RESUMEN ELABORADO POR AGACA
Puede consultar/descargar este resumen en “Documentación” (formato PDF, en gallego) y consultar la Resolución completa en el enlace “web”.
— BASES reguladoras de la convocatoria para laa concesión de subvenciones destinadas al fomento de la recría de rumiantes (vacuno, ovino y caprino) en las explotaciones ganaderas en régimen extensivo de la provincia de Ourense para el ejercicio 2026. Diputación Provincial de Ourense (BOP nº165 31.08.2026)
OBXECTO
O obxecto das bases reguladoras é establecer o procedemento para a concesión, baixo o réxime de
concorrencia non competitiva, de subvencións destinadas ao fomento da recría de femias de gando
vacún, ovino e caprino en explotacións gandeiras extensivas situadas na provincia de Ourense para o
exercicio 2026.
A finalidade de tales axudas é incentivar a permanencia nas explotacións daqueles animais destinados
á reposición do rabaño reprodutor, axudando a compensar de xeito parcial o esforzo económico que
implica o seu proceso de recría.
Quedan excluídas do obxecto destas subvencións aquelas explotacións gandeiras que xa fosen
perceptoras dunha axuda para a mesma finalidade ao abeiro da convocatoria da Xunta de Galicia
publicada no Diario Oficial de Galicia o 1 de xullo de 2026
Este procedemento concédese efectivamente en réxime de concorrencia non competitiva
Actuacións subvencionables
A actuación subvencionable consiste no mantemento na explotación dos animais destinados á recría e á reposición do rabaño reprodutor, sempre que cumpran con todos os requisitos establecidos nas bases reguladoras.
As características principais desta axuda son as seguintes:
- Sen financiamento de investimentos nin gastos concretos: Esta subvención non está destinada a financiar investimentos nin a adquisición de bens ou gastos específicos. Por tanto, non é necesaria a presentación de facturas nin doutros documentos de pagamento para a súa xustificación.
- Acreditación de oficio: O cumprimento da finalidade da axuda verifícase mediante comprobacións administrativas realizadas de oficio pola propia Deputación (como a consulta ao Rega ou ao sistema oficial de identificación animal), sen necesidade de presentar unha conta xustificativa.
- Compensación do esforzo da recría: O seu obxectivo é unicamente incentivar que as femias novas permanezan na explotación, compensando de xeito parcial o custo que supón o seu proceso de recría (alimentación, manexo e mantemento).
Requisitos obrigatorios dos animais elixibles:
Para que o mantemento dun animal sexa subvencionable, as femias reprodutoras (de gando vacún, ovino ou caprino) deben cumprir simultaneamente as seguintes condicións
Nacemento: Ter nacido na propia explotación gandeira da persoa beneficiaria ao longo do ano 2025
Identificación: Estar correctamente identificadas e rexistradas de acordo coa normativa vixente en materia de identificación e rexistro animal
Destino: Permanecer incorporadas na explotación como animais destinados de forma específica á reposición do rabaño
Período mínimo de permanencia: Manterse na explotación (salvo casos excepcionais de forza maior debidamente xustificados como morte ou sacrificio obrigatorio) ata as seguintes datas límite
Ata o 31 de decembro de 2030 para o gando bovino
Ata o 31 de decembro de 2028 para o gando ovino e caprino
Requisitos dos beneficiarios
Requisitos xerais para os solicitantes:
- Inscrición no Rega: Ser titular dunha explotación gandeira debidamente inscrita no Rexistro de Explotacións Gandeiras (Rega).
- Clasificación zootécnica: A explotación debe estar clasificada zootecnicamente como explotación en réxime extensivo.
- Alta en autónomos: Figurar de alta no réxime especial de autónomos no sector agrario cunha antigüidade mínima e ininterrompida de dous (2) anos, calculados tomando como referencia para o cómputo o último día do prazo de presentación de solicitudes.
- Gandeiro/a a Título Principal (ATP): Cumprir coa condición de ATP conforme á normativa vixente de modernización das explotacións agrarias, o que esixe que polo menos o 50% da renda total proceda da actividade agraria e que se dedique a ela polo menos a metade da dedicación laboral.
- Obrigas tributarias e sociais: Estar ao corrente das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e coa Deputación Provincial de Ourense.
- Sen prohibicións: Non atoparse incurso/a en ningunha das prohibicións previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Condicións específicas para persoas xurídicas:
No caso de que o solicitante sexa unha persoa xurídica, ademais dos requisitos anteriores, deberá cumprir co seguinte:
- Atoparse validamente constituída e ter plenamente actualizado o seu órgano de administración ou representación.
- Contar cunha antigüidade mínima de dous (2) anos desde a súa constitución legal e posterior inscrición no rexistro público correspondente.
- Que ao menos o 50% dos socios sexan gandeiros profesionais.
Exclusións:
- Incompatibilidade coas axudas da Xunta: Quedan excluídas da convocatoria, e non poderán resultar beneficiarias, as explotacións que foran perceptoras dunha subvención destinada á mesma finalidade ao abeiro da convocatoria da Xunta de Galicia publicada no Diario Oficial de Galicia do 1 de xullo de 2026
Contía das axudas
A contía individual que recibirá cada beneficiario determínase en función do número de animais elixibles acreditados, aplicando os seguintes límites
Gando bovino: 500 euros por cada animal, cun límite máximo de 6.000 euros por explotación (o que equivale a un máximo de 12 animais subvencionables por explotación)
Gando ovino ou caprino: 60 euros por cada animal, cun límite máximo de 1.800 euros por explotación (equivalente a un máximo de 30 animais subvencionables por explotación.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes para estas axudas é dende o 1 de setembro de 2026 ata o 25 de setembro de 2026.



