- O 29 de setembro celebrarase a Xornada Creación de Emprego e Riqueza mediante o Uso Cooperativo do Monte Comunal, centrada na identificación e potenciación dos recursos dos montes en man común para os veciños, mediante a súa xestión cooperativa.
- Orientada a persoal especializado na xestión de montes veciñais en man común (MVMC), contará con 6 relatorios.

A Xornada, que terá lugar de 09:30 a 14:45 horas, pretende dar relevancia a vías aínda infravaloradas de aumentar a rendibilidade dos montes veciñais, baixo o réxime de xestión cooperativa.
Os relatorios afondarán en aspectos administrativos, financeiros e lexislativos que afectan ás CMVMC e en modos de optimizar o uso enerxético. Ademais, contarase con representantes de iniciativas concretas de aproveitamento rendible de terreos forestais en man común; entre elas, castaña (Amarelante S. Coop. Galega), resinación de piñeiros (Asociación de Resineiros de Galicia) y plantación de oliveira.
A Xornada levarase a cabo co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria, mediante a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social e o Plan de Formación e Divulgación da Potencialidade do Cooperativismo.




