— Ayudas para daños por lobo. Hasta 30/09/2024

Información de la ayuda

Activa

RESUMEN ELABORADO POR AGACA

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación”(formato PDF, en gallego) y consultar la Orden completa en el enlace “web”.

ORDEN del 19 de diciembre 2023 por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas para paliar los daños producidos por el lobo y se convocan para  el año 2024. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. (DOG Nº 12, 17/01/2024).

OBXECTO E PRINCIPIOS

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras afectadas polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensar os danos ocasionados no seu gando, e proceder á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento MT809B).

PERSOAS BENEFICIARIAS

1. Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando que se especifica no anexo I e que fose afectado por ataques de lobos dentro da Comunidade Autónoma.

REQUISITOS

1. O gando danado polo que se solicita a axuda deberá cumprir cos seguintes requisitos:

a) Pertencer a unha persoa física ou xurídica titular dunha explotación gandeira inscrita na sección correspondente segundo o tipo de gando no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia.

b) O gando bovino, ovino e cabrún deberá cumprir cos requisitos sanitarios establecidos nos programas de control, vixilancia e erradicación de enfermidades que poden afectar as especies gandeiras de acordo coa normativa aplicable para o efecto.

No caso do gando porcino, deberá pertencer á raza Celta e cumprir cos requisitos sanitarios establecidos no Real decreto 599/2011, do 29 de abril, polo que se establecen as bases do Plan de vixilancia sanitaria do gando porcino e no Real decreto 360/2009, do 23 de marzo, polo que se establecen as bases do programa coordinado de loita, control e erradicación da enfermidade de Aujeszky.

c) Estar identificado de acordo coa normativa aplicable para o efecto e, no caso de gando porcino de raza Celta, deberán estar identificados individualmente e estar inscritos no Libro xenealóxico da raza.

ÁMBITO TEMPORAL

Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo lobo que se comuniquen desde o 1 de outubro de 2023 ata o 30 de setembro de 2024.

COMUNICACIÓN DEL DAÑO

1. Nas vinte e catro horas seguintes ao ataque no caso de gando en réxime intensivo e de tres (3) días no caso de gando en réxime semiextensivo ou extensivo, as persoas propietarias das reses deberán poñelo en coñecemento da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mediante unha chamada, no horario hábil, ao teléfono 012, na cal se lles facilitará un código que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente.

O horario hábil de atención telefónica é desde as 8.00 ata as 20.00 horas, de luns a venres, e desde as 8.00 ata as 17.30 horas, os sábados.

Para os danos constatados entre as 17.30 horas dos sábados e as 8.00 horas dos luns, a comunicación da constatación do ataque realizarase nas vinte e catro horas seguintes contados desde as 20.00 horas do domingo.

IMPORTE DE LAS AYUDAS

1. O importe das axudas por morte do gando figura no anexo I desta orde para cuxo cálculo se tivo en conta tanto o dano emerxente como o lucro cesante.

Este importe incrementarase nun 10 % no caso daquelas explotacións en que comprobase a aplicación de medidas preventivas fronte aos ataques do lobo (cans para a protección e defensa do gando, cerrumes de malla electrificada, valados fixos electrificados e valados fixos con malla gandeira ou cinexética), e que fosen avaliadas como axeitadas pola Comisión de Valoración correspondente, de acordo co criterio que fixe ao respecto a Dirección Xeral de Patrimonio Natural para o período de vixencia desta orde.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Os prazos de presentación da solicitude de axuda serán os seguintes:

a) Para os danos comunicados entre o 1 de outubro de 2023 e a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será ata o 17 de febreiro.

b) Para os danos ocasionados a partir da entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será dun mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano.

  • Facebook
  • Twitter