• Quejas y sugerencias.
  • Localización y Contacto
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Español
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Español
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Noticias

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral visitará un obradoiro de «Emprendemento Cooperativo Eusumo» para estudantes en Verín

9 de mayo de 2016
en Noticias
A cooperativa Xallas – Santa Comba acollerá un obradoiro de Apoderamento de mulleres socias de cooperativas
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

AGACA e Rede Eusumo achegan o cooperativismo a 100 estudantes de Ferrol e Verín

  • Medio centenar de estudantes do IES de Catabois (Ferrol) e outros 50 do IES García Barbón (Verín) participarán mañá en dous Obradoiros de “Emprendemento Cooperativo Eusumo”, sobre as particularidades do modelo de negocio cooperativo.
  • O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, acudirá xunto cos estudantes do IES García Barbón ás instalacións da Cooperativa Cume do Avia (Pazo de Vieite, Carretera de Ribadavia – Carballiño, Km. 6, vieite – Leiro) ás 12:00h.

wb_rede_eusumo_institutos_verticalMedio centenar de estudantes do segundo ciclo de secundaria do IES de Catabois (Ferrol) visitarán mañá a Fundación Feiraco (Ames) e outros 50 alumnos e alumnas do IES García Barbón (Verín) irán ao Centro de Desenvolvemento Cooperativo Transfronteirizo de Verín para participar en xornadas formativas sobre as particularidades do modelo de negocio cooperativo.

Técnicos de AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) explicarán ao alumnado as vantaxes que o cooperativismo ofrece como modelo de negocio estable e rendible no medio rural, co fin de que o teñan en conta como opción de desenvolvemento profesional cando rematen os seus estudos.

Para reforzar a información teórica, os estudantes do IES de Catabois visitarán as instalacións da cooperativa láctea Feiraco e o alumnado do IES García Barbón desprazarase ata a adega Cume do Avia, dedicada á produción ecolóxica de viño.

Alfonso Marnotes, director xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria, estará presente na visita a Cume do Avia, situada en Santo André de Camporredondo (Ribadavia), para mostrar o apoio da Xunta a esta iniciativa, dirixida a estudantes, de promoción do emprego e o emprendemento baixo o réxime cooperativo.

Rede Eusumo
Durante 2016, unha vintena de centros educativos teñen participado nos Obradoiros de “Emprendemento Cooperativo Eusumo”, promovidos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Rede Eusumo.

Asesoramento, orientación, formación, acompañamento nas iniciativas empresariais, apoio á internacionalización, celebración de encontros internacionais e transfronteirizos, intercambio comercial e cooperación transversal definen a rede transversal de colaboración Eusumo, nacida en 2011.

09/04/2016
  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Contacto
  • Trabaja con nosotros
  • Aviso legal
  • Política de calidad
  • Política de privacidad
  • Perfil del contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Quejas y sugerencias. Asesoramiento al ganadero
  • Canal Interno de Información
  • Comunicación a proveedores
  • Español

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Español

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.