RESUMEN ELABORADO POR
Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación”(formato PDF, en gallego) y la orden completa en el enlace web.
— ORDEN del 13 de diciembre de 2022 por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas a los custes derivados de la instalación de vallados fijos como medida de prevención de los danos que pueda ocasionar el lobo y se convocan para el año 2023. Consellería de Medio Ambiente, Territorio y Vivienda (DOG Nº 4, 05/01/2023).
OBJETO y PRINCIPIOS
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas titulares de explotacións gandeiras afectadas polos ataques do lobo, coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, para o que se incentiva a adquisición de elementos preventivos (valados fixos) dos danos que poidan ocasionar esta especie, e convocalas para o ano 2023.
ACTUACIONES SUBVENCIONABLES
1. Ao abeiro desta orde, subvencionarase a adquisición e instalación de valados fixos, cuxa adquisición se faga, en todos os casos, con posterioridade á publicación desta orde.
PERSONAS BENEFICIARIAS Y REQUISITOS
1. Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza Celta e equino que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia.
ADQUISICIÓN E INSTALACIÓN DE VALLADOS FIJOS
a) Valados fixos electrificados.
Os valados fixos electrificados terán que cumprir as especificacións que figuran no anexo I de especificacións técnicas desta orde.
Subvencionarase un cercado por cada rabaño de ata 30 reses de gando menor ou 10 reses de gando maior e un máximo de 2 cercados por explotación cando se supere o número das ditas reses.
O importe máximo da axuda será de 3,5 € por metro lineal ata un máximo de 1.750 € por valado, IVE excluído.
b) Valados fixos con malla gandeira ou cinexética metálica.
Os valados fixos con malla gandeira ou cinexética terán que cumprir as especificacións que figuran no anexo I de especificacións técnicas desta orde.
Subvencionarase un cercado por cada rabaño de ata 50 reses de gando menor ou 20 reses de gando maior e un máximo de 2 cercados por explotación cando se supere o número das ditas reses.
O importe máximo da axuda será de 4,5 € por metro lineal ata un máximo de 4.500 € por valado, IVE excluído.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
1. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 6 de febreiro de 2023.