- A Xunta abre un novo prazo, ata o 30 de setembro, para que pemes e cooperativas participen no programa “Responsabilízate”.
- As cooperativas que o desexen poden solicitar a súa participación no programa de tutela en materia de RSE ata o vindeiro 30 de setembro.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria pretende impulsar a implantación da RSE no tecido empresarial galego e, en concreto, nas pemes e cooperativas. Para estas pon en marcha o programa “Responsabilízate”, que ofrecerá servizos de tutela en responsabilidade social ás empresas seleccionadas.
O programa consiste nun acompañamento real dun titor experto en RSE e conta cos seguintes servizos básicos: diagnose do estado e potencial da RSE na cooperativa, formación na materia e acompañamento na definición dun plan de acción e implantación das primeiras medidas a levar a cabo.
A consellería abre un novo prazo para a presentación de solicitudes, que remata o vindeiro 30 de setembro de 2016.
Requisitos
A convocatoria establece os seguintes requisitos para acceder ao programa:
-Ter, cando menos, unha persoa traballadora por conta allea.
-Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.
-Non seren entidades sen ánimo de lucro.
-Non ter sido sancionadas, por ningunha causa, nos tres últimos anos.
As candidaturas poden realizarse de modo presencial ou a través da sede electrónica
Bases del programa “Responsabilízate” en el Diario Oficial de Galicia nº 130 de 11/07/2016.
Máis información en la web de Responsabilidade Social Empresarial da Xunta de Galicia.
[ot-video type=”youtube” url=”https://www.youtube.com/watch?v=SCjrLNu1Xt4″]




