RESUMEN ELABORADO POR
Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en gallego en “Documentación” y la Orden completa en español en el enlace “Web”
ORDEN do 23 del diciembre de 2021 por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas para la prevención de los daños que causan determinadas especies de fauna silvestre y se convocan para el año 2022. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. DOG Nº 13, 20/01/2022
OBJETO Y PRINCIPIOS
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas titulares de explotacións agrícolas e/ou gandeiras afectadas polos ataques de especies de fauna silvestre (lobo, oso e xabaril), coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, para o que se incentivará a adquisición de elementos preventivos dos danos que poidan ocasionar estas especies, procedendo á súa convocatoria para o ano 2022.
ACTUACIONES SUBVENCIONABLES
a) Liña para a prevención de danos ocasionados polo lobo: para a adquisición de cans para a protección e defensa do gando, de pastores eléctricos e/ou de cerrumes de malla electrificada e para a adquisición e instalación de valados fixos, cuxa adquisición se faga, en todos os casos, con posterioridade á publicación desta orde.
b) Liña para a prevención de danos ocasionados polo oso: para a adquisición de pastores eléctricos, cuxa adquisición se faga con posterioridade á publicación desta orde.
c) Liña para a prevención de danos ocasionados polo xabaril: para a adquisición de pastores eléctricos, cuxa adquisición se faga con posterioridade á publicación desta orde.
PERSONAS BENEFICIARIAS Y REQUISITOS
1. Liña para a prevención de danos ocasionados polo lobo e oso:
Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza Celta, equino e apícola que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia.
2. Liña para prevención de danos ocasionados polo xabaril.
Poderanse acoller a estas axudas:
a) As persoas físicas ou xurídicas que exercen a actividade agraria e estean inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), creado mediante o Decreto 200/2012, de 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia e modificado pola disposición derradeira terceira do Decreto 125/2014, do 4 de setembro, polo que se regula en Galicia a venda directa de produtos primarios desde as explotacións á persoa consumidora final.
b) As explotacións agrarias destinadas ao autoconsumo.
ADQUISICIÓN DE PERROS PROTECTORES DEL GANADO
1. Será subvencionable a adquisición de cans protectores e defensores do gando cunha idade inferior ou igual aos catro meses, das seguintes razas: mastín español, mastín do Pirineo e can de palleiro, así como os gastos da súa identificación.
2. Estas axudas poderán cubrir a totalidade do custo de adquisición dos cans protectores e defensores do gando, así como os gastos da súa identificación. O número dos animais subvencionables por explotación estará en función do número de reses da explotación gandeira, podendo subvencionarse un máximo dun can protector e defensor do gando por rabaño de ata 60 reses de gando menor ou 15 reses de gando maior; ata un máximo de dous cans por explotación, cando se supere este número de reses.
3. O importe máximo das axudas non excederá os 500 euros por can.
ADQUISICIÓN DE PASTORES ELÉCTRICOS
1. As axudas relativas á adquisición dos pastores eléctricos poderán cubrir a totalidade do seu custo de adquisición, IVE excluído, ata un máximo de 3 pastores eléctricos por persoa beneficiaria.
2. A contía máxima da axuda por explotación será de 600 euros.
3. O importe máximo das axudas para a adquisición de pastores eléctricos será de 150 euros por pastor eléctrico alimentado por batería ou conectado á rede eléctrica, e de 300 euros por pastor eléctrico cuxa batería se alimente con panel fotovoltaico.
4. O número de pastores eléctricos que poderá subvencionarse por explotación gandeira ou agraria, asignarase de acordo co seguinte:
a) No caso dunha explotación gandeira de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza celta, e equino; en función do número de reses de gando maior e menor con que conte a explotación:
Núm. reses gando menor* | Núm. reses gando maior* | Núm. pastores eléctricos |
---|---|---|
De 1 a 50 | De 1 a 20 | 1 |
De 51 a 100 | De 21 a 50 | 2 |
Máis de 100 | Máis de 50 | 3 |
*Para os efectos desta axuda, considérase: – Gando maior: gando bovino, equino e asnal. – Gando menor: gando ovino, caprino e porcino. |
b) No caso dunha explotación apícola, en función do número de asentamentos con que conte a explotación:
Núm. de asentamentos apícolas | Núm. pastores eléctricos |
---|---|
Menor ou igual a 4 | 1 |
De 4 ata 10 | 2 |
Máis de 10 | 3 |
c) No caso dunha explotación agraria, en función da superficie admisible declarada na solicitude única da política agraria comunitaria (PAC) do ano 2020.
Superficie admisible declarada | Núm. pastores eléctricos |
---|---|
Menor ou igual a 10 | 1 |
De 11 ata 20 | 2 |
Máis de 20 | 3 |
c) Para persoas propietarias de explotacións agrícolas destinadas ao autoconsumo, establécese un máximo dun pastor eléctrico por persoa beneficiaria.
ADQUISICIÓN DE CERCAS MÓVILES DE MALLA ELECTRIFICADA
As mallas terán que cumprir as especificacións que figuran no anexo I desta orde.
As axudas concedidas poderán cubrir a totalidade do custo da adquisición de cerrumes móbiles de malla electrificada, IVE excluído.
A contía máxima da dita axuda será de 100 euros por malla de 50 m, ata un máximo de 8 mallas por explotación.
ADQUISICIÓN E INSTALACIÓN DE VALLADOS FIJOS
a) Valados fixos electrificados.
Os valados fixos electrificados terán que cumprir as especificacións que figuran no anexo I desta orde.
Subvencionarase un cercado por cada rabaño de ata 30 reses de gando menor ou 10 reses de gando maior e un máximo de 2 cercados por explotación cando se supere o número das ditas reses.
O importe máximo da axuda será de 3,5 euros por metro lineal ata un máximo de 1.750 euros por valado, IVE excluído.
b) Valados fixos con malla gandeira ou cinexética metálica.
Os valados fixos con malla gandeira ou cinexética terán que cumprir as especificacións que figuran
no anexo I desta orde.
Subvencionarase un cercado por cada rabaño de ata 50 reses de gando menor ou 20 reses de gando maior e un máximo de 2 cercados por explotación cando se supere o número das ditas reses.
O importe máximo da axuda será de 4,5 euros por metro lineal ata un máximo de 4.500 euros por valado, IVE excluído.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
1. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 21 de febreiro de 2022.