- O Centro de Desenvolvemento Cooperativo Transfronteirizo de Verín acolleu esta mañá a estudantes do CIFP A Granxa (Ponteareas).
- Participarán nunha charla informativa e percorreron as instalacións da cooperativa Cume do Avia.
- A actividade enmárcase na Rede Eusumo para o para o Fomento do Cooperativismo e a Economía Social.
Técnicos de AGACA impartiron esta mañá unha xornada didáctica sobre as vantaxes do cooperativismo como fórmula de emprendemento ou de crecemento laboral e económico para medio centenar de estudantes do CIFP A Granxa, de Ponteareas. O obxectivo da actividade, enmarcada nun dos “Obradoiros de Emprendemento Cooperativo Eusumo” é darlles a coñecer este modelo de negocio e que o teñan en consideración ao finalizar os seus estudos.
Os estudantes, logo da charla teórica, poderán visitar as instalacións da cooperativa Cume do Avia, dedicada á produción de viño ecolóxico, onde os traballadores lles amosaron paso a paso os pormenores do funcionamento dunha sociedade destas características.
Rede Eusumo
O Centro de Desenvolvemento Cooperativo Transfronteirizo de Verín é un dos Centros Rede Eusumo. Asesoramento, orientación, formación, acompañamento nas iniciativas empresariais, apoio á internacionalización, celebración de encontros internacionais e transfronteirizos, intercambio comercial e cooperación transversal definen a rede transversal de colaboración Eusumo, nacida no 2011 co impulso da Consellería de Economía, Emprego e Industria.