RESUMEN ELABORADO POR
Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación”(formato PDF, en gallego) y la orden completa en español en el enlace web.
— ORDEN del do 27 de enero de 2022 por la que se establecen las bases reguladoras para el fomento y la consolidación del empleo a través del Programa I, para las pequeñas empresas de nueva creación (código de procedimiento TR807I), y del Programa II, de incentivos a las empresas cualificadas como iniciativas de empleo de base tecnológica. Consellería de Emprego e Igualdade. DOG Nº 35 (21/02/2022).
OBJETO Y FINALIDAD
1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar as subvencións establecidas pola Consellería de Emprego e Igualdade para o ano 2022, coa finalidade de promover o emprego autónomo e a súa consolidación a través dos seguintes programas de axudas:
a) Programa I. Fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación (TR807I).
— Programa I. Fomento y consolidación del empleo en las pequeñas empresas de nueva creación —
OBJETO y FINALIDAD
1. Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2022 do Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación.
2. A finalidade deste programa é xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres, as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.
ENTIDADES BENEFICIARIAS
1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas neste programa as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:
a) Que sexan empresas de nova creación.
b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.
d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotoras non figure ningunha persoa xurídica.
f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.
g) Que, como mínimo, o 50 % do seu capital social sexa de titularidade dos promotores e promotoras que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa.
TIPOS DE AYUDA
O programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación inclúe os seguintes tipos de axudas:
a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención para formación.
c) Subvención para o inicio da actividade.
d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
A) SUBVENCIÓN A LA GENERACIÓN DE EMPLEO ESTABLE
1. A creación de postos de traballo estables de carácter indefinido, incluídos os das propias persoas promotoras, que sexan ocupados por persoas desempregadas incentivaranse, ata un máximo de dez, cada un deles coa contía de 2.000 euros como desempregado en xeral.
2. Cada posto de traballo estable incentivarase con 4.000 € para o caso de persoas desempregadas que se atopen nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:
– Persoas desempregadas de longa duración.
– Persoas desempregadas con discapacidade.
– Persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de exclusión social.
3. Estas contías base incrementarase nun 25 % nos seguintes casos:
a) Se a persoa incorporada é unha muller.
b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.
c) Persoas maiores de 45 anos.
d) Se a persoa incorporada ten a condición de emigrante retornada.
e) Persoas trans
Estes incrementos son acumulables e deste xeito a contía máxima posible, de aplicarse todos os incrementos, sería de 9.000 €.
B) SUBVENCIÓN PARA LA FORMACIÓN
1. A subvención para a formación ten por obxecto financiar parcialmente a formación relacionada coas funcións xerenciais da persoa promotora ou empresaria e/ou a formación directamente relacionada coa actividade que van desenvolver, de xeito que estes estudios contribúan á boa marcha da empresa.
2. Subvencionaranse os cursos e as actividades formativas que a persoa promotora realice para obter e mellorar os seus coñecementos sobre a función xerencial e as actividades formativas directamente relacionadas coa actividade económica en que estea de alta a empresa. Esta formación poderá ser impartida por entidades públicas ou privadas e deberá estar finalizada dentro do período subvencionable.
3. O gasto orixinado deberase producir no período subvencionable e deberá ser efectivamente xustificado, mediante certificado de asistencia e as facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión ou, en todo o caso, ata o 20 de decembro de 2022.
A contía da subvención, que só se poderá solicitar unha vez, será de ata o 75 % do custo dos servizos recibidos, excluído o IVE, cun límite máximo de 3.000 euros polo conxunto dos cursos e actividades de formación recibidas.
C) SUBVENCIÓN PARA EL INICIO DE LA ACTIVIDAD
1. Poderase conceder para o financiamento dos primeiros gastos da actividade unha subvención de ata 2.000 euros por cada emprego subvencionable, ata un máximo de dez, por persoa desempregada en xeral.
2. A contía do incentivo será de 4.000 € por cada emprego subvencionable cando a persoa desempregada se atope nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:
– Persoas desempregadas de longa duración.
– Persoas desempregadas con discapacidade.
– Persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de exclusión social.
3. Estas contías base incrementarase nun 25 % nos seguintes casos:
a) Se a persoa incorporada é unha muller.
b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da empresa estea situado nun concello rural.
c) Persoas maiores de 45 anos.
d) Se a persoa incorporada ten a condición de emigrante retornada.
e) Persoas trans.
Deste xeito, a contía máxima posible por posto de traballo, de aplicarse todos os incrementos, sería de 9.000 €.
D) SUBVENCIÓN PARA LA CONCILIACIÓN DE LA VIDA PERSONAL, LABORAL Y FAMILIAR DE LAS PERSONAS PROMOTORAS
1. Co obxecto de favorecer a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas emprendedoras concederase unha subvención do 75 % do custo dos servizos de gardaría, ata un máximo de 3.000 euros, para aquelas persoas promotoras que teñan fillos ou fillas menores de tres anos.
2. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas promotoras que creen o seu propio posto de traballo estable e polos que se obtivese a subvención establecida no artigo 21 desta orde, sexan titulares de familias monoparentais ou nas cales os dous cónxuxes realicen unha actividade laboral e estean dados de alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
1. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 30 de xullo de 2022