- A reunión tivo lugar na cooperativa Terras da Mariña (Lourenzá), unha das entidades que desenvolve o proxecto Posta en valor da Faba de Lourenzá: sanidade da semente, cultivo e comercialización, xunto con AGACA, o Centro Tecnolóxico da Carne e a Universidade de Santiago de Compostela.
- O proxecto ten por obxectivo profesionalizar o cultivo de horta da Faba de Lourenzá, mellorando a súa produción sen minguar a calidade e achegando valor no seu procesado e posterior comercialización.
A Indicación Xeográfica Protexida (I.X.P.) Faba de Lourenzá ampara feixóns secos separados da vaíña, procedentes da familia das leguminosas, da variedade local ‘Faba Galaica’. Cultívase na costa lucense, cuxa edafoclimatoloxía propicia un desenvolvemento homoxéneo das sementes e características cualitativas e diferenciadoras, coma pel suave, que a fan moi demandada. O obxectivo que persegue o proxecto é profesionalizar o cultivo de horta da Faba de Lourenzá, mellorando a súa produción sen minguar a calidade e achegando valor no seu procesado e posterior comercialización.
Os impactos principais cara aos que traballa son:
CONSERVACIÓN E MELLORA AMBIENTAL: as leguminosas, como a Fabade Lourenzá, melloran a fertilidade do chan: secuestran carbono e achegan materia orgánica. En simbiose con algunhas bacterias fixan nitróxeno asimilable polas plantas: menor uso de fertilizantes nitroxenados suporía menos emisións de gases de efecto invernadoiro derivados da fabricación,transporte e aplicación destes.
REVALORIZACIÓN: mellora a relación calidade/cantidade da produción dasFabas de Lourenzá, cun produto máis competitivo e co valor engadido da produción sostible e respectuosa co medio e a tradición.
MENOS CUSTOS DE PRODUCIÓN E MÁIS PRODUTIVIDADE: creación dun kit de diagnóstico de semente que busca axudar a mellorar a sanidade das plantas aodiminuír a incidencia de viroses, evitando as perdas de produción que ocasionan, garantindo un uso máis eficiente da semente e reducindo oscustos de produción do cultivo (menos insumos e dependencia enerxéticapara o seu manexo).
Ata agora, comezouse coa analítica de plantas para averiguar se están infectadas con virus ou bacterias. Durante a reunión programáronse próximos traballos e parcelas de ensaio para 2022.
O proxecto está financiado nun 80% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.
Máis información neste folleto PDF.