— Ayudas para proyectos piloto agroforestales. Hasta 28/02/2022.

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Resolución en gallego en “Documentación” y la Resolución completa en el enlace “Web”

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as basesreguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020. AGACAL. (Nº 18, 27/01/2022)

OBXECTO

As iniciativas de innovación traduciranse na implantación de proxectos piloto ou no desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías nos sectores agrícola, alimentario e forestal e agroalimentario.

O desenvolvemento poderá entenderse tanto na incorporación de novidades como na aplicación de produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías xa existentes en condicións donde tradicionalmente non se utilizaron previamente. Non obstante, non poderán financiarse proxectos xa realizados en territorios e condicións similares. En ningún caso se financiarán proxectos de investigación básica ou fundamental.

BENEFICIARIOS DAS AXUDAS E OUTROS AXENTES COOPERANTES

1. Poderán acceder á condición de beneficiario das subvencións obxecto da presente resolución:

a) Persoas físicas ou xurídicas e organizacións ou entidades directamente vinculadas á produción primaria en agricultura, gandaría e/ou silvicultura.
b) Persoas físicas ou xurídicas primeiras transformadoras do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.

Non poderán acceder á condición de beneficiarios das subvencións obxecto da presente resolución os centros de investigación e experimentación e centros tecnolóxicos.

2. Na realización da actividade subvencionada poderán participar, ademais dos beneficiarios regulados no punto 1, os axentes cooperantes, e poderán adquirir tal condición as seguintes entidades:

a) Persoas físicas ou xurídicas e organizacións ou entidades (ambas as dúas sen ánimo de lucro) dedicadas á produción primaria en agricultura, gandaría e/ou silvicultura, así como á transformación do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.
b) Centros de investigación e experimentación da Consellería do Medio Rural e centros tecnolóxicos participados por ela, así como outros centros públicos de investigación.
c) Entidades sen ánimo de lucro que promovan a investigación, a innovación e o desenvolvemento do medio rural, así como as que desenvolvan actividades de promoción, asesoramento, dinamización ou financiamento de proxectos nos ámbitos agrario ou forestal.
d) Entidades asesoras na conservación ou uso sustentable dos recursos naturais.
e) Outras entidades con intereses recoñecidos no ámbito rural.

O orzamento das actividades dos axentes cooperantes non poderá ser inferior ao 10 % do orzamento total da proposta de cooperación, excepto no caso de produtores primarios que acrediten a súa participación activa no proxecto.

3. Na acción de cooperación deberán intervir como mínimo dous actores e, cando menos, un deles deberá ser un produtor primario ou pertencer á industria da transformación a que se fai referencia no punto 1 deste artigo, outro deberá ser un dos axentes cooperantes a que se fai referencia no punto 2 deste artigo.

REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS

1. As entidades beneficiarias da acción de cooperación deberán cumprir os seguintes requisitos:

Unha mesma entidade non poderá ser beneficiaria de máis de dúas axudas nesta convocatoria. No caso das entidades que teñan máis de dúas solicitudes que superen a fase de avaliación, só serán admitidas aquelas dúas solicitudes que acadasen a maior puntuación nesta fase.

ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES

1. As áreas prioritarias de actuación das iniciativas de cooperación serán as seguintes:

a) Xestión sustentable das recursos naturais.

• Sistemas de produción agro-silvopastorais con alto grao de diversidade, con manexos ecolóxicos ou integrados. Centrados nas áreas específicas para recursos xenéticos animais e vexetais importantes para Galicia (gandaría de vacún, ovino e cabrún; pastos, forraxes, cereais, froitas, hortalizas, viñedo, plantas industriais e outras).
• Programas específicos dirixidos ás áreas de sanidade animal e vexetal e uso sustentable de produtos fitosanitarios. As iniciativas terán en conta as orientacións e achegas ao impulso dos sistemas agrarios que contribúan á mitigación dos impactos negativos da agricultura sobre o medio, en concreto no relativo á calidade das augas e á emisión de gases de efecto invernadoiro, con especial énfase na xestión dos efluentes procedentes da actividade agraria nas explotacións e a súa valorización como fertilizantes.
• Xestión de recursos hídricos agrícolas, en particular, nas tecnoloxías de xestión e utilización de augas superficiais para a súa utilización sustentable e eficiente na rega de cultivos, control de canais e prevención de inundacións.
• Estudo da eficiencia de uso e do impacto no medio natural dos recursos internos e externos das explotacións (terra, auga, enerxía e nutrientes) co obxectivo de mellorar a produción de alimentos de alta calidade de forma compatible coa prestación de servizos ambientais pola agricultura galega.
• Xestión de fertilizantes nas explotacións agrarias.
• Mitigación do cambio climático en explotacións agrarias para fomentar o paso a unha economía baixa en carbono, lograr mellorar a eficiencia do uso da auga e da enerxía e facilitar o uso de fontes renovables de enerxía.
• Desenvolvemento de tecnoloxías para a preservación e a mellora xenética dos recursos animais e vexetais orientadas á produción de alimentos de calidade, en sistemas sustentables e con reducidoimpacto ambiental.

b) Sistemas agrarios de produción.

• Aumento da sustentabilidade e competitividade dos sistemas de produción agrícola, gandeira e forestal orientado á salvagarda da saúde dos consumidores, á mitigación dos impactos ambientais e á loita contra o cambio climático. Inclúese o desenvolvemento e obtención de novas tecnoloxías, equipamentos e instalacións, maquinaria, sistemas de produción, manexo e recolección de cultivos, así como a mellora xenética, a protección vexetal e animal, o desenvolvemento de axentes de control biolóxicos e o mantemento de especies e ecosistemas autóctonos.
• Tecnoloxías de produción de baixo input de pesticidas e fertilizantes sintéticos e de produción ecolóxica, que teñan en conta a mellora do manexo dos recursos vexetais con respecto a súa composición, resistencia á tensión por axentes bióticos e abióticos, en particular, á seca, malas herbas e axentes patóxenos.
• Estudo da ecoloxía e bioloxía de pragas e enfermidades, malas herbas e outros axentes patóxenos co obxectivo de desenvolver técnicas e ferramentas de manexo sustentable en sanidade vexetal.
• Mellora dos métodos de monitorización, preservación e mellora da fertilidade do solo.
• Mellora da competitividade e sustentabilidade dos cultivos de cereais e leguminosas (gran e forraxe) para alimentación humana e animal. Mellora xenética varietal do rendemento, plasticidade, resistencia e calidade das proteínas, a partir da explotación dos recursos xenéticos autóctonos.
• Desenvolvemento e explotación dos bancos de xenes para a mellora da competitividade e sustentabilidade dos sistemas de produción agraria.
• Mellora e extensión de métodos de seguimento e control de patoloxías parasitarias e infecciosas nas producións animais extensivas e ecolóxicas e outras ameazas á sustentabilidade e seguridade da produción alimentaria.

c) Industria agroalimentaria.

• Tecnoloxías de creación de valor no marco dun sector agroindustrial sustentable e competitivo, orientado á obtención de produtos seguros e saudables.
• Tecnoloxías para asegurar a calidade e autenticidade alimentaria.
• Estudo de métodos e ferramentas para facilitar a transferencia e aplicabilidade dos resultados de proxectos de investigación en innovacións reais dentro do sector agroindustrial galego, dirixidas especialmente tanto a explotacións e cooperativas agrarias, como a pemes agroindustriais, demostrando o potencial de explotación das innovacións e os beneficios económicos e competitivos que se obteñen das innovacións.
• Mecanismos e procedementos para a redución do consumo de enerxía e a optimización dos procesos de control para lograr un procesado de alimentos máis sustentable e competitivo.
• Produción de alimentos tradicionais en pequenas e medianas empresas (en diante, pemes) alimentarias, relacionadas cos beneficios da dieta atlántica galega.
• Biodispoñibilidade de constituíntes funcionais de alimentos en produtos vexetais e animais e a súa relación cos sistemas de produción extensivos e ecolóxicos.
• Mantemento da actividade biolóxica de ingredientes funcionais durante o procesado e conservación de alimentos.
• Busca de novas fontes de ingredientes funcionais adaptadas á realidade produtiva galega, incluíndo o aproveitamento de subprodutos da industria alimentaria.
• Explotación da diversidade bioquímica das plantas a través do desenvolvemento do concepto de biorrefinaría.

d) Cadea agroalimentaria.

• Tecnoloxías para asegurar a seguridade e a autenticidade na cadea alimentaria.
• Medida da pegada de carbono ao longo dos procesos da cadea alimentaria.
• Uso de marcadores para confirmar a calidade e/ou autenticidade dos alimentos.

e) Bioeconomía.

• Custos de produción dos sistemas de produción agrícola, gandeira e forestal aplicados a situacións con limitacións naturais ou outras limitacións específicas, incluídas as situadas en zonas menos favorecidas e de montaña.
• Ferramentas e técnicas de investigación socioeconómica e de soporte á toma de decisións en políticas agrarias dirixidas á solución das necesidades da poboación rural e ao seu desenvolvemento sustentable.
• Tecnoloxías para a medición do impacto da investigación agraria en desenvolvemento, sustentabilidade e competitividade da agricultura galega.

f) Aplicación das tecnoloxías da información e a comunicación (en diante, TIC) ao sector.

2. A duración da iniciativa de cooperación será de tres anualidades

GASTOS SUBVENCIONABLES

1. Custos directos:

a) Custo de persoal. Os gastos debidos á imputación de custos de persoal técnico propio que participe no proxecto calcularanse atendendo aos seguintes importes por hora traballada e para cada categoría laboral. Os ditos importes subvencionables serán os que resultan de dividir as cantidades seguintes entre 1.720 horas, cun máximo anual equivalente á suma total establecida para cada categoría:

• Titulado superior: 38.500 euros anuais.
• Titulado medio: 31.500 euros anuais.
• Técnico de FP de grao superior: 24.000 euros anuais.
• Categorías laborais distintas das anteriores: 20.500 euros anuais.

b) Custo de execución. Serán subvencionables os gastos debidamente xustificados encadrados
nas seguintes categorías:

1º. Material inventariable:
– Adquisición de equipos e equipamento estritamente necesarios para a realización da actuación, na medida e durante o período en que se dediquen ao proxecto en cuestión, e que estean debidamente xustificados.
– Adquisición de fondos bibliográficos relacionados coa actividade.

2º. Adecuación ou mellora de infraestruturas e equipamento.

3º. Servizos tecnolóxicos externos necesarios para o desenvolvemento do proxecto, debidamente xustificados.

4º. Material funxible: adquisición de materiais funxibles ou compoñentes precisos para a execución do proxecto, debidamente xustificados.

5º. Viaxes e axudas de custo relacionadas coa execución do proxecto.

6º. Gastos relacionados coa organización de xornadas ou edición de material de difusión (publicacións, webs, asistencia a congresos ou feiras e visitas recibidas con relación ao proxecto).

7º. Custos derivados do alugamento de equipos, instalacións ou predios destinados á realización das actuacións.

8º. Custos derivados da divulgación e transferencia de resultados, así como aqueles relativos á protección dos resultados (rexistro de patentes incluído).

2. Colaboracións externas cos axentes cooperantes indicados no número 2 do artigo 2 desta resolución.

3. Custos indirectos. En aplicación do previsto no artigo 68.1.b) do Regulamento UE 1303/2013, o custo subvencionable para este concepto será o resultante de aplicar a porcentaxe do 15 % sobre o importe dos custos directos de persoal imputados ao proxecto segundo a solicitude presentada.

CONTÍA DAS AXUDAS

A determinación da contía das axudas realizarase en función do número de solicitudes presentadas e da dispoñibilidade orzamentaria, de acordo cos criterios de priorización establecidos no artigo 16.

A intensidade da axuda aos proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías será do 80 % dos gastos subvencionables.

A contía máxima subvencionada en cada iniciativa de cooperación será de 150.000 euros.

Non se admitirán proxectos cuxa contía real de execución sexa superior a 200.000 euros.

Os proxectos desenvolveranse ao longo de tres anualidades contadas a partir da anualidade 2022.

No anexo I desta resolución deberá especificarse os orzamentos propostos para cada anualidade durante a cal se desenvolverá o proxecto. Os orzamentos do proxecto por anualidades seguirá a seguinte repartición en relación ao orzamento total do proxecto:

primeira anualidade como máximo un 20 %, segunda anualidade como máximo un 60 % e terceira anualidade a porcentaxe restante ata chegar ao 100 %.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de febreiro de 2022.

 

  • Facebook
  • Twitter

SUSCRÍBETE A NUESTRA REVISTA COOPERACIÓN GALEGA

Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.

    Información sobre protección de datos

    Responsable del tratamiento: UNIÓN DE COOPERATIVAS ASOCIACIÓN GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS AGACA, con domicilio social en RÚA TOMIÑO, 22 ENT. , 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
    Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para la inscripción como suscriptor/a de la revista y las posteriores gestiones.
    Cesiones: No serán cedidos a terceros salvo obligación legal, pudiendo tener acceso a los mismos, de forma incidental, las persnas encargadas de mantener la web en funcionamiento o repartir las revistas.
    Plazo: Los datos serán tratados durante el tiempo necesario para su tratamiento segundo las finalidades descritas, hasta la cancelación por parte de la persona titular de los datos o la pérdida de relevancia de su uso.
    Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos escribiendo a RÚA TOMIÑO, 22 ENT., 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) e incluyendo copia de documento acreditativo de su identidad, o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: derechoslopd@agaca.coop
    Para más información consulte nuestra política de privacidad

    Sí autorizoNo autorizo