- Condes de Albarei e Martín Códax obtiveron cadansúa medalla Baco de Ouro Colleita 2015 e Viña Moraima conseguíu unha medalla Baco de Prata Colleita 2015.
- Os premios Baco son convocados cada ano pola Unión Española de Catadores e están oficialmente recoñecidos polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
Na Cata – Concurso de Viños Xóvenes participaron viños brancos, rosados, tintos, espumosos e doces elaborados na colleita 2015 en toda España. Un xurado composto por 50 membros da Unión Española de Catadores avaliou aos aspirantes en catas a cegas.
O obxectivo dos Premios Baco é impulsar e incentivar as elaboracións de viño xoven de calidade en todas as rexións vitivinícolas e contribuír á súa difusión entre os consumidores.
Datos dos caldos gañadores:
– BACO DE ORO – ALBARIÑO CONDES DE ALBAREI 2015, de Adega Condes De Albarei S.A.U., DO Rías Baixas. Viño Branco xoven, tipo Albariño. PVP Aprox. 9 €. 1000000 botellas.
– BACO DE ORO – APERTAS 2015, de Bodegas Martín Codax S.A.U., DO Monterrei. Viño Branco xoven, tipo Godello. PVP Aprox. 7 €. 80000 botellas.
– BACO DE PLATA – MORAIMA ALBARIÑO 2015, de Viña Moraima S.C.G., DO Rías Baixas. Viño Branco xoven, tipo Albariño PVP Aprox. 7 €. 20000 botellas.




