RESUMEN ELABORADO POR
Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación”(formato PDF, en gallego) y la orden completa en español en el enlace web.
— ORDEN de 1 de diciembre de 2022 por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas para paliar los daños producidos por el jabalí en los cultivos agrícolas y se convocan para e año 2023. Consellería de Medio Ambiente, Territorio y Vivienda. DOG Nº 241 (21/12/2022).
OBJETO Y PRINCIPIOS
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas afectadas polos danos causados nos seus cultivos agrícolas polo xabaril, coa finalidade de compensar estes danos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2023.
ÁMBITO DE APLICACIÓN
1. Esta orde será de aplicación aos cultivos agrícolas danados polo xabaril pertencentes a explotacións agrarias situadas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Nos casos en que o cultivo agrícola afectado estea parcialmente situado noutra comunidade autónoma, considerarase dentro do ámbito de aplicación desta orde cando a súa maior parte estea situada na Comunidade Autónoma de Galicia.
PERSONAS BENEFICIARIAS
1. Poderanse acoller a estas axudas:
a) As persoas, físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias onde se constaten os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril, inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga).
b) As persoas, físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias de autoconsumo onde se constaten os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril.
2. O expediente de axudas será único e comprenderá todos os danos producidos polo xabaril a unha mesma persoa beneficiaria antes da colleita.
REQUISITOS
1. Os cultivos agrícolas afectados, polos que se solicita a axuda, deberán pertencer a unha persoa, física ou xurídica, inscrita en calquera das seccións en que se organiza o Reaga e que veñen recollidas no artigo 5.2 do Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, modificado pola disposición derradeira terceira do Decreto 125/2014, do 4 de setembro, polo que se regula en Galicia a venda directa dos produtos primarios desde as explotacións á persoa consumidora final:
a) Explotacións agrarias prioritarias.
b) Explotacións agrarias de titularidade compartida.
c) Explotacións acollidas ao réxime de venda directa (SEVEDI).
d) Outras explotacións agrarias.
2. No suposto de cultivos agrícolas afectados destinados ao autoconsumo, a persoa, física ou xurídica, solicitante da axuda deberá acreditar a titularidade da explotación a través de calquera dos medios de proba admitidos en dereito.
ÁMBITO TEMPORAL
Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas que se comuniquen desde o 11 de outubro de 2022 ata o 10 de outubro de 2023.
COMUNICACIÓN DEL DAÑO
1. No prazo máximo de tres días desde produción dos danos en cultivos agrícolas, as persoas físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias, e os de autoconsumo deberán poñelo en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mediante unha chamada, no horario hábil, ao teléfono 012, na cal se lles facilitará un código de identificación que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente.
O horario hábil de atención telefónica é desde as 8.00 ata as 20.00 horas, de luns a venres, e desde as 8.00 ata as 17.30, os sábados.
2. Unha vez rexistrada a denuncia, o persoal da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda desprazarase ata o lugar dos feitos para comprobar a existencia dos danos, despois da cal se poderá facer a colleita ou continuar co cultivo afectado. Esta valoración recollerase nun informe que será remitido ao correspondente Servizo Provincial de Patrimonio Natural.
3. A partir do 11 de outubro de 2023 poderán realizarse comunicacións por danos de xabaril de acordo co establecido nos parágrafos anteriores e a concesión de axudas quedará condicionada a unha nova convocatoria no ano 2024.
IMPORTE DE LAS AYUDAS
1. O importe das axudas por danos causados nos cultivos agrícolas polo xabaril figura no anexo I desta orde.
2. O importe máximo por persoa beneficiaria establécese en 2.750 €. No caso de que os danos excedan este importe, a persoa beneficiaria terá dereito a axuda máxima, é dicir, 2.750 €.
PLAZO DE PRESENTACIÓN DE LAS SOLICITUDES
Os prazos de presentación da solicitude de axuda serán os seguintes:
a) Para os danos comunicados entre o 11 de outubro de 2022 e a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será dun mes contado a partir da entrada en vigor desta orde.
b) Para os danos comunicados desde a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación da solicitude de axuda será dun mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano ao teléfono 012, de acordo co establecido no artigo 6 desta orde.
ANEXO I
Baremo utilizado para paliar os danos producidos polo xabaril en cultivos agrícolas
Tipo de cultivo | Importe por metro cadrado | |
Código | Descrición | €/m2 |
---|---|---|
MIG | Millo en gran | 0.19 |
MIF | Millo forraxeiro | 0.29 |
TRI | Trigo | 0.14 |
CEN | Centeo | 0.14 |
AVE | Avea | 0.14 |
PRA | Pradeira | 0.14 |
PAT | Pataca | 0.51 |
FRU | Froiteiras (incluída vide) | 3.72 |
HO1 | Hortalizas 1 (cenoria, repolo e nabo) | 0.79 |
HO2 | Hortalizas 2 (coliflor, tomate, berenxena, cabaciña, cebola, feixón verde, leituga, pemento e allo porro) | 2.1 |
VID | Uva | 3.36 |