- Obra Social “la Caixa” pon en marcha a campaña nacional de recollida de cartóns de leite para a Federación Española de Bancos de Alimentos “Ningún neno sen bigote”.
- Poderase entregar leite en calquera das 5.239 oficinas de CaixaBank de España e en centros asociados á Obra Social “la Caixa”, entre o 9 e o 20 de maio.
- Entre o 9 de maio e o 15 de xullo poderanse tamén realizar doazóns económicas mediante medios electrónicos.
A Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) é a destinataria do leite que se reciba grazas á campaña “Ningún neno sen bigote”, emprendida con Obra Social “la Caixa”. FESBAL é unha entidade sen ánimo de lucro que atende a 1,7 millóns de persoas en España -das cales 350.000 son menores de idade-.
O programa “Ningún neno sen bigote” busca atender as necesidades de familias que se atopan en situación ou risco de exclusión social, ademais de promover o consumo de leite como alimento saudable e nutritivo pois, segundo Gregorio Varela, catedrático de Nutrición e Bromatoloxía da Universidad CEU San Pablo e presidente da Fundación Española de la Nutricición, “unha diminución no consumo de leite recomendado, dun mínimo dun litro por persoa á semana, compromete o cumprimento dos requirimentos nutricionais”.
En 2015, FESBAL distribuíu 24 millóns de litros de leite entre as persoas usuarias aínda que consideran que, sendo o consumo ideal de 1 litro por persoa e semana, a necesidade estimada de leite en España é de 83 M de litros ao ano, polo que existe un déficit de 59 millóns de litros.
A campaña “Ningún niño sin bigote” logrou recoller o ano pasado máis dun millón de litros de leite. Este ano, Obra Social “la Caixa” pon en marcha a recollida cunha primeira doazón de 50.000 litros de leite e unha achega adicional dun litro por cada dez litros recollidos.
Paralelamente á recollida de leite, poderanse realizar doazóns a través da páxina Microdonativos de ”la Caixa” ou enviando un SMS coa palabra «LECHE» ao 28024. Ademais, Obra Social ”la Caixa” pon a disposición da campaña todos os seus caixeiros automáticos e canles electrónicas para as doazóns económicas: portal de ”la Caixa”, Línea Abierta, CaixaMóvil e cambio de Puntos Estrella. Igualmente, é posible realizar achegas en www.granrecogidadeleche.es.
Vexa a nota de prensa completa (formato PDF, en español) en “Documentación 1”.
Pode atopar máis información sobre a campaña e as propiedades do leite neste vídeo (en español).




