— Bases programa Emprega Muller. Hasta 30/09/2020

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

 

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación” (formato PDF, en gallego) y la Orden completa en español en el enlace “Web”

— ORDEN del 20 de noviembre de 2019 por la que se establecen las bases reguladoras del programa Emprega Muller para la contratación por cuenta ajena, cofinanciado por el programa operativo FSE Galicia 2014-2020, y la formación de las mujeres desempleadas, y se procede a su convocatoria para el año 2020. Consellería de Economía, Emprego e Industria. (DOG Nº 3, 07/01/2020)

OBJETO, FINALIDAD Y PRINCIPIOS DE GESTIÓN

1. Coa finalidade de facilitar a inserción laboral das mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, e proceder á súa convocatoria para o 2020 dos incentivos á súa contratación por conta allea.

2. Por medio desta convocatoria as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación por conta allea e a formación (procedemento TR350A).

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención á contratación indefinida inicial, á contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses, á transformación de contratos temporais en indefinidos que deberán de ser a tempo completo, e no caso de contratos indefinidos a tempo parcial nos cales será subvencionable o incremento de xornada que deberá acadar a xornada a tempo completo ordinaria ou a establecida no convenio colectivo de aplicación.
b) Bono de formación (opcional) dirixido ás mulleres contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo, agás nos casos de incremento da xornada e transformación.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

1. Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten mulleres desempregadas por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

PROGRAMA DE BONO DE CONTRATACIÓN. LÍNEA DE AYUDAS PARA INCENTIVAR LA CONTRATACIÓN POR CUENTA AJENA

ÁMBITO DE APLICACIÓN Y CONTRATACIONES SUBVENCIONABLES

Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación:

Ás contratacións indefinidas iniciais cofinanciadas polo PO FSE Galicia 2014‑2020 e ás contratacións temporais cunha duración inicial mínima de 12 meses que se realicen desde o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020 con mulleres desempregadas.

Ás transformacións en indefinidos de contratos temporais realizadas desde o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020.

Aos incrementos de xornada ata acadar o 100 % da xornada ordinaria ou a establecida no convenio colectivo de aplicación nos contratos indefinidos a tempo parcial que se realicen desde o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020.

REQUISITOS

A contratación realizada coa muller desempregada pola que se solicita a subvención ten que cumprir os seguintes requisitos:
1. No caso da contratación indefinida inicial, cofinanciada polo PO FSE Galicia 2014‑2020, ou a transformación de contrato temporal en indefinido:

a) A xornada da contratación indefinida inicial por conta allea deberá ser, para os efectos de ser subvencionada ao abeiro desta orde de convocatoria, a tempo completo.
b) Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola que se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo e neto da empresa, no ámbito territorial de Galicia, respecto aos tres meses anteriores ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.
Como consecuencia da transformación do contrato temporal en indefinido ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa, no ámbito territorial de Galicia, repecto aos tres meses anteriores ao mes de realización da transformación pola que se solicita
subvención.

2. No caso da contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses:

a) Todas as modalidades contractuais de carácter temporal que se realicen con mulleres desempregadas serán a tempo completo.
b) Os contratos temporais terán unha duración mínima inicial de 12 meses.
c) Como consecuencia da contratación temporal que se fomenta ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto aos tres meses anteriores ao mes da contratación.

3. No caso da transformación do contrato temporal en indefinido:

a) No caso de transformacións de contratos temporais, a xornada do novo contrato indefinido será a tempo completo (excepto as transformacións de contratos temporais en indefinidos na súa modalidade de fixo-descontinuo, que poderá ter unha duración inferior á xornada a tempo completo en cómputo anual).

4. No caso do incremento da xornada laboral do contrato de traballo:

a) A modalidade contractual inicial deberá ser de carácter indefinido a tempo parcial.
b) O incremento subvencionable deberá supoñer o 100 % da xornada ordinaria ou a establecida no convenio colectivo de aplicación.

CUANTÍAS DE LOS INCENTIVOS

1. As contratacións indefinidas iniciais realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda de 12.000 euros por cada muller desempregada contratada sempre que cumpra os requisitos mencionados no artigo 21.

2. As contratacións temporais cunha duración mínima inicial de 12 meses realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda de 6.000 euros por cada muller desempregada sempre que cumpra os requisitos mencionados no artigo 21.

3. As contías establecidas nos puntos 1 e 2 incrementaranse nun 25 % nos seguintes casos, acumulables entre si:

– No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.
– Se a muller contratada é unha emigrante retornada.
– Se a muller contratada é maior de 45 anos.
– Se é unha empresa con mais de 50 persoas traballadoras e cunha taxa de estabilidade igual ou superior ao 70 %.
– Se a actividade da entidade solicitante pertence ao ámbito de sectores estratéxicos.

4. A transformación de contratos temporais en indefinidos a tempo completo incentivarase cunha contía de 4.000 euros; neste caso non serán aplicables os incrementos establecidos no punto anterior.

5. O incremento da xornada laboral dun contrato indefinido a tempo parcial a un contrato indefinido a tempo completo incentivarase cunha contía de 2.000 euros, neste caso non serán aplicables os incrementos establecidos no punto 3.

PROGRAMA DE BONOS DE FORMACIÓN. PROGRAMA DE FINANCIACIÓN DE ACCIONES FORMATIVAS EN EL CENTRO DE TRABAJO

ACCIONES SUBVENCIONABLES Y REQUISITOS

1. As empresas que así o soliciten poderán ser beneficiarias dun bono para a formación das traballadoras subvencionadas por medio do programa de bono de contratación previsto nesta orde. Para isto teñen que cumprir os seguintes requisitos:

a) A muller traballadora que recibe a formación e titorización ten que ser a mesma que participa no programa de bonos de contratación e, polo tanto, cumprir os mesmos requisitos que se establecen para participar no capítulo II.

b) En canto á duración da acción formativa será dun mínimo de 70 horas no caso dos contratos indefinidos iniciais e dunha duración mínima de 50 horas no caso dos contratos temporais, de formación teórica en contidos relacionados co posto de traballo a que asista integramente a muller traballadora que participa neste programa.

c) Exclúese deste tipo de axuda a formación nas modalidades de teleformación e a distancia.

d) A acción formativa terá lugar dentro dos tres primeiros meses desde o inicio do contrato e deberá estar finalizada o 30 de novembro de 2020.

e) Para as contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2019 e a data de publicación desta orde a acción formativa levarase a cabo no prazo de tres meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

2. Queda excluída deste bono de formación aquela que supoña o cumprimento de obrigas legais empresariais en materia preventiva a que fai referencia o artigo 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

LUGAR DE IMPARTICIÓN DE LAS ACCIONES FORMATIVAS

As entidades beneficiarias desenvolverán as accións formativas a través de medios propios ou por medio da súa contratación e poden realizalas tanto nas súas instalacións como nas da entidade encargada da súa formación.

A acción formativa terá lugar dentro da xornada laboral establecida no dito contrato.

CUANTÍAS DE LOS INCENTIVOS Y CONTICIONES DE PERCEPCIÓN

Esta formación incentivarase, no caso das contratacións indefinidas iniciais, cunha axuda de 4.000 euros por cada muller traballadora dada de alta nun contrato indefinido e de 2.000 euros por cada muller contratada por medio dun contrato temporal cunha duración inicial mínima de doce meses e sempre que en ambos os casos cumpran os requisitos establecidos na presente orde.

PLAZO DE PRESENTACIÓN

1. As solicitudes de axudas subvencionables polas contratacións indefinidas iniciais, as contratacións temporais dunha duración inicial mínima de 12 meses, as transformacións de contratos temporais en indefinidos e o incremento da xornada laboral realizados entre o 1 de outubro de 2019 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde (7 DE MARZO)

2. As solicitudes de axudas subvencionables polas contratacións indefinidas iniciais, as contratacións temporais cunha duración inicial mínima de 12 meses, as transformacións de contratos temporais en indefinidos e o incremento da xornada laboral realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal, a transformación do contrato temporal en indefinido e o incremento da xornada laboral, pola que se solicita subvención.

3. O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2020, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado nos parágrafos anteriores.

  • Facebook
  • Twitter

SUSCRÍBETE A NUESTRA REVISTA COOPERACIÓN GALEGA

Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.

    Información sobre protección de datos

    Responsable del tratamiento: UNIÓN DE COOPERATIVAS ASOCIACIÓN GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS AGACA, con domicilio social en RÚA TOMIÑO, 22 ENT. , 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
    Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para la inscripción como suscriptor/a de la revista y las posteriores gestiones.
    Cesiones: No serán cedidos a terceros salvo obligación legal, pudiendo tener acceso a los mismos, de forma incidental, las persnas encargadas de mantener la web en funcionamiento o repartir las revistas.
    Plazo: Los datos serán tratados durante el tiempo necesario para su tratamiento segundo las finalidades descritas, hasta la cancelación por parte de la persona titular de los datos o la pérdida de relevancia de su uso.
    Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos escribiendo a RÚA TOMIÑO, 22 ENT., 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) e incluyendo copia de documento acreditativo de su identidad, o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: derechoslopd@agaca.coop
    Para más información consulte nuestra política de privacidad

    Sí autorizoNo autorizo