- O Día da Economía Social Galega celebrarase o vindeiro 16 de xuño, co obxectivo de compartir logros e obxectivos, analizar retos e desafíos e sumar forzas para poñer en valor o sector da economía social (ES).
- O evento terá lugar o 16 de xuño, a partir das 12.00 horas no Hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela.
O Día da Economía Social Galega busca tamén dar maior visibilidade ao seu importante como motor de xeración de emprego, democracia económica, sustentabilidade, desenvolvemento rural e distribución de riqueza en Galicia.
Os cambios lexislativos, o cada vez maior peso da ES no contexto europeo e internacional e as manifestas achegas desta fórmula empresarial para a consecución dun mundo xusto, sostible e igualitario, posicionan ás entidaes de ES nun horizonte cheo de oportunidades, mais cómpre remar todos na mesma dirección para ir acadando as nosas metas.
Neste camiño, o diálogo e a reflexión son fundamentais e con ese espírito celebraremos, dende o ForoESGal, unha nova edición desta xornada de tanta relevancia para nós. Dende o Foro estase xa a traballar no programa dun encontro que un ano máis, reunirá, entre outras persoas, aos integrantes das familias máis representativas da Economía Social Galega que dan vida ao ForoESGal: AEIGA Asociación de Empresas de Inserción de Galicia, AESGAL – Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia, CEGASAL, Asoc. Empresarial de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro, EspazoCoop Unión de Cooperativas e AGACA.



