• Quejas y sugerencias.
  • Localización y Contacto
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Prensa histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Español
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Prensa histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Español
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Noticias

Cooperativa Agraria Provincial da Coruña inaugura hoxe en Santiago unha tenda Bico de Xeado

23 de marzo de 2016
en Noticias
Bico de Xeado, premio Agader a Iniciativas de Desarrollo Rural
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • O establecemento, especializado en xeados artesáns, abrirá as portas hoxe na Zona Vella de Santiago de Compostela, cunha degustación para todas as persoas asistentes.
  • É a segunda tenda da marca Bico de Xeado, tras o establecemento do que dispón na Coruña.

Granxa O Cancelo, quen comercializa os xeados Bico de Xeado, é un proxecto promovido pola empresa galega Cooperativa Agraria Comarcal da Coruña. Dende 2011 comercializa leite fresco pasteurizado e en 2012 comezou coa elaboración dos xeados artesáns que comercializan. O proceso de expansión fixo preciso ampliar instalación abrindo un novo obradoiro de xeados artesáns en Arteixo (A Coruña).

A idea de elaborar xeados artesáns xurde na procura de productos lácteos de maior valor engadido e no desexo de chegar a novos mercados. No contexto actual de crise do sector leiteiro, a iniciativa cobra un novo sentido na liña de manter en funcionamento as explotacións gandeiras e con elas o emprego e a actividade económica no medio rural.

Utilizan como base materias primas de primeira calidade comezando polo leite fresco da Granxa O Cancelo. Ao leite engádeselle nata, azucre, froita fresca, chocolate, vainilla, licor, iogur, turrón, menta, pistacho, améndoas, e un largo etcétera en función da variedade, mais sempre escollendo os mellores ingredientes. Xunto có bo facer do persoal da Granxa O Cancelo o resultado é un xeado artesán único no mercado.

Nos primeiros ano a distribución destes xeados facíase a través de pequenas tendas de proximidade e na hostalería. No ano 2014 sacouse ao mercado unha imaxe anovada coa marca “Bico de Xeado”, realizouse unha importante expansión chegando a estar en establecementos alén das fronteiras galegas e comezouse a traballar para dispoñer de xeaderías propias. En maio de 2015 comezou unha nova andaina coa primeira xeadería propia na cidade da Coruña.

Continúase o proceso de expansión cun novo local en Santiago de Compostela, na Rúa do Vilar.

En palabras do xerente Jesus Otero “Somos unha empresa galega que cré e aposta polos nosos produtos e por buscar maior valor engadido elaborando xeados artesáns de calidade extraordinaria. Isto permitiunos abrir unha nova actividade comercial, crear emprego e, en definitiva, riqueza que repercute no noso entorno máis próximo”

Lugar: rúa do Vilar, 81. Santiago de Compostela.
Data: 23 marzo, 16:00

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Contacto
  • Trabaja con nosotros
  • Aviso legal
  • Política de calidad
  • Política de privacidad
  • Perfil del contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Quejas y sugerencias. Asesoramiento al ganadero
  • Canal Interno de Información
  • Comunicación a proveedores
  • Español

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Prensa histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Español

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.