Os diferentes Fondos Operativos de apoios da Unión Europea aos sectores produtivos achegan no período orazamentario do 2016 axudas relacionadas tanto con sectores produtivos concretos como con fomento e creación de emprego, innovación, comercialización ou investimentos.
Para pormenorizar nas diferentes Liñas, AGACA e CaixaBank organizan unha xornada o día 28 de xaneiro, onde relatores dos organismos convocante das ayudas explicarán os requisitos e beneficios de cada unha. Máis información
Para realizar a inscrición previa, pode chamar ao 981 58 49 11, enviar un e-mail a berta.agaca@gmail.com ou completar o formulario premendo o botón “Inscribirse”, situado á esquerda.




