. Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.
4. Mellora na eficiencia enerxética.
5. Adquisición de equipamento.
6. Reforma do local de negocio.
7. Mobiliario.
8. Obtención de certificacións de calidade.
9. Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.
10. Plan de Protección de datos.
11. Elementos de transporte.
12. Actividades formativas para as persoas socias da entidade solicitante que estean
dadas de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA).

Os servizos descritos nos números 3, 8, 9, 10 e 12 deberán estar implantados ou realizados no período de execución.

CONTÍA DAS AXUDAS

A contía da axuda será equivalente ao 90 % do custo total dos gastos subvencionables, cos límites seguintes:

– 5.000 € para cada un dos gastos incluídos nos conceptos 3, 8, 9 e 10 do artigo 6.
– 600 € para cada actividade formativa das incluídas no concepto 12 do artigo 6, que realice cada persoa socia da entidade que estea de alta no réxime especial de traballadores autónomos.

O límite máximo das axudas establécese en 30.000 € por cada entidade solicitante. No caso de que se solicite unha contía superior, concederase de acordo coa orde de prelación establecida no artigo 6 desta orde.

PERÍODO DE EXECUCIÓN DAS SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 24 de marzo de 2024, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

No suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se esgote o crédito establecido na convocatoria, o Organo concedente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web da Consellería.

  • Facebook
  • Twitter