• Quejas y sugerencias.
  • Localización y Contacto
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Español
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Español
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Noticias

O seminario de AGROSMARTcoop mostrou como a innovación sustentable e o marketing intelixente benefician ás cooperativas

24 de noviembre de 2017
en Noticias
O seminario de AGROSMARTcoop mostrou como a innovación sustentable e o marketing intelixente benefician ás cooperativas
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • O obxectivo do proxecto AGROSMARTcoop, cuxo seminario rexional de Galicia tivo lugar hoxe en Santiago, é impulsar a innovación, a comercialización e a intercooperación nas cooperativas de Francia, España e Portugal.
  •  Houbo charlas sobre tendencias en innovación sustentable, comercialización e márketing intelixente e intercooperación, impartidas por representantes de entidades especializadas.

20171123_AGROSMARTcoop_A_moreira_UTAD_RuthOnte tivo lugar, en Compostela, o Seminario  AGROSMARTcoop para mostrar as  vantaxes que ofrece ás cooperativas apostar por iniciativas de innovación sustentable e comercialización intelixente. O proxecto, liderado por  AGACA, está integrado por oito entidades beneficiarias de seis rexións europeas: Galicia, Castela- A Mancha, País Vasco e Estremadura en España;  Nouvelle –  Aquitaine en Francia e o Norte de Portugal.

“AGROSMARTcoop” está cofinanciado nun 75% pola Unión Europea e  FEDER, con cargo ao Programa de Cooperación Interreg V- B Europa  Suroccidental (Interreg  Sudoe 2014 – 2020). Ten como obxectivo crear un espazo para a integración, competitividade e crecemento económico intelixente das cooperativas agroalimentarias do espazo rural  SUDOE, e dispón dun orzamento total de 1.295.000,00 euros (axuda  FEDER: 971.250,00 euros.

Crear comunidade

Entre as accións que se poñerán en funcionamento dentro do programa, explicadas por  Ruth Rodríguez, técnica de  AGACA, atópase unha comunidade virtual onde as cooperativas das rexións participantes intercambien coñecementos e experiencias, recibir formación e asesoramento en materias de innovación tecnolóxica sustentable e comercialización intelixente. Tamén ofrece a posibilidade de mostrar os produtos innovadores das cooperativas, para dar visibilidade ao seu gran potencial.

Dentro da súa vertente de investigación, AGROSMARTcoop publicará estudos de  benchmarking de boas prácticas enfocadas á innovación e á comercialización, froito de exhaustivas análises dos procedementos de traballo de cooperativas participantes no proxecto nas 6 rexións, realizados en colaboración con esas entidades.

Experiencias de comercio e innovación

– Cristina Fernández-Armesto, xerente da SAT Casa Grande de Xanceda, explicou como a súa entidade logrou notoriedade entre os consumidores e rendibilidade económica grazas a optar por un modelo de negocio baseado na ecoloxía e o coidado da biodiversidade na súa explotación: “O 50% da xente que visita a granxa descoñece que fabricamos iogures, veñen pola experiencia e a aprendizaxe; logo proban o produto. Fóra de Galicia, mediante redes sociais potenciamos mostrar a actividade dos os animais e como viven”.

– Alberto Moreira Baptista, pró- reitor para a Área de Proxectos Estructurantesa da portuguesa Universidade de Trás-móntesvos- e Alto Douro (UTAD), entidade participante en AGROSMARTcoop, aconsellou sobre vendas por Internet: “O peor que pode pasar é crear unha tenda online e non ter a loxística preparada: os clientes perden confianza e non volven. Antes de comezar a parte de márketing e deseño de plataforma, ten que funcionar embalaxe, velocidade de entrega, stock… se non, máis vale estar quieto”.

– María González, encargada de márketing e innovación en CAPSAFOOD, indicou que o consumidor valora “etiquetas claras, que informen de compoñentes do produto e como se chegou á el”, dado que “hai cada vez maior educación do consumidor, que fai preguntas e está preparado para escoitar”. Tamén que se busca cada vez máis que os produtos sexan sans, con menos azucre, graxa e proteína animal: “A innovación xoga un papel importante para atopar substitutos”, concluíu.

– Alfonso Pérez, responsable de I+D e Innovación da Aula de Produtos Lácteos da Universidade de Santiago de Compostela, recomendou que os comités de innovación sexan multidisciplinares (visión económica, técnica, organizativa): “A descoordinación neste comité reduce gravemente a eficiencia do uso dos recursos humanos, técnicos e económicos da empresa e retarda a obtención de resultados”. Recomendou probar Internet como modo de innovar en vendas: “Quen proba a venda online con éxito, repite”.

– Susana García, directora da Interprofesional do Viño (OIVE), sinalou que aspiran a aumentar cota de mercado ao viño, á conta de refrescos e cervexas con alcol. A OIVE conta con 12 millóns de euros para promoción: “Temos que quitar o postureo. Hai que tomar moitas decisións ao consumir viño: tipo, orixe, momento de consumilo… funcionan como barreira cara ao gran consumo. Buscamos que sexa un pracer tomalo, sen complicacións”.

– Iago Quintana, director xeral de DairyLac, falou da evolución positiva da entidade, formada pola agrupación de varias cooperativas: “En 2016 procesáronse 24 millóns de litros de leite e facturáronse 7,7 millóns de euros. En 2017 as cifras son 38 millóns de litros e 14 millóns euros.”

AGROSMARTcoop

logoagrosmartsudoe-def-corO consorcio internacional está conformado por Cooperativas Agro­alimentarias Castilla-la Mancha, CACLM; Federación de Cooperativas Agro- Alimentarias de Euskadi, FCAE; Centro de Investigaciones Científicas y Tecnológicas de Estremadura, CICYTEX-Junta de Extremadura; Association des Régions Européennes des Produits d’Origine, AREPO (Francia); Coop de France Nouvelle Aquitaine, CDF (Francia); União Cooperativa Polivalente dá Região Norte, UniNorte (Portugal); Universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro, UTAD (Portugal) e AGACA .

24/11/2017

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Contacto
  • Trabaja con nosotros
  • Aviso legal
  • Política de calidad
  • Política de privacidad
  • Perfil del contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Quejas y sugerencias. Asesoramiento al ganadero
  • Canal Interno de Información
  • Comunicación a proveedores
  • Español

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Español

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.