- A cooperativa agrogandeira mantén a tendencia de crecemento en tódalas áreas de negocio e incrementa o volume de actividade.
- Neste primeiro lustro, AIRA inviste máis de 33 millóns de euros, boa parte deles destinados á transformación do leite das ganderías socias.
A cooperativa agrogandeira AIRA celebrou este xoves, día 13, a súa Asemblel Ordinaria en Taboada (Lugo) na que se presentaron as contas deste último ano ós seus socios e socias e se fixo balance dos primeiros 5 anos de traxectoria dende o proceso de integración realizado no 2018. Neste primeiro lustro de actividade AIRA conseguiu dobrar o volume de negocio e presenta unha facturación consolidada de 206,5 millóns de euros, cun crecemento continúo e significativo durante tódolos exercicios.
A Cooperativa segue amosándose coma unha empresa líder e en plena fase de expansión. AIRA medrou en tódalas áreas de negocio, en especial naquelas de referencia para o sector agrogandeiro, coma o leite ou o penso. A Cooperativa segue a manter o seu compromiso de valorizar a produción e servir de apoio ós máis de 2.900 socios e socias que integran a entidade. “Seguimos medrando e facémolo en tódalas áreas de negocio, en especial no volume de actividade da fábrica de penso e na planta láctea”, explica Daniel Ferreiro, director xeral de AIRA.
AIRA logrou un nivel de EBITDA de 7,2 millóns de euros, que permiten á Cooperativa afrontar o volume de investimentos que manexa. Nestes 5 anos AIRA investiu máis de 33 millóns de euros. A transformación láctea é unha das prioridades claras de AIRA e destinaron un 70% dos investimentos á industrialización, en especial á planta láctea de Melide. Mentres, investiron
preto de 12 millóns de euros noutras actividades de interese para a Cooperativa. “Só no 2023 temos previsto destinar a investimentos outros 5 millóns de euros”, detalla Ferreiro.
No último ano, algúns dos proxectos destacados foron a construción dun novo taller para os carros mesturadores da Cooperativa e unha nova gasolineira, que se atopan aínda en plena fase de construción.
A Cooperativa pechou este último exercicio cuns beneficios antes de impostos de 4,2 millóns de euros, dos que máis do 50% capitalizaráselle ós asociados.
Leite e penso, motores de AIRA
A comercialización do leite das ganderías socias segue sendo unha das prioridades e un dos motores de AIRA. No 2022 AIRA comercializou un total de 115 millóns de litros de leite, fronte ós 91 millóns de litros de leite que se xestionaban no 2018, cando se formalizou o proceso de integración da Cooperativa. Ademais, nestes 5 anos, AIRA pasou a transformar o 55% deste leite nas industrias lácteas nas que participa. “A transformación do leite é unha das prioridades de AIRA e unha das liñas nas que imos seguir sumando esforzos”, ratificou Ferreiro na asemblea.
A comercialización do leite das ganderías socias segue sendo unha das prioridades e un dos motores de AIRA. No 2022 AIRA comercializou un total de 115 millóns de litros de leite, fronte ós 91 millóns de litros de leite que se xestionaban no 2018, cando se formalizou o proceso de integración da Cooperativa. Ademais, nestes 5 anos, AIRA pasou a transformar o 55% deste leite nas industrias lácteas nas que participa. “A transformación do leite é unha das prioridades de AIRA e unha das liñas nas que imos seguir sumando esforzos”, ratificou Ferreiro na asemblea.
A dixitalización das granxas
A Cooperativa tamén está destinando importantes esforzos a contribuír á dixitalización das granxas, con programas especializados como o TRAC PLUS, co que ademais de proporcionar ferramentas de utilidade para as ganderías buscan poder chegar a certificar todo o proceso dende a granxa ó consumidor, cunha trazabilidade completa. “Tentamos dar resposta ás esixencias que se lle presentan dende Europa ás granxas socias”, explica Ferreiro.
Ademais, as ganderías de AIRA seguen a colaborar en distintos proxectos para a análise da pegada de carbono e hídrica, para seguir apostando por unha produción sostible.
A cooperativa
AIRA é hoxe unha das cooperativas agrogandeiras máis importantes de Galicia e integra na actualidade a máis de 2.900 socios e socias. Xunto coas instalacións centrais situadas en Taboada (Lugo), a Cooperativa conta con 15 delegacións repartidas principalmente na provincia de Lugo, así como na Coruña e Pontevedra, e cunha planta láctea (GALACTEUM), situada en Melide (A Coruña).



