Unha vez pechado o exercicio económico 2022 debemos recoñecer o notable crecemento dos sectores cooperativos agroalimentarios de Galicia ao longo deste exercicio, o que nos permite destacar a capacidade do conxunto do sector para afrontar os próximos desafíos. É moi importante garantir un crecemento continuado e sostible e unha maior produtividade, aínda que a un ritmo máis lento, despois dun período de crecemento forte, como foron os anos posteriores á pandemia.
As cooperativas desempeñan un papel innovador e de crucial importancia ao levar alimentos e produtos nutricionais da máis alta calidade aos mercados galegos, estatais e internacionais, o que debe axudar a apuntalar a sostibilidade das familias dos profesionais agrogandeiros e das comunidades rurais galegas.
Dende unha posición humilde e modesta, tanto a gandería como a agricultura seguen a medrar na contorna cooperativa, cumprindo os obxectivos e proxeccións, pese a que non están dentro dos coidados e promocións das institucións. Isto só é posible polo espírito empresarial, as capacidades de xestión, a resiliencia dos socios e socias e o poder do modelo cooperativo de organización e gober- nanza. Segundo as estimacións de AGACA, en 2022 as cooperativas e as sociedades de capital da súa propiedade superaron amplamente os 2.000 millóns de euros de facturación, e somos responsables de promover e facilitar unha actividade económica a preto de 28.000 socios e socias empregando ao redor de 6.000 persoas.
Segundo as estimacións de AGACA, en 2022 as cooperativas e as sociedades de capital da súa propiedade superaron amplamente os 2.000 millóns de euros de facturación, e somos responsables de promover e facilitar unha actividade económica a preto de 28.000 socios e socias empregando ao redor de 6.000 persoas.
A medida que se pon ao ralentí o incremento produ- tivo e sobe a inflación das subministracións sobre certos produtos agrarios e gandeiros, debemos promover unha resiliencia, un progreso e unha innovación aínda maiores en todo o movemento cooperativo. Agárdannos novos desafíos ambientais e de benestar animal, incluída a necesidade de descarbonizar as cadeas de subministración e de reducir o uso de fertilizantes químicos e os fitosani- tarios. Con todo, temos que confiar na capacidade das cooperativas para abordar as prioridades de sostibilidade.
Algunhas cooperativas xa están traballando en áreas relacionadas coas emisións de gases de efecto invernadoiro, coa calidade da auga, co amoníaco e coa biodiversidade. O sentido común e o sermos prácticos deben prevalecer na creación de solucións sostibles para o futuro, mediante unha evolución ordenada, xestionada e continua cara a unha maior sostibilidade mellorada. O noso sistema de produción e o pequeno tamaño das nosas explotacións familiares deben permitirnos protexer a produtividade do sector mentres aproveitamos ao máximo as oportunidades das enerxías renovables, a agricultura de carbono e a bioeconomía.
O movemento cooperativo é o que xera riqueza e fomenta as oportunidades económicas nas nosas pequenas parroquias do rural. Porén, para iso é clave involucrar á mocidade e, en particular, a plena inclusión e participación das mulleres no liderado e o mantemento das cooperativas.
Debemos traballar na urxente necesidade de relanzar negocios e medios de vida atractivos para a xeración máis moza, o suficientemente competitivos.
Debemos traballar na urxente necesidade de relanzar negocios e medios de vida que sexan atractivos para a xeración máis moza, o suficiente- mente competitivos para igualar o atractivo dos traballos urbanos cómodos ou as oportunidades no estranxeiro.




