• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Blog

Sostibilidade na produción vexetal

Editorial. Publicado en Cooperación Galega, Nº 169. Agosto 2024.

22 de Agosto de 2024
in Blog
Necesidade de recuperar SAU
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

A elevada concentración produtiva primaria de Galicia na produción gandeira deixa no esquecemento parcial a importancia da nosa produción vexetal. Fálase pouco de todo o relacionado cos enormes esforzos de sostibilidade ambiental que están a levar a cabo os produtores de horta, viño, patacas… Nada se comenta da redución de uso de produtos fitosanitarios, da redución de uso de fertilizantes e da reciclaxe dos residuos orgánicos e inorgánicos que as explotacións de produción vexetal levan a cabo.

Fálase pouco de todo o relacionado
cos enormes esforzos de sostibilidade
ambiental que están a levar a cabo os
produtores de vexetais

Coa subida das temperaturas medias e a elevadísima humidade en Galicia, con máis ou menos chuvias en case todos os meses do ano, os produtores deben facer fronte a esta combinación de maior humidade e maior temperatura que provoca, fundamentalmente, numerosas pragas de fungos. Coa enorme redución de materias activas fitosanitarias para loitar contra os fungos levada a cabo polas autoridades, as estratexias de loita de maior éxito están centradas nas boas prácticas de manexo e tratamentos de prevención que se dirixen e aconsellan dende institucións coma os centros de investigación pública (EF Areeiro), cooperativas e redes de aviso. Iso axudou a reducir as materias primas de maior impacto ambiental e a achegármonos a un control integrado de pragas, de tal xeito que se eviten problemas de residuos nas colleitas máis destacadas.

Neste senso, esta estratexia levou a algunhas cooperativas a abrir modestamente o camiño cara aos inicios da horticultura ecolóxica, por exemplo, comprometéndose con novas prácticas agronómicas sostibles (introdución de plantas de alimentación de insectos, uso de fauna útil en invernadoiros, plantas refuxio para insectos beneficiosos, uso de cubertas vexetais etc.). Pronto se implantarán diferentes sensores que orientarán aos produtores cara a unha maior eficacia no uso da auga e de fertilizantes. A reciclaxe de plásticos e de envases fitosanitarios de uso profesional vai por bo camiño neste ámbito produtivo, mentres que a dos restos orgánicos non ofrece maiores problemas aos produtores e cooperativas do sector.

O incremento de producións nalgún dos subsectores agrícolas non impide baixar a dependencia dos praguicidas químicos, ao tempo que coa axuda dos organismos públicos e cooperativas se melloran a súa xestión e a dos residuos. As melloras medioambientais comezan a ser perceptibles, e repercuten nun incremento da biodiversidade nun territorio coma o galego, onde a Superficie Agraria Útil (SAU) é a máis baixa das comunidades autónomas da Península. Aínda queda camiño que percorrer, pero as producións vexetais están no bo camiño para ser sostibles.

Dende AGACA tratamos de ser unha
ferramenta de valor para as producións
vexetais que permita afrontar novos
retos e investimentos.

 

Dende AGACA tratamos de ser, tamén, unha ferramenta de valor para as producións vexetais que permita afrontar novos retos e investimentos potenciando a remuda xeracional, a intercooperación, a innovación e a sostibilidade, poñendo en marcha novos proxectos de interese para o sector (ES-Factory, Oligalicia…). Ao mesmo tempo, seguiremos avanzando no estudo de diferentes modelos cooperativos para facer fronte aos retos de sostibilidade do sector, pois queremos facer esta viaxe xuntos porque estamos convencidos de que o futuro será cada día máis cooperativo e sostible, tamén nos ámbitos da produción vexetal galega.

 

Leer revista completa:

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}