RESUMEN ELABORADO POR
Puede consultar/descargar este resumen de la Resolución en “Documentación” (formato PDF, en gallego) y la resolución completa en el enlace “Web”
— RESOLUCIÓN de 28 de diciembre de 2020 por la que se establecen las bases reguladoras y se anuncia la convocatoria de subvenciones para proyectos de equipos de aprovechamiento de energías renovables y de ahorro y eficiencia energética en las empresas de producción agrícola primaria para el año 2021. Agencia Instituto Energético de Galicia. DOG Nº 8, 14/01/2021.
OBJETO Y NORMATIVA DE APLICACIÓN
1. Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para instalar equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución.
ACTUACIONES QUE SE SUBVENCIONAN
1. Poderán obter dereito a subvención todas aquelas actuacións descritas nos artigos 6 ou 7 e nos anexos I e II destas bases que se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, e o prazo de execución dos proxectos subvencionables iniciarase unha vez que se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade e rematará no prazo previsto no artigo 28.
Para os efectos destas bases, enténdese por inicio dos traballos, conforme a definición recollida no artigo 2 do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, ou ben o inicio dos traballos de construción ou ben o primeiro compromiso en firme para o pedido de equipamentos ou outro compromiso que faga o investimento irreversible, se esta data é anterior. A merca de terreos e os traballos preparatorios, como a obtención de permisos e a realización de estudos previos de viabilidade, non se consideran inicio dos traballos.
2. O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 5.000 euros por actuación (IVE non incluído).
3. Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes. Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes. Cada solicitude conterá un único proxecto técnico, que pode constar dunha soa actuación ou de varias actuacións homoxéneas que se valorarán de xeito conxunto..
BENEFICIARIOS
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases:
a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector de produción agrícola primaria.
Para os efectos desta resolución, consideraranse sector de produción agrícola primaria as actividades incluídas na sección A e, en concreto, as clases da 1.11 á 02.40 do CNAE-2009, ambas incluídas. Tamén serán subvencionables as actividades recollidas no IAE que se correspondan con estas clases do CNAE 2009.
PROYECTOS DE ENERGÍAS RENOVABLES QUE SE SUBVENCIONAN
1. Con carácter xeral, serán proxectos subvencionables os custos de investimento adicionais necesarios para fomentar a produción procedente de fontes renovables. Determinaranse do seguinte xeito:
a) Cando os custos do investimento na produción de enerxía procedente de fontes renovables se poida identificar nos custos totais do investimento como investimento separado, por exemplo, como compoñente engadido, facilmente identificable, a unha instalación xa existente, estes custos relacionados coa enerxía procedente de fontes renovables serán subvencionables.
b) En todos os demais casos, os custos do investimento na produción de enerxía procedente de fontes renovables identificaranse por referencia a un investimento similar, menos respectuoso co medio natural, que se puidese ter realizado de forma crible sen a axuda; a diferenza entre os custos de ambos os investimentos determinará o custo relacionado coa enerxía procedente de fontes renovables e será o custo subvencionable.
Con el obxectivo de garantir o máximo aproveitamento enerxético do combustible e minimizar as emisións de substancias contaminantes á atmosfera, os equipamentos de xeración de calor deberán ser instalacións con avanzadas prestacións operativas, con elevados niveis de eficiencia enerxética e cun bo comportamento con respecto ao ambiente. As instalacións de xeración eléctrica tamén deberán cumprir estes mesmos requisitos
2. No anexo I desenvólvense as distintas tipoloxías de proxectos renovables subvencionables.
Para os efectos destas bases, considéranse enerxías renovables térmicas a biomasa, o biogás, a aerotermia, a xeotérmica e a solar térmica; e considéranse enerxías renovables eléctricas a fotovoltaica e a minieólica.
PROYECTOS DE AHORRO Y EFICIENCIA ENERGÉTICA QUE SE SUBVENCIONAN
Nos proxectos de aforro e eficiencia enerxética considéranse custo elixible os custos de investimento adicionais necesarios para lograr un nivel máis elevado de eficiencia enerxética.
Determinarase do seguinte xeito:
a) Cando os custos do investimento en eficiencia enerxética se poidan identificar nos custos totais do investimento como investimento separado, estes custos relacionados coa eficiencia enerxética serán subvencionables.
b) En todos os demais casos, os custos do investimento en eficiencia enerxética determinaranse por referencia a un investimento similar que implique menor eficiencia enerxética, que se podería realizar de maneira crible sen a axuda; a diferenza entre o custo de ambos os investimentos determinará o custo relacionado coa eficiencia enerxética e será o custo subvencionable.
Os custos dos proxectos que non estean directamente vinculados á consecución dun nivel máis elevado de eficiencia enerxética non serán subvencionados. Non serán subvencionables aqueles proxectos con ratios de aforro enerxético anual de enerxía final inferiores a 1 kWh por € de investimento elixible por considerarse que a finalidade do investimento non é a consecución dunha maior eficiencia enerxética.
2. No anexo II desenvólvense as distintas tipoloxías de proxectos de aforro enerxético subvencionables.
COSTES SUBVENCIONABLES
1. Os proxectos que non cumpran cos requisitos técnicos mínimos recollidos nos artigos 6, 7 e nos anexos I e II non serán subvencionables.
2. Os proxectos ou actuacións que se presenten deberán ser técnica, económica e financeiramente
viables.
3. Non se admitirán no orzamento partidas alzadas; todas as partidas deberán levar as súas correspondentes medicións.
4. Considéranse custos subvencionables o prezo dos equipamentos, a súa montaxe e a posta en marcha.
CUANTÍA DE LAS AYUDAS
A contía da axuda será do 30 % do custo elixible da nova instalación, cun máximo de 100.000 euros por proxecto e de 300.000 euros por empresa, salvo no suposto de instalacións de autoconsumo colectivo, en que se establece unha axuda máxima de 500.000 euros por proxecto e de 500.000 euros por empresa. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.
PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
El plazo de presentación de solicitudes terminará el 15 de febrero de 2021.