RESUMEN ELABORADO POR
Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación”(formato PDF, en gallego) y la orden completa en español en el enlace web.
— ORDEN del 21 de diciembre de 2022 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión de ayudas para la ejecución de medidas de promoción del sector vitivinícola en mercados de terceros países, y se convocan para el año 2023. Consellería do Medio Rural (DOG Nº 245, 27/12/2022).
OBJETO
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, e realizar a convocatoria para o ano 2023. O código de procedemento é o MR440D
CRITERIOS DE ADMISIBILIDAD DE LOS BENEFICIARIOS
1. Poderán presentar solicitudes para acollerse ao financiamento das medidas de promoción en terceiros países as seguintes figuras xurídicas con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia:
a) Empresas vinícolas, considerando como tales aquelas empresas privadas nas cales máis do 50 % da súa facturación proveña dos produtos indicados no anexo IV de acordo co seu último exercicio fiscal cerrado ou cuxa produción supere os 500 hl deses produtos, de acordo co seu último exercicio fiscal pechado
g) Cooperativas que comercializan viños elaborados por elas ou polos seus asociados
PRODUCTOS Y PAÍSES ADMISIBLES
1. Poderán ser obxecto das accións de información e promoción os produtos de calidade, destinados ao consumo directo, detallados no anexo IV, que conten con posibilidades de exportación ou de novas saídas comerciais en terceiros países e que pertenzan a algunha das seguintes categorías:
a) Viños con denominación de orixe protexida (DO)
b) Viños con indicación xeográfica protexida. (IXP)
c) Viños en que se indique a variedade ou variedades de uva de vinificación
AYUDA FINANCIERA
1. A axuda financeira da Unión para as accións de promoción e comunicación non superará o 50 % dos gastos subvencionables, tal e como se establece no artigo 59.7 do Regulamento (UE) 2021/2115, do Parlamento Europeo e do Consello.
2. A contía máxima de axuda solicitada por empresa vinícola non poderá superar o 5 % do orzamento total destinado á intervención de promoción, contemplado na ficha financeira da Intervención Sectorial Vitivinícola para o exercicio financeiro correspondente.
CARACTERÍSTICAS DE LAS ACCIONES Y PROGRAMAS
1. As accións e programas estarán claramente definidos, especificando o terceiro país ou países ou mercados do terceiro país ou países a que se dirixen, os tipos de viños que inclúen, as accións e actividades que se pretenden levar a cabo e os custos estimados de cada unha delas.
2. A estratexia proposta debe ser coherente cos obxectivos fixados para o programa.
3. O beneficiario garantirá que os custos propostos non superan os prezos normais de mercado e se cumpre a moderación de custos.
4. Os mensaxes da promoción basearanse nas cualidades intrínsecas do produto, e deberán axustarse á normativa aplicable nos terceiros países aos que van destinados.
5. No caso dos viños con denominación de orixe protexida e indicación xeográfica protexida, a orixe do produto deberá indicarse como parte da promoción.
6. Sen prexuízo do disposto nos apartados 4 e 5, as referencias ás marcas, no seu caso, poderán formar parte da promoción.
7. O material promocional levará o emblema da Unión Europea e incluirá a seguinte declaración: «Financiado pola Unión Europea». O emblema e a declaración de financiamento exhibiranse de conformidade coas características técnicas establecidas no Regulamento de execución (UE) 821/2014 da Comisión.
Para estes efectos considerarase material promocional os catálogos, carteis e folletos, vídeos e material web que se utilicen na promoción do viño, así como artigos de regalo.
GASTOS SUVBENCIONABLES
1. Con carácter xeral, consideraranse gastos subvencionables aqueles que respondan inequivocamente á natureza da sub-acción subvencionada, se realicen ao longo do período de execución do programa correspondente e sexan abonados polo beneficiario con anterioridade á solicitude de pagamento, salvo as excepcións que poida establecer o órgano competente.
2. Serán subvencionables tamén:
a) Gastos administrativos do beneficiario, sempre e cando non superen o 4 % do total dos custos subvencionables do programa executado. Estes gastos incluirán gastos do beneficiario tales como gastos de administración e xestión (como os gastos informáticos internos), gastos de secretaría, contabilidade, correspondencia, alugueiro, comunicacións, consumos correntes como auga, gas, electricidade, gastos de mantemento e, no seu caso, os gastos correspondentes ao certificado dos estados financeiros, recollido no artigo 18.7.
b) Os gastos de persoal contraídos polo beneficiario, polas filiais no sentido do artigo 31.7, do Regulamento Delegado (UE) 2022/126 da Comisión ou, previa autorización da autoridade competente, por parte dunha cooperativa que sexa membro dunha organiza produtores, se se contraeron en relación coa preparación, a execución ou o seguimento dun programa financiado en concreto.
As condicións para a subvencionabilidade destes e outros gastos son as establecidas no anexo VII desta Orde.
3. O gasto será subvencionable sempre que se cumpran as seguintes condicións:
a) se levara a cabo a sub-acción promocional subvencionada que orixina o gasto dentro da anualidade do programa, isto é, entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro,
b) o gasto fose efectivamente pagado polo beneficiario con anterioridade á finalización do prazo de xustificación, é dicir, antes do 15 de febreiro.
4. Non se poderán considerar subvencionables os custos referidos no anexo VIII desta orde.
GASTOS ATENDIBLES EN LA CONVOCATORIA DE 2022
Para a convocatoria de 2023 serán atendibles os gastos realizados entre o 1 de maio de 2023 e o 31 de decembro de 2023.
PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes de axuda para esta convocatoria remata o día 13 de xaneiro de 2023.