- A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Obra Social “la Caixa” desenvolveron esta mañá na cooperativa Lemos a iniciativa “Coidar, coidarte” para contribuír ao envellecemento activo.
- O 25 de abril está prevista unha nova edición do programa nas dependências da cooperativa Aira, en Sarria.
Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2018.- Socios e socias da cooperativa Lemos participaron esta mañá en Lemos (Lugo) na iniciativa “Coidar, coidarte”. A primeira parte da mañá constou dunha charla sobre a situación das persoas maiores no medio rural e o papel das cooperativas na mellora da súa calidade de vida así como a das persoas encargadas da súa atención, a cargo da técnica de AGACA Ruth Rodríguez.
A continuación, Marisol Suárez e Silvia Fondo, profesionais en atención a persoas maiores e con dependencia explicaron diferentes modos de mitigar o deterioro asociado ao envellecemento, a nivel físico, psicolóxico e social, para que tanto as persoas maiores como as encargadas da súa atención gocen dun maior benestar no día a día.
Ademais, con axuda do público instruiron sobre técnicas para a correcta mobilización e coidado no fogar de persoas maiores ou dependentes.
Compromiso social
“Coidar, coidarte” organizouse para atender ás demandas directas de formación sobre atención a maiores recibidas durante o programa de empoderamento para mulleres socias de cooperativas “Atrévete Contigo Mesma” tamén desenvolvido por AGACA e Obra Social “la Caixa”.