• Quejas y sugerencias.
  • Localización y Contacto
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Español
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Español
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Noticias

AGACA amosará no Valadouro cómo crear riqueza e emprego cos montes comunais

12 de febrero de 2016
en Noticias
Creación de Emprego e Riqueza mediante o Uso Cooperativo do Monte Comunal – Valadouro
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

  • O 27 de febreiro AGACA organiza a Xornada sobre Creación de Emprego e Riqueza mediante o Uso Cooperativo do Monte Comunal, en Valadouro. Será a primeira das 6 xornadas, coa mesma temática, que se desenvolverán nas provincias de Pontevedra e Ourense.
  • Expertos en rendibilidade, xestión e innovación no eido forestal explicarán cómo identificar e potenciar os recursos dos montes en man común para os veciños.

En Galicia existen 2.835 Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC), que controlan preto dun terzo dos 2 millóns de has de monte galego. Tradicionalmente, estes terreos empregáronse para produción madeireira que, xunto coa instalación de parques eólicos, é unha das principais actividades xestionadas polas CMVMC.

Este ciclo de Xornadas pretende visualizar vías complementarias, aínda infravaloradas, de impulso da rendibilidade dos montes veciñais, baixo o réxime de xestión cooperativizada.

Xornada en O Valadouro
Creación de Emprego e RiquezaO seminario, orientado a persoal especializado na xestión de montes veciñais e de man común (MVMC), contará con 6 relatorios que se centrarán tanto en aspectos administrativos e de identificación de potenciais como en exemplos concretos de aproveitamento exitoso dos terreos forestais en man común.

Dentro dos aspectos relacionados coa xestión forestal, Calixto Escariz, experto e asesor de comunidades de montes, explicará posibilidades de uso do monte das comunidades de MVMC nas Zonas Rede Natura; no que respecta á xestión cooperativa dos recursos ociosos dos MVMC, será Higinio Mougán, director-xerente de AGACA, quen expoña a cuestión.

En canto a innovación, Manuel Eirín, director xerente da empresa Gaélica Solar, afondará en xeitos de lograr a eficiencia enerxética e na identificación de iniciativas innovadoras no medio rural.

Casos de éxito
A Xornada concluirá mostrando tres iniciativas de uso rendible dos MVMC: en canto a usos relacionados con animais, o presidente da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes explicará a xestión do monte para pastoreo e exporase tamén a experiencia da CMVMC de Carballo na crianza de porco celta, xunto coa produción de cogomelos e mel. Tamén centrada na produción, pero de castaña, será a charla ofrecida pola Cooperativa Amarelante, de Manzaneda.

A iniciativa está impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, mediante a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social e o Plan de Formación e Divulgación da Potencialidade do Cooperativismo.

Lugar: Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro, Rúa da Deputación, nº 6.
Data e hora: sábado 27 de febreiro. De 09:30 a 14:20 h.

Consulte o programa completo en «Documentación 1»

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Contacto
  • Trabaja con nosotros
  • Aviso legal
  • Política de calidad
  • Política de privacidad
  • Perfil del contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Quejas y sugerencias. Asesoramiento al ganadero
  • Canal Interno de Información
  • Comunicación a proveedores
  • Español

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Español

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.