— Programa ES-Transforma en cooperativas o sociedades laborales. Hasta 15/09/2023

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación”(formato PDF, en gallego) y orden completa en el enlace web. 

— ORDEN de 9 de mayo de 2023 por la que se establecen las bases reguladoras del programa ES-Transforma en cooperativas o sociedades laborales, y se procede a su convocatoria para la anualidad 2023. Consellería de Promocion del empleo e Igualdad. (DOG Nº 102, 31/05/2023).

OBJETO Y FINALIDAD

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do programa ES-Transforma, de apoio á transformación en cooperativas ou sociedades laborais dos negocios sen remuda xeracional, de todo tipo de sociedades e das persoas traballadoras autónomas, que xa estivesen a exercer unha actividade económica, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (código de procedemento TR802R).

ENTIDADES BENEFICIARIAS Y CONDICIONES PARA LA OBTENCIÓN DEL INCENTIVO

1. Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos, as sociedades laborais ou cooperativas que xurdan dalgún dos procesos que se detallan a seguir:

a) Constitución por ausencia de remuda xeracional:

Constitución dunha sociedade laboral ou dunha cooperativa, debidamente inscritas no rexistro correspondente na data da solicitude, integradas total ou parcialmente polas persoas traballadoras cuxos contratos resultasen extinguidos por causa de crise ou xubilación da súa persoa empregadora (entendéndose como tal as sociedades de capital, sociedades civís, persoas autónomas e asociacións que estivesen desenvolvendo unha actividade económica).

b) Constitución por persoas autónomas:

Constitución dunha sociedade laboral ou dunha cooperativa, debidamente inscritas no rexistro correspondente na data da solicitude, que estean integradas por persoas traballadoras autónomas que xa estivesen a realizar unha actividade laboral e, polo tanto, estean en situación de alta no correspondente réxime de persoas traballadoras autónomas da Seguridade Social ou na mutualidade do colexio profesional.

c) Constitución por transformación:

c.1) Transformación de todo tipo de sociedades en cooperativas ou sociedades laborais debidamente inscritas no rexistro correspondente na data da solicitude
c.2) Procesos de adquisición da totalidade do capital integrante dunha sociedade mediante compravenda das súas participacións ou accións por parte, fundamentalmente, das súas persoas traballadoras.

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES

1. Asesoramento legal para a constitución da cooperativa ou da sociedade laboral, así como para a transformación nunha destas entidades de economía social. Os gastos de rexistro, notaría e os informes legalmente preceptivos para o proceso de transformación.
2. Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.
3. Obtención de certificacións de calidade.
4. Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.
5. Plan de protección de datos.
6. Equipamento informático.
7. Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.
8. Mellora na eficiencia enerxética.
9. Adquisición de equipamento.
10. Reforma do local de negocio.
11. Mobiliario.
12. Elementos de transporte.

Os servizos descritos nos números 1, 2, 3, 4 e 5 deberán estar implantados no período de execución.

CUANTÍA DE LAS AYUDAS

1. A contía da axuda será equivalente ao 90 % do custo total dos gastos subvencionables, cos límites seguintes:

• 4.000 € para o gastos incluído no concepto 1 do artigo 6.
• 5.000 € para cada un dos gastos incluídos nos conceptos 2, 3, 4 e 5 do artigo 6.

O límite máximo das axudas para os gastos subvencionables especificados no artigo 6 establécese en 50.000 € por entidade beneficiaria.

2. A contía da axuda do número 1 deste artigo poderá incrementarse en 3.000 € por cada unha das condicións que se cumpra das que se sinalan a continuación, cun máximo de 24.000 euros por entidade beneficiaria:

a) 3.000 € no caso de que a sede social da entidade beneficiaria estea situada nun concello rural.
b) 3.000 € no caso de que as entidades beneficiarias estean formadas maioritariamente por mulleres.
c) 3.000 € no caso de que na actividade económica da nova entidade beneficiaria as mulleres contratadas nos grupos ocupacionais se encontren subrepresentadas.
d) 3.000 € no caso das entidades que estean formadas maioritariamente por persoas menores de 30 anos na data de solicitude da axuda.
e) 3.000 € no caso de que as entidades beneficiarias estean formadas maioritariamente por persoas emigrantes retornadas.
f) 3.000 € no caso de que as entidades beneficiarias estean formadas maioritariamente por persoas maiores de 45 anos.
g) 3.000 € no caso de que as entidades beneficiarias estean formadas maioritariamente por persoas con discapacidade.
h) 3.000 € no caso de que as entidades beneficiarias estean formadas maioritariamente por persoas trans.

3. A axuda total para cada entidade beneficiaria polos conceptos recollidos nos números 1 e 2 deste artigo non poderá exceder os 74.000 euros

PAGOS ANTICIPADOS

Os pagamentos anticipados concederanse logo de resolución motivada, de acordo co disposto no artigo 63.1.un do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, e suporán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo a actuación subvencionada nos casos en que o gasto aínda non estea realizado. Este pagamento que dará suxeito ás seguintes condicións:
a) Anticiparase o 90 % do importe da subvención concedida.
b) As persoas beneficiarias quedarán exoneradas da constitución de garantía, conforme o establecido no artigo 65.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
c) O pagamento anticipado realizarase de oficio, agás oposición expresa da entidade interesada, que o deberá indicar no cadro correspondente habilitado no anexo I de solicitude de axuda.

PERÍODO DE EJECUCIÓN DE LAS ACCIONES

O período de execución de accións abranguerá desde o 1 de novembro de 2022 ata o 31 de outubro de 2023.

A data máxima de presentación da solicitude de pagamento e xustificación das accións subvencionadas será a sinalada na resolución de concesión e, de ser o caso, como máximo o 10 de novembro de 2023.

PRESENTACIÓN DE LAS SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 15 de setembro de 2023, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

No suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se esgote o crédito establecido na convocatoria, o Organo concedente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web da Consellería.

  • Facebook
  • Twitter