• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Novidades

Asemblea Xeral. Carmen Rodríguez, nova presidenta de AGACA.

14 de Xullo de 2021
in Novidades
Asemblea Xeral. Carmen Rodríguez, nova presidenta de AGACA.
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
    • Carmen Rodríguez, vicepresidenta da cooperativa Clun, substitúe no cargo a José Montes Pérez.
    • Cambia tamén parte da configuración do resto do Consello Reitor.
    • Crece globalmente un 4% a facturación conxunta das cooperativas asociadas, a pesar da gran influenza negativa da pandemia nalgúns sectores concretos.
    • A participación foi numerosa e asistiron o presidente e o director xeral de Cooperativas Agro-alimentarias, Ángel Villafranca e Agustín Herrero, respectivamente, e o presidente do Foro pola Economía Social Galega, Celso Gándara.

    Santiago, 14 de xullo de 2021. AGACA celebrou esta mañá a 33 edición da súa Asemblea Xeral. Por décima vez, renováronse os cargos integrantes da representación da Asociación, resultando elixida, nesta ocasión, Carmen Rodríguez, da cooperativa Clun, como presidenta, en substitución de José Severino Montes, que non presentaba candidatura.

    A participación foi numerosa nos debates e votacións, tanto de forma presencial como on line: aglutinou máis do 85% da facturación e da base social das cooperativas socias.

    Así mesmo, as entidades suman preto de 6.000 empregados entre cooperativas e empresas da súa propiedade, ao que hai que engadir o emprego indirecto xerado e representan a máis de 28.000 agricultores e gandeiros.

    Ademais da aprobación das contas anuais e resultados  do exercicio 2020, a incidencia da COVID-19 ao longo de 2020 nos distintos sectores protagonizou parte do repaso á actividade desenvolvida durante o ano transcorrido.

    Novo Consello Reitor

    Carmen Rodríguez é a presidenta número cinco que terá a entidade dende que se constituíu en 1988. Compaxinará o novo cargo co da vicepresidencia da cooperativa de Clun.

    Producíronse tamén algúns cambios no Consello Reitor que se encargará da orientación da Asociación durante os vindeiros catro anos e tamén os representantes das sete Xuntas Sectoriais activas (ver ao final do documento).

    Rodríguez agradeceu a confianza que deposita nela o novo Consello Reitor, asumindo o cargo “con orgullo, honor, ilusión e responsabilidade”, ao tempo que considera que “para min, a igualdade non é un reto, é o único camiño posible”.

    José  Montes deixa o cargo reivindicando no seu discurso final, a necesidade de incrementar a presenza feminina nos órganos directivos e reitores das cooperativas,  e lamentou irse coa “espiña cravada de non ter avanzado máis na integración das cooperativas nos distintos sectores”, a pesar de que, segundo Agustín Herrero, director xeral de Cooperativas Agro-alimentarias “as integracións desenvolvidas en Galicia son a envexa doutras Comunidades Autónomas”.

    Montes quixo dar relevancia tamén, á participación de AGACA en órganos como Cooperativas Agro-alimentarias de España, o Foro pola Economía Social Galega ou CEPES.

    Por último agradeceu a oportunidade de ter estado tan preto das cooperativas durante  estes últimos oito anos en que exerceu de presidente de AGACA.

    Un cooperativismo preparado

    Aínda que agricultura e gandería non foron dos sectores máis afectados pola pandemia, cun crecemento da facturación de conxunto das empresas superior ano 4% en 2020, salvo o vacún de carne, a carne de aves, as flores e plantas vivas e o viño, todos teñen que facer fronte ás incertezas que xa existían antes da pandemia: enorme presión sobre os prezos por parte da gran distribución, os efectos do Brexit, os aranceis de Estados Unidos e a suba especulativa das materias primas de alimentación animal. Todo isto levará a que os resultados globais para os produtores gandeiros do ano 2021 sexan posiblemente peores que os de 2020.

    A presión sobre os prezos da gran distribución obriga aos produtores e industria alimentaria a axustar continuamente as marxes. Moitas empresas alimentarias presentan un elevado endebedamento a curto prazo. A recesión económica tras a pandemia non axudará a mellorar a situación. A reforma da Lei da Cadea convértese nunha oportunidade para asegurar a viabilidade do sector agroindustrial. Debido ao confinamento e a mala evolución do  turismo, os provedores de alimentos cárnicos e de viño poden seguir sufrindo deterioro nas vendas.

    É imprescindible apoiar, máis que nunca, a produción agraria e gandeira e a transformación e valorización da mesma nas cooperativas, ata a saída do produto cara os puntos de consumo. Despois do vivido en 2020, podemos afirmar que o sector está preparado para continuar no esforzo diario e adaptarse aos cambios.

    Análise 2020 por sectores

    Estimamos que neste ano tan crítico e volátil os sectores de froitas e hortalizas saíron moi reforzados fronte aos sectores gandeiros, moito máis afectados no impacto do consumo no canal de hostalería, restauración e catering. Estimamos que a renda media dos profesionais da agrogandería galega reduciuse en 2020, pese ao incremento de prezos da alimentación. Debemos lembrar que Galicia é unha comunidade eminentemente gandeira, fronte a España con producións eminentemente de froitas e hortalizas de carácter agrícola.

    O sector de carne de aves (con forte peso en Galicia e no cooperativismo) acusou un 15% de caída de prezos medios no ano. O Vacún de Carne, con gran prestixio e importancia en Galicia (e nas cooperativas galegas), estima medias de prezos en 2020 superiores aos dous díxitos, mesmo os prezos da carne de porcino (con presenza de cooperativas) tiveron unha forte redución dos prezos en relación ao ano 2019, porén outros sectores como o de carne de coello (con gran presenza de cooperativas) mantivo unha estabilidade altamente valorada ao ser comparada co resto de especies.

    O sector lácteo, con gran peso en Galicia e nas cooperativas, tivo un comportamento  globalmente positivo: creceron as entregas de leite preto dun 4% cun prezo de 1,2% superior ao de 2019, nun contorno de custos de produción globalmente estables. Iso si, preocupa moito nos sectores gandeiros galegos a escalada das materias primas de alimentación animal iniciada no mes de agosto, e que ameaza fortemente os custos de produción dos sectores gandeiros galegos de cara ao ano 2021 e seguintes. Para facernos unha idea do impacto desta suba, citaremos o que subiron de media en 2020 dous elementos claves na alimentacións: soia (28%) e millo (15%).

    Nos sectores agrícolas as cousas tampouco foron excesivamente mellor que nos sectores gandeiros. O viño veuse duramente afectado pola pandemia e os seus efectos na restauración. Certo é que foi un sector con gran axilidade comercial e pronto atopou na alimentación e na exportación, unha vía de escape que minorou os efectos económicos perversos da pandemia. Ao final, no sector do viño (con gran presenza de cooperativas) podemos afirmar que foi un mal ano en comparación coa expectativa comercial que había sobre o mesmo, e non tan mal ano en relación ao peche obrigado da restauración e do enoturismo que tiveron que xestionar.

    O sector de Flor e Planta Viva si que tivo un ano tan negativo coma os sectores gandeiros máis afectados. Non puideron vender a flor e as plantas vivas no intre en que se achegaba a campaña de primavera, o momento de maior produción e tampouco polas festas do verán, que non houbo, nin na campaña de defuntos que coincidiu cos peches perimetrais do outono polo coronavirus.

    O sector do mel manifestou un comportamento positivo no exercicio e o sector hortícola mantivo unha campaña de prezos bos e de producións razoablemente positivas.

    As cooperativas vinculadas cos sectores produtivos, de subministro e servizos, con fábricas de penso, almacéns de venda de alimentación, adobos, plásticos.., así como as cooperativas con prestación de servicios aos socios: servizos veterinarios, agronómicos, seccións de crédito, de maquinaria etc., mantiveron a actividade normalmente, tomando en consideración todas as implicacións que a pandemia obrigou, como a adopción de medidas preventivas, limitación das actividades, etc.

    En resumo, se nos comparamos coa agricultura do resto de España, con moita máis presencia agraria que gandeira, podemos concluír que o 2020 foi un mal ano para o agro galego, non só polas perdas humanas da pandemia, senón tamén pola perda económica causada pola mesma nas contas dos nosos agricultores e gandeiros socios, pese a ser cualificados reiteradamente coma esenciais. Novamente os elos da cadea alimentaria máis beneficiados desta traumática situación foi a gran distribución que medrou preto do 15% en vendas e comercializou os alimentos a prezos maiores cos mesmos custos.

    CONSELLO REITOR 2021-2025

     

    Presidencia

     

    Dna. Carmen Rodríguez Rodríguez

     

    Cooperativa Clun

    Vicepresidencia D. José Manuel López Tellado Cooperativa Aira
    Secretaría D. José Luis Rey Rodríguez Cooperativa Coren
    Tesourería D. Javier Iglesias Sendín Cooperativa Viña Costeira
    Vogal D. Rafael Tejeda Vázquez Cooperativa Proterga
    Vogal D. Alberto Amil Chaves Cooperativa Horsal
    Vogal D. Xoan López Allegue Cooperativa Martín Códax

     

    XUNTAS SECTORIAIS 2021-2025

    1.- Xunta sectorial de Abastecementos e Servizos

    Representante: D. José Manuel López Tellado (Aira)

    Suplente: D. Juan Novo Novo (El Plantel de Betanzos)

    2.- Xunta sectorial de Gandería Intensiva. Avicultura, Porcino e Coellos

    Representante: D. José Luis Rey Rodríguez (Coren)

    Suplente: D. Natalio García Corral (Cogal)

    3.- Xunta sectorial de Vacún de Carne, Ovino, Caprino e outras carnes

    Representante: D. Rafael Tejeda Vázquez (Proterga)

    Suplente: D. Susana Trastoy Polo (Almoga)

    4.- Xunta sectorial de Froitas e Hortalizas

    Representante: D. Alberto Amil Chaves (Horsal)

    Suplente: D. José Rodríguez Cornes (Erica Mel)

    5.- Xunta sectorial de Leite- Derivados Lácteos

    Representante: Dna. Carmen Rodríguez Rodríguez (Clun)

    Suplente: D. Jose Antonio Presedo Miranda (Campo Capela)

    6.- Xunta sectorial de Viño – Interior

    Representante: D. Javier Iglesias Sendín (Viña Costeira)

    Suplente: D. Manuel Fernández Pérez (Jesús Nazareno)

    7.- Xunta sectorial de Viño – Costa

    Representante: D. Xoán López Allegue (Martín Códax)

    Suplente: Dna. Dolores Calvo Méndez (Condes Albarei)

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}