— Obradoiro: Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio. Dende o 30/05/2023

Información del curso

  • AGACA e Rede Eusumo
  • Zoom
  • 30/05/2023
  • 13/06/2023
  • 15
  • teleformación


AGACA lanza o obradoiro online “Emprendemento cooperativo en el medio rural: oportunidades de negocio”. O seu obxectivo global é definir aspectos xerais e elementos necesarios para levar a cabo un proxecto de emprendemento cooperativo no medio rural, para o que se impartirán 5 sesións temáticas, en horario de mañá.

30 de maio. 10:00 a 13:00h. – Por que emprender? A importancia da motivación por emprender: importancia social e económica do emprendedor

RELATOR: Dª. Loli Couso Costa, técnica de AGACA.

1 de xuño. 10:00 a 13:00h. Elaboración do plan emprendedor. Análise de viabilidade do proxecto: persoal, técnica/comercial e financeira, previsión de resultados

RELATOR: D. David Vila López, técnico de AGACA.

6 de xuño. 10:00 a 13:00h. – Xeración e maduración das ideas para un proxecto emprendedor no medio rural. Estratexias para levar adiante as túas ideas con éxito

RELATOR: D. Higinio Mougán Bouzón, director-gerente de AGACA.

8 de xuño. 10:00 a 13:00h. Oportunidades de negocio para o emprendemento no medio rural: 12 exemplos

RELATOR: D. Demetrio Bedriñana Bañico, técnico de AGACA.

13 de xuño. 10:00 a 13:00h. – A fórmula cooperativa como modelo de emprendemento. A posta en marcha do proxecto. Posibles apoios e axudas públicas iniciais á posta en marcha do proxecto emprendedor

RELATOR: D. Carlos Ares Fernández, técnico de AGACA.

Para inscribirse é necesario completar este formulario ou chamar ao 981 58 47 83.

AGACA organiza esta actividade, que se enmarca no programa de actuación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Rede Eusumo

  • Facebook
  • Twitter