- A presentación de solicitudes farase exclusivamente por vía telemática e o prazo de presentación remata o 30 de abril de 2017 .
- Os premios á cooperación teñen como finalidade fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principio e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando Poderán optar a estes premios as cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria convocará este ano unha nova edición dos Premios á Cooperación e do Certame Cooperativismo no Ensino co obxecto de fomentar e difundir os valores e principios cooperativos, así como o labor que realizan as entidades galegas pertencentes a este sector. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou as bases das dúas iniciativas, ás que se poderán presentar as solicitudes ata o día 30 de abril.
Os Premios á Cooperación teñen como finalidade fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recoñecer publicamente o labor que as cooperativas galegas realizan a favor do desenvolvemento deste sector.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria outorgará tres premios: aos valores cooperativos; ao mellor proxecto cooperativo novo; e á traxectoria cooperativa. Cada unha das categorías será galardoada con 5.000 euros.
O premio aos valores cooperativos outorgarase á empresa que máis teña destacado no impulso dos valores e principios cooperativos. Os principios cooperativos establecidos pola Alianza Cooperativa Internacional son a adhesión voluntaria e aberta; a xestión democrática por parte dos socios; a participación económica dos socios; a autonomía e independencia; a educación, formación e información; a cooperación entre as cooperativas; e o interese pola comunidade. Pola súa banda, os valores cooperativos son a axuda mutua; responsabilidade; democracia; igualdade; equidade; solidariedade; e transparencia.
O premio ao mellor proxecto novo será para a cooperativa que na data de publicación da convocatoria teña unha antigüidade igual ou menor a 42 meses e que destaque nas súas achegas nos aspectos sociais, económicos, culturais ou ambientais.
Por último, o premio á mellor traxectoria concederase á compañía que na data de publicación teña unha antigüidade maior de 42 meses e que teña destacado pola súa traxectoria no ámbito económico e social.
- Convocatoria no DOG: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170206/AnuncioG0424-270117-0001_gl.pdf
- Corrección de erros en convocatoria do DOG: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170207/AnuncioG0424-060217-1_gl.pdf
- Presentación telemática de candidaturas: https://sede.xunta.gal/portada



