RESUMEN ELABORADO POR
Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación” (formato PDF, en gallego) y la Orden completa en español en el enlace “Web”
— ORDEN del 20 de noviembre por la que se establecen las bases reguladoras del programa Emprega Discapacidade e Exclusión, de incentivos a la contratación, formación y empleo con apoyo, y se procede a su convocatoria para el año 2020. Consellería de Economía, Empleo e Industria (DOG Nº 3, 07/01/2020)
OBJETO Y PRINCIPIOS DE GESTIÓN
1. Esta orde ten por obxecto regular as axudas que favorezan a contratación das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social na empresa ordinaria e, especialmente, daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral:
A orde inclúe un programa de incentivos pola contratación, formación e emprego con apoio (código de procedemento TR342A) con tres tipos de bonos compatibles regulados no capítulo II:
a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial, a temporal cunha duración mínima inicial de 3 meses e a transformación de contratos temporais en indefinidos a tempo completo ou a tempo parcial das persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.
b) Bono de formación, dirixido ás persoas traballadoras cunha contratación indefinida inicial ou temporal mínima de 6 meses, beneficiarias do bono de contratación, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.
c) Bono de emprego con apoio, que consiste nun conxunto de actividades de orientación e acompañamento individualizado que prestan, no propio posto de traballo, persoas preparadoras laborais especializadas ás persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, con especiais dificultades de inserción laboral e que realizan a súa actividade en empresas do mercado ordinario de traballo en condicións similares ao resto dos traballadores e traballadoras que desempeñan postos de iguais características.
PROGRAMA DE INCENTIVOS A LA CONTRATACIÓN, FORMACIÓN Y EMPLEO CON APOYO (CÓDIGO DE PROCEDIMIENTO TR342A)
OBJETO DE LOS BONOS DE CONTRATACIÓN POR CUENTA AJENA Y FORMACIÓN
1. Esta orde ten por obxecto regular os incentivos á contratación por conta allea das persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social coa finalidade de fomentar e favorecer a súa integración laboral no mercado ordinario de traballo.
2. Por medio destes bonos as empresas que soliciten a subvención terán a posibilidade de obter axudas para a contratación por conta allea e pola formación. Son dous tipos de axudas compatibles:
a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha axuda para a contratación por conta allea indefinida, a temporal cunha duración mínima de tres meses e a transformación de contratación temporal en indefinida, a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontínuo, das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.
b) Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas traballadoras cunha contratación indefinida inicial ou temporal cunha duración inicial mínima de 6 meses, contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados con el puesto de trabajo, excepto en el caso de transformación de contratos temporales en indefinidos.
PERSONAS DESTINATARIAS FINALES
Persoas con discapacidade ou en situación de risco ou exclusión social desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego como demandantes de emprego non ocupadas e persoas traballadoras con discapacidade procedentes de centros especiais de emprego e de empresas de inserción laboral.
PLAZO DE SOLICITUDES
As solicitudes de axudas dos bonos de contratación e formación para as contratacións por conta allea subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2019 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal ao da publicación e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2020, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado nos parágrafos anteriores.
BONO DE INCENTIVOS A LA CONTRATACIÓN PARA PERSONAS CON DISCAPACIDAD O EN SITUACIÓN DE RIESGO DE EXCLUSIÓN SOCIAL
ÁMBITO DE APLICACIÓN Y CONTRATACIONES SUBVENCIONABLES
Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións por conta allea indefinidas iniciais, as temporais cunha duración inicial mínima de 3 meses e a transformación de contratos temporais en indefinidos, a tempo completo ou a tempo parcial, que se celebren desde o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020.
As contratacións indefinidas iniciais, temporais e as transformacións de contratatacións temporais en indefinidas, para que poidan ser obxecto de subvención, deberanse formalizar e comunicar á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.
Non serán subvencionables os contratos de formación e aprendizaxe.
REQUISITOS
1. A persoa traballadora pola cal se solicita a subvención debe ser persoa desempregada con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, segundo o establecido no artigo 5 desta orde, ou persoas traballadoras que procedan dos centros especiais de emprego (CEE) ou empresas de inserción laboral (EIL).
2. Os incentivos previstos neste procedemento serán de aplicación a todas as contratacións indefinidas inciais, incluídas as de persoas fixas descontínuas, ás modalidades contractuais de carácter temporal e ás transformacións de contratacións temporais en indefinidas que se realicen con persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, agás os contratos para a formación e a aprendizaxe. Os contratos temporais terán unha duración mínima inicial de tres meses.
3. No caso da contratación indefinida inicial ou da transformación de contrato temporal en indefinido:
Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola cal se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo e neto da empresa, no ámbito territorial de Galicia, respecto aos tres meses anteriores ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.
Como consecuencia da transformación do contrato temporal en indefinido ten que in-crementarse o cadro de persoal fixo da empresa, no ámbito territorial de Galicia, respecto aos tres meses anteriores ao mes de realización da transformación pola que se solicita subvención.
Para o cálculo do incremento do cadro de persoal fixo e neto non se computarán ás persoas traballadoras cuxas baixas se producisen por propia vontade da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución do contrato de traballo durante o período de proba.
No caso de que nos tres meses anteriores á contratación ou transformación do contrato temporal en indefinido pola cal se solicita a subvención coincida con períodos de inactividade de persoas traballadoras fixas-descontinuas, estas computaranse como persoal fixo.
4. No caso da contratación temporal cunha duración inicial mínima de 3 meses:
a) Como consecuencia da contratación temporal que se fomenta ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto aos tres meses anteriores ao mes da contratación.
5. No caso da transformación do contrato temporal en indefinido:
a) Se a transformación se produce con anterioridade ao remate da duración inicial dun contrato temporal xa subvencionado, compensarase a parte da subvención concedida correspondente ao período non esgotado reducindo na mesma contía o incentivo pola transformación do contrato en indefinido.
b) Non se incentivará a transformación dos contratos temporais en indefinidos sempre que transcorresen máis de 24 meses desde a súa celebración inicial, agás aquelas modalidades temporais cuxa normativa permita unha duración superior a este prazo, computándose todas as modalidades contractuais celebradas sen ruptura de continuidade.
CUANTÍA DE LOS INCENTIVOS
1. As contratacións indefinidas iniciais realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda de 16.000 euros por cada persoa desempregada con disca-pacidade ou en situación ou risco de exclusión social contratada que cumpra os requisitos mencionados no artigo 26.
No caso de contratacións na modalidade de fixos-descontinuos, a contía do incentivo será proporcional ao tempo de traballo.
2. As contratacións temporais a tempo completo realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse por cada persoa desempregada con discapacidade ou en situación de risco ou exclusión social contratada que cumpra os requisitos que establece o artigo 26 cunha axuda que, de acordo coa duración mínima inicial, será de:
– 2.000 euros por cada contratación temporal cunha duración inicial mínima de 3 meses.
– 4.000 euros por cada contratación temporal cunha duración inicial mínima de 6 meses.
– 8.000 euros por cada contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses.
3. As contías establecidas nos puntos 1 e 2 incrementaranse nun 25 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:
a) Se é unha muller.
b) Se é maior de 45 anos.
c) Se é unha persoa emigrante retornada.
d) Se o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) está situado nun concello rural.
e) Se é trans.
f) Se é unha empresa con máis de 50 persoas traballadoras e cunha taxa de estabilidade igual ou superior ao 70%.
g) Se a actividade da entidade solicitante pertence ao ámbito de sectores estratéxicos.
4. A transformación de contratos temporais en indefinidos a tempo completo incentivarase cunha contía de 6.000 euros; neste caso, non serán aplicables os incrementos establecidos no punto anterior.
5. A contía das subvencións e os incentivos adicionais, se é o caso, será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria legal.
6. Ás contías da subvención pola contratación indefinida e temporal das persoas con discapacidade establecidas no punto 1 e 2 incrementaranse en 1.000 euros, pola adaptación dos postos de traballo ou pola dotación de equipamentos de protección persoal necesarios para evitar accidentes laborais á persoa traballadora con discapacidade contratada, ou por eliminar barreiras ou obstáculos que impidan ou dificulten o traballo das persoas traballadoras con discapacidade. A necesidade da adaptación ou dos medios especiais de protección persoal deberá contar cunha memoria da empresa en que se acredite a necesidade da adaptación ou dotación de equipamentos antes citada.
BONO DE INCENTIVOS A LA FORMACIÓN
ACCIONES SUBVENCIONABLES Y REQUISITOS
1. As empresas que así o soliciten poderán ser beneficiarias dun bono para a formación das persoas traballadoras subvencionadas por medio do bono de contratación indefinida inicial ou temporal previsto nesta orde. Para isto teñen que cumprir os seguintes requisitos:
a) A persoa traballadora que recibe a formación e titorización ten que ser a mesma que participa no programa de bonos de contratación e, polo tanto, cumprir os mesmos requisitos que se establecen para participar na sección 2ª do capitulo II.
b) En canto á duración da acción formativa, esta será dun mínimo de 70 horas no caso dos contratos indefinidos iniciais e dunha duración mínima de 50 horas no caso dos contratos temporais cunha duración mínima de 6 meses, de formación teórica en contidos relacionados co posto de traballo a que asista integramente a persoa traballadora que participa neste programa.
Quedan excluídas deste tipo de axuda:
– A formación nas modalidades de teleformación e a distancia.
– As contratacións temporais inferiores a 6 meses.
c) A formación levarase a cabo dentro da xornada laboral establecida no contrato.
d) A acción formativa deberá estar finalizada o 30 de novembro de 2020.
2. Queda excluída deste bono de formación aquela que supoña o cumprimento de obrigas legais empresariais en materia preventiva a que fai referencia o artigo 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.
LUGAR DE IMPARTICIÓN DE LAS ACCIONES FORMATIVAS
As entidades beneficiarias desenvolverán as accións formativas a través de medios propios ou por medio da súa contratación e poderán realizalas tanto nas súas instalacións como nas da entidade encargada da súa formación.
CUANTÍAS DE LOS INCENTIVOS Y CONDICIONES DE PERCEPCIÓN
Esta formación incentivarase con 2.000 euros por cada persoa contratada por medio dun contrato temporal inicial cunha duración mínima de 6 meses e 4.000 euros por cada persoa traballadora dada de alta nun contrato indefinido inicial e que en ambos os dous casos cumpran os requisitos establecidos na presente orde.