RESUMEN ELABORADO POR AGACA
Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación” (formato PDF, en gallego) y consultar la Orden completa en el enlace “web”.
— ORDEN de 6 de abril de 2026 por la que se aprueban las bases reguladoras y se convocan los Premios de Responsabilidad Social Empresarial de Galicia 2026 (Premios RSE Galicia 2026). Consellería de Empleo, Comercio y Emigración (DOG nº 71, 17/04/2026)
OBJETO
Aprobar as bases reguladoras e convocar os Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia (Premios RSE Galicia) (código de procedemento TR320A).
ENTIDADES CANDIDATAS
Poderán optar aos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia todo tipo de empresas, públicas ou privadas, galegas ou que conten con sede ou con centros de traballo en Galicia, caso en que a información deberá referirse ás actuacións da dita sede ou centro.
Exclúense as empresas con sancións firmes de carácter grave ou moi grave nos últimos tres anos no ámbito laboral, social ou ambiental.
TIPOLOGÍA DE LOS PREMIOS
1. Premio á Responsabilidade Social Empresarial, no cal haberá 3 categorías:
Categoría a) Pequena empresa: para empresas que ocupen ata 49 persoas traballadoras.
Categoría b) Mediana empresa: para empresas que ocupen 50 e ata 249 persoas traballadoras.
Categoría c) Grande empresa: para empresas que ocupen 250 ou máis persoas traballadoras.
2. Mención á Conciliación, que non ten categorías.
VALORACIÓN DE LA EMPRESA SEGÚN LA TIPOLOGÍA
No Premio á Responsabilidade Social Empresarial, a valoración da empresa realizarase dun xeito integral nos tres ámbitos: laboral-económico, ambiental e de acción social. O xurado terá en conta os aspectos sinalados no artigo 4.1 en que deberá destacar a empresa no período 2023-2025 e que deberán reflectirse pola empresa candidata nunha memoria explicativa conforme o disposto no artigo 12.1.d.
Na Mención á Conciliación distinguiranse as iniciativas empresariais inovadoras que, de maneira significativa, propicien a conciliación laboral, familiar e persoal e a corresponsabilidade máis alá das obrigas legais derivadas da normativa vixente. O xurado terá en conta os aspectos sinalados no artigo 4.2, en que deberá destacar a empresa e que virán reflectidos nunha memoria independente á dos premios tal como se indica no artigo 12.2.
CRITERIOS DE VALORACIÓN
Para a adxudicación dos premios ou da mención o xurado terá en conta os seguintes criterios de valoración (anexo II):
a) Arraigo en Galicia da empresa candidata, determinado polo número de anos que a empresa desenvolva a súa actividade na Comunidade Autónoma:
– De 1 a 2 anos: 2 puntos.
– De 2 a 3 anos: 4 puntos.
– De 3 a 5 anos: 6 puntos.
– De 5 a 10 anos: 8 puntos.
– Máis de 10 anos: 10 puntos.
b) Memorias ou informes de sustentabilidade ou de responsabilidade social empresarial.
As memorias deberán estar elaboradas segundo estándares ou normas internacionais, estatais ou mediante a ferramenta Xunta Pro RSE, e deberá achegarse o informe de auditoría e verificación se están obrigadas a telo por disposición legal. Valoración máxima: 10 puntos.
c) Certificacións en materia de responsabilidade social empresarial, ata 10 ptos.
d) Memoria explicativa: ata 70 ptos. Deberá conter todos e cada un dos ítems recollidos no artigo 4.1 da ordee, desagregando cada unha das accións desenvolvidas pola empresa, en cada un dos tres ámbitos: laboral-económico, ambiental e de acción social, cun máximo de 40 páxinas en formato dixital.
As candidaturas para a Mención á Conciliación deberán presentarse nunha memoria independente da memoria dos premios, en que se desenvolvan os aspectos relacionados no artigo 4.2 da orde, cun máximo de 20 páxinas en formato dixital.
O xurado poderá verificar na empresa a aplicación das boas prácticas alegadas.
CONCESIÓN
O prazo máximo para resolver a resolución do premio ás candidaturas presentadas será de tres meses desde que finalice a presentación de candidaturas.
A resolución de concesión farase pública a través da páxina web da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración: http://rse.xunta.gal
PLAZO Y LUGAR DE PRESENTACIÓN DE LAS SOLICITUDES DE AYUDA
O prazo para presentar a candidatura estará aberto dende o día 18 de abril ata o 17 de xuño de 2026.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulário normalizado dispoñible na Sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) conforme o anexo I.



