- Vitivinícola
— Información: Viña Almirante afiánzase como a adega con Denominación de Orixe Rías Baixas de maior relevancia na súa área xeográfica, no concello de Portas, comarca de Caldas de Reis e cabeceira norte do val do Salnés.
Dende o seu nacemento en 2003 a adega colleitou varios premios, tanto pola súa cultura empresarial como polos seus viños, os cales se elaboran con uva 100% albariña.





