— Bono Consolida Economía Social. Hasta 15/09/2023

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación”(formato PDF, en gallego) y orden completa en el enlace web. 

— ORDEN de 9 de mayo de 2023 por la que se establecen las bases reguladoras de las subvenciones para el apoyo a la consolidación de las entidades de la economía social de Galicia Bono consolida economía social, y si procede a su convocatoria para la anualidad 2023. Consellería de Promocion del empleo e Igualdad. (DOG Nº 102, 31/05/2023).

OBJETO Y FINALIDAD

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do Programa de apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social; e proceder á súa convocatoria para a anualidade 2023 (código de procedemento TR802L).

Este programa ten como finalidade apoiar a consolidación das entidades da economía social, así como reforzar a súa presenza no tecido económico de Galicia, con especial incidencia na transformación dixital e na mellora da eficiencia enerxética, contribuíndo ao impulso da súa actividade económica, incrementando a súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade.

ENTIDADES BENEFICIARIAS Y CONDICIONES PARA LA OBTENCIÓN DEL INCENTIVO

1. Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde as seguintes entidades, de entre as previstas no artigo 6 Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia: sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego. Estas entidades deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Figurar inscritas como tales nos correspondentes rexistros administrativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ter presentados as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil, no Rexistro de Cooperativas ou no Rexistro de Fundacións, segundo corresponda á súa forma xurídica.

c) No caso de centros especiais de emprego que teñan forma xurídica de asociación, deberán ter aprobados o balance e a conta de resultados pola súa asemblea xeral.

d) Acreditar unha antigüidade de corenta e dous (42) meses na data da solicitude, que se computará desde a data de inscrición da entidade solicitante no correspondente rexistro administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia.

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES

1. Equipamento informático.
2. Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.
3. Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.
4. Mellora na eficiencia enerxética.
5. Adquisición de equipamento.
6. Reforma do local de negocio.
7. Mobiliario.
8. Obtención de certificacións de calidade.
9. Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.
10. Plan de Protección de datos.
11. Elementos de transporte.
12. Actividades formativas para as persoas socias da entidade solicitante que estean
dadas de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA).

Os servizos descritos nos números 3, 8, 9, 10 e 12 deberán estar implantados ou realizados no período de execución.

CUANTÍA DE LAS AYUDAS

A contía da axuda será equivalente ao 90 % do custo total dos gastos subvencionables, cos límites seguintes:
5.000 € para cada un dos gastos incluídos nos conceptos 3, 8, 9 e 10 do artigo 6.
600 € para cada actividade formativa das incluídas no concepto 12 do artigo 6, que realice cada persoa socia da entidade que estea de alta no réxime especial de traballadores autónomos.

O límite máximo das axudas establécese en 30.000 € por cada entidade solicitante. No caso de que se solicite unha contía superior, concederase de acordo coa orde de prelación establecida no artigo 6 desta orde.

PAGOS ANTICIPADOS

Os pagamentos anticipados concederanse logo de resolución motivada, de acordo co disposto no artigo 63.1.un do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, e suporán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo a actuación subvencionada nos casos en que o gasto aínda non estea realizado. Este pagamento que dará suxeito ás seguintes condicións:

a) Anticiparase o 90 % do importe da subvención concedida.
b) As persoas beneficiarias quedarán exoneradas da constitución de garantía, conforme o establecido no artigo 65.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
c) O pagamento anticipado realizarase de oficio, agás oposición expresa da entidade interesada, que o deberá indicar no cadro correspondente habilitado no anexo I de solicitude de axuda.

PERÍODO DE EJECUCIÓN DE LAS ACCIONES

O período de execución de accións abranguerá desde o 1 de novembro de 2022 ata o 31 de outubro de 2023.

A data máxima de presentación da solicitude de pagamento e xustificación das accións subvencionadas será a sinalada na resolución de concesión e, de ser o caso, como máximo o 10 de novembro de 2023

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 15 de setembro de 2023, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

No suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se esgote o crédito establecido na convocatoria, o Organo concedente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web da Consellería.

  • Facebook
  • Twitter