• Quejas y sugerencias.
  • Localización y Contacto
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Español
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Español
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Noticias

A Xunta convoca os Premios á Cooperación para promover a economía social

14 de febrero de 2017
en Noticias
O día 30 acaba o prazo de presentación aos Premios á Cooperación e ao Cooperativismo no Ensino
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • A presentación de solicitudes farase exclusivamente por vía telemática e o prazo de presentación remata o 30 de abril de 2017 .
  • Os premios á cooperación teñen como finalidade fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principio e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando Poderán optar a estes premios as cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo.

Premios á Cooperación 2017A Consellería de Economía, Emprego e Industria convocará este ano unha nova edición dos Premios á Cooperación e do Certame Cooperativismo no Ensino co obxecto de fomentar e difundir os valores e principios cooperativos, así como o labor que realizan as entidades galegas pertencentes a este sector. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou as bases das dúas iniciativas, ás que se poderán presentar as solicitudes ata o día 30 de abril.

Os Premios á Cooperación teñen como finalidade fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recoñecer publicamente o labor que as cooperativas galegas realizan a favor do desenvolvemento deste sector.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria outorgará tres premios: aos valores cooperativos; ao mellor proxecto cooperativo novo; e á traxectoria cooperativa. Cada unha das categorías será galardoada con 5.000 euros.

O premio aos valores cooperativos outorgarase á empresa que máis teña destacado no impulso dos valores e principios cooperativos. Os principios cooperativos establecidos pola Alianza Cooperativa Internacional son a adhesión voluntaria e aberta; a xestión democrática por parte dos socios; a participación económica dos socios; a autonomía e independencia; a educación, formación e información; a cooperación entre as cooperativas; e o interese pola comunidade. Pola súa banda, os valores cooperativos son a axuda mutua; responsabilidade; democracia; igualdade; equidade; solidariedade; e transparencia.

O premio ao mellor proxecto novo será para a cooperativa que na data de publicación da convocatoria teña unha antigüidade igual ou menor a 42 meses e que destaque nas súas achegas nos aspectos sociais, económicos, culturais ou ambientais.

Por último, o premio á mellor traxectoria concederase á compañía que na data de publicación teña unha antigüidade maior de 42 meses e que teña destacado pola súa traxectoria no ámbito económico e social.

  • Convocatoria no DOG: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170206/AnuncioG0424-270117-0001_gl.pdf
  • Corrección de erros en convocatoria do DOG: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170207/AnuncioG0424-060217-1_gl.pdf
  • Presentación telemática de candidaturas: https://sede.xunta.gal/portada
  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Contacto
  • Trabaja con nosotros
  • Aviso legal
  • Política de calidad
  • Política de privacidad
  • Perfil del contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Quejas y sugerencias. Asesoramiento al ganadero
  • Canal Interno de Información
  • Comunicación a proveedores
  • Español

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Español

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.