RESUMEN ELABORADO POR
Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en gallego en “Documentación” y la Orden completa en español el enlace “Web”
ORDEN del 29 de noviembre de 2021, por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión de ayudas para la ejecución de medidas de promoción del sector vitivinícola en mercados de terceros países, y se convocan para el año 2022. Consellería do Medio Rural. DOG Nº 240, 16/12/2021.
OBJETO
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, e realizar a convocatoria para o ano 2022. O código de procedemento é o MR440D.
BENEFICIARIOS
1. Poderán presentar solicitudes para acollerse ao financiamento das medidas de promoción en terceiros países as seguintes figuras xurídicas con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que non incorran nalgunha das prohibicións do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
a) Empresas vinícolas, considerando como tales aquelas empresas privadas nas cales máis do 50 % da súa facturación proveña dos produtos indicados no anexo IV de acordo co seu último exercicio fiscal cerrado ou cuxa produción supere os 500 hl deses produtos, de acordo co seu último exercicio fiscal pechado.
g) Coperativas que comercializan viños elaborados por elas ou polos seus asociados.
PRODUCTOS Y PAÍSES ADMISIBLES
1. Poderán ser obxecto das accións de información e promoción os produtos de calidade, destinados ao consumo directo, detallados no anexo IV, que conten con posibilidades de exportación ou de novas saídas comerciais en terceiros países e que pertenzan a algunha das seguintes categorías:
a) Viños con denominación de orixe protexida.
b) Viños con indicación xeográfica protexida.
c) Viños en que se indique a variedade ou variedades de uva de vinificación.
CARACTERÍSTICAS DE LAS ACCIONES Y PROGRAMAS
1. As accións e programas estarán claramente definidos, especificando o terceiro país ou países ou mercados do terceiro país ou países a que se dirixen, os tipos de viños que inclúen, as accións e actividades que se pretenden levar a cabo e os custos estimados de cada unha delas:
2. As accións distribuiranse en períodos de 12 meses, que comezarán o 1 de maio de cada ano.
3. As mensaxes basearanse nas cualidades intrínsecas do produto, e deberán axustarse á normativa aplicable nos terceiros países a que van destinadas.
4. No caso dos viños que conten con calidade diferenciada, deberá especificarse a orixe do produto como parte das accións ou programas de información e promoción.
5. Sen prexuízo do disposto nos puntos 3 e 4, as referencias a marcas, se é o caso, poderán formar parte da mensaxe.
6. Anualmente, poderán establecerse directrices sobre as campañas de información e de promoción derivadas da aplicación da normativa básica estatal na materia, que se regularán polo disposto nesta orde.
GASTOS SUBVENCIONABLES
1. Con carácter xeral, serán subvencionables os gastos necesarios para desenvolver as accións e actividades de promoción indicadas no anexo III desta orde, coas limitacións sinaladas nos puntos seguintes
2. Serán subvencionables os gastos administrativos do beneficiario, sempre que os ditos gastos se consignen nunha partida específica do orzamento recapitulativo do programa. Estes gastos incluirán, de ser o caso, os correspondentes ao certificado dos estados financeiros.
3. Tamén se poderán considerar subvencionables os custos de persoal, se se producen con motivo da preparación, execución ou seguimento desa operación subvencionada concreta, incluída a avaliación. Os ditos custos de persoal inclúen os custos do persoal contratado polo beneficiario especificamente con motivo da operación e os custos correspondentes á proporción das horas de traballo investidas na operación por parte do persoal permanente do beneficiario.
4. As condicións para a subvencionabilidade destes e doutros gastos son as establecidas no anexo VIII desta orde.
5. En todo caso, o gasto será subvencionable sempre que:
a) Se faga a actividade promocional subvencionada que orixina o gasto dentro da anualidade do programa, isto é, entre o 1 de maio e o 30 de abril.
b) O gasto sexa efectivamente pagado polo beneficiario con anterioridade á finalización do prazo de xustificación, é dicir, antes do 1 de xuño.
6. Non se poderán considerar subvencionables os custos referidos no anexo IX desta Orde.
GASTOS ATENDIBLES EN LA CONVOCATORIA DE 2022
Para a convocatoria de 2022 serán atendibles os gastos realizados entre o 1 de maio de 2022 e o 30 de abril de 2023.
PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes de axuda para esta convocatoria remata o día 14 de xaneiro de 2022.