- Viticultura
— Información:
Terra do Castelo (Bodega Cooperativa San Roque de Bedade) é unha bodega da Denominación de Orixe Ribeiro fundada en 2004 por 104 familias viticultoras, que ten unhas 110 hectáreas repartidas en máis de 1.000 viñedos.
Elabora viño de gama alta, con variedades autóctonas (Treixadura, Godello Torrontés, Loureira, Albariño, Mencía, Caiño, Sousón, Brancellao, Ferrón…) de antigos viñedos situados no Ribeiro (val do Avia , val do Miño e val do Arnoia).