RESUMEN ELABORADO POR
Puede consultar/descargar este resumen de la Orden y la Orden completa en español el enlace “Web”
ORDEN del 3 de septiembre de 2021, por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas para el fomento de la utilización de maquinaria agrícola en régimen asociativo en Galicia, financiadas con el instrumento de recuperación de la Unión Europea (EURI) en el marco del Programa de desarrollo rural (PDR) de Galicia 2014-2020, y se convocan para el año 2021. Consellería do Medio Rural. DOG Nº 182, 21/09/2021
OBJETO
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo no marco do PDR de Galicia 2014-2020, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), cunha participación do 100 % de fondos da UE, dentro da medida 4 Investimentos en activos físicos, submedida 4.18 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (código de procedemento MR351A Axudas para o fomento do asociacionismo na utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo en Galicia), así como convocalas para o ano 2021.
Esta axuda ten como finalidade:
a) Promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo.
b) Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos.
c) Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.
BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarios das axudas reguladas nesta orde:
a) As cooperativas agrarias.
b) As coperativas de explotación comunitaria da terra de 5 ou menos anos de antigüidade.
c) As sociedades agrarias de transformación procedentes da fusión de polo menos dúas explotacións, nos últimos 5 anos naturais. En diante SAT de fusión.
INVERSIONES SUBVENCIONABLES
1. Os investimentos subvencionables son os seguintes:
a) Maquinaria agrícola.
b) Estudos técnico-económicos de viabilidade.
2. Non se subvencionarán:
a) A mera reposición ou adquisición de maquinaria de segunda man ou usada.
b) Non se considerarán subvencionables o IVE e outros impostos.
c) Os investimentos en maquinaria ou equipamentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais, nin máquinas de pequena significación para os efectos do conxunto dos socios da agrupación.
d) A maquinaria e os equipamentos de carácter forestal.
e) Colleitadoras de forraxes cun uso previsto menor de 500 horas anuais.
f) A maquinaria de aplicación de xurro mediante sistemas de prato, abano ou canóns.
3. En aplicación da moderación de custos, fíxase en 1.000 € o custo elixible para os estudos técnicos-económicos de viabilidade.
4. Establécese un investimento elixible mínimo de 20.000 € para poder ser subvencionable. O volume total do investimento elixible máximo subvencionable para cada beneficiario será de 250.000 €. No caso de cooperativa procedente de fusión, en que o número total de socios da entidade fusionada sexa superior a 1.000, o límite máximo de investimento será de 600.000 €.
COMIENZO DE LA SUBVENCIONALIDAD
Serán subvencionables os gastos efectuados con posterioridade á presentación da solicitude da axuda en tempo e forma tras a correspondente convocatoria pública, tendo en conta que a simple presentación da solicitude en ningún modo garante a súa aprobación.
CUANTÍA ECONÓMICA DE LAS AYUDAS
O importe da axuda será do 35 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 50 % en función da aplicación dos seguintes criterios:
1. 5 % no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais ou outras limitacións
específicas recollidas no artigo 32 do Regulamento (UE) 1305/2013.
2. 10% no caso de investimentos colectivos, cando o beneficiario procede dunha fusión.
CRITERIOS DE SELECCIÓN DE OPERACIONES
1. Ordenaranse as solicitudes presentadas de acordo cos criterios de prioridade indicados neste artigo e aprobaranse os proxectos de maior a menor puntuación ata esgotar o orzamento dispoñible.
2. Establécense os seguintes criterios de prioridade:
a) Atendendo á tipoloxía da entidade solicitante:
i. Cooperativa agraria con sección/servizo de maquinaria: 5 puntos.
ii. CUMA: 4 puntos.
iii. SAT procedente de fusión ou cooperativas de explotación comunitaria da terra: 3 puntos.
b) Atendendo ao valor contable do parque de maquinaria no momento da solicitude de
axuda:
i. Parque de maquinaria con valor contable igual ou superior a dous millóns de euros: 3 puntos.
ii. Parque de maquinaria con valor contable igual ou superior a un millón de euros e inferior a dous millóns: 2 puntos.
iii. Parque de maquinaria con valor contable superior a medio millón de euros e inferior a un millón: 1 punto.
iv. Parque de maquinaria con valor contable inferior a medio millón de euros: 0 puntos.
c) Atendendo á facturación media aos socios do parque de maquinaria nos tres anos anteriores ao ano de solicitude da axuda:
i. Facturación media do parque de maquinaria igual ou superior a un millón de euros: 3 puntos.
ii. Facturación media do parque de maquinaria igual ou superior a medio millón de euros e inferior a un millón: 2 puntos.
iii. Facturación media do parque de maquinaria igual ou superior a cen mil euros e inferior a medio millón: 1 punto.
d) Atendendo á porcentaxe de mulleres/ que integren o consello reitor da entidade solicitante:
i. > 50 %: 2 puntos.
ii. Do 30 % ao 50 %: 1 punto.
e) Investimentos en proxectos innovadores: 1 punto.
f) Investimentos en proxectos de cooperación: 1 punto.
3. En caso de igualdade na aplicación do baremo, terán prioridade as entidades solicitantes con investimentos en proxectos innovadores, seguido polos investimentos en proxectos de cooperación. Se aínda persiste o empate, priorizarase segundo a orde indicada nos criterios de selección.
4. As solicitudes cunha puntuación inferior a 5 puntos non serán subvencionables por non alcanzar os criterios de priorización mínimos.
JUSTIFICACIÓN Y PAGO
1. O prazo de xustificación destas axudas remata o 1 de maio de 2022, inclusive.
PLAZO DE SOLICITUDES
O prazo xeral para a presentación de solicitudes finalizará o 21 de outubro de 2021.