RESUMEN ELABORADO POR
Puede consultar/descargar este resumen de la Resolución en “Documentación” (formato PDF, en gallego) y la Resolución completa en el enlace “Web”
— RESOLUCIÓN de 23 de diciembre de 2020 por la que se da publicidad al Acuerdo del Consejo de Dirección que aprueba las bases reguladoras de las ayudas para la internacionalización digital de las empresas gallegas (Galicia Exporta Digital 2021), cofinanciadas por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional, en el marco del programa operativo Feder Galicia 2014-2020, y se procede a su convocatoria en régimen de concurrencia no competitiva . DOG Nº 16, 26/01/2021.
FINALIDAD/OBJETIVO
Apoiar ás empresas galegas nos seus procesos de internacionalización dixital conscientes de que o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais supón un enorme potencial para a mellora da competitividade nos mercados internacionais, considerando que o desenvolvemento de plans empresariais de internacionalización dixital repercuten nas posibilidades de negocio, posibilitando a presenza en mercados, facilitando o aceso a clientes, reducindo os custos de transacción e publicidade, e permiten abrir canles comerciais novos, aportando así medios máis eficaces para a potenciación de actividades económicas internacionais e o incremento das exportacións.
BENEFICIARIOS POTENCIALES
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que cumpran a definición de pemes
b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir de 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización, deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.
d)Tamén poderán ser beneficiarias aquelas pemes dedicadas ao comercio retallista, que non precisan estar dadas de alta en programas do punto anterior. e) Que estean ao día das súas obrigas coa Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.
REQUISITOS PRINCIPALES DEL PROYECTO
Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por empresa, cun gasto subvencionable mínimo igual ou superior a 25.000 euros e máximo de 125.000 euros por empresa. De superar este máximo procederase a axustalo gasto a este límite máximo.
No caso do comercio retallista o gasto subvencionable mínimo debe ser igual ou superior a 15.000 euros por empresa e máximo de 125.000 euros por empresa. De superar este máximo procederase a axustalo a este limite máximo.
No caso de empresas do sector da produción agraria e da pesca o gasto subvencionable mínimo debe ser igual ou superior a 15.000 euros e máximo de 37.500 euros no caso de empresas do sector da pesca e 25.000 euros no caso de empresas do sector da produción agraria.
Poderán subvencionarse os seguintes tipos de gastos:
A. Consultaría necesaria para a elaboración de:
a) Diagnóstico de potencial exportador dixital.
b) Plans de internacionalización dixital multicanle.
c) Plans de mercados electrónicos concretos.
d) Gastos de asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital.
B. Software de:
a) Soluciones tecnolóxicas P.I.M. (Product Information Management).
b) Adquisición, programación a medida e integración de conectores entre plataformas e con sistemas de información (ERPs).
c) Solucións de analítica e visualización de datos para elaborar cadros de mando con indicadores (KPI´s).
d) Solucións de intelixencia automatizada para a optimización da supply chain e do fullfillment.
e) Solucións de inbound márketing internacional.
f) Creación e adaptación de tendas online. Estes activos intanxibles serán acreditables segundo se indica no artigo 17.5.f), do Regulamento (UE) nº 651/2014
C. Outros gastos de:
a) Creación e adaptación catálogos online.
b) Campañas de posicionamento SEM.
c) Solucións de software de pago por uso.
O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde o 1 de outubro de 2020 ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data establecida na resolución de convocatoria. Calquera gasto realizado fora deste período non será subvencionable.
INVERSIONES O GASTOS COMPUTABLES
A. Consultaría necesaria para a elaboración de:
a) Diagnóstico de potencial exportador dixital.
Esta análise debe como mínimo analizar a madurez dixital e internacional da empresa e xustificar as oportunidades dunha estratexia de internacionalización dixital para a empresa tendo en conta os seus recursos.
Gasto subvencionable máximo: 3.000 euros
b) Plans de internacionalización dixital multicanle.
Estes plans deben incluír como mínimo unha investigación, avaliación e selección de mercados e canles de vendas tendo en conta o potencial exportador dixital da empresa e os seus recursos dispoñibles.
Gasto subvencionable máximo: 3.000 euros.
c) Plans de mercados electrónicos concretos.
Estes plans deben de conter como mínimo a estratexia e as accións necesarias para deseñar, programar, conectar e posicionar tendas e catálogos online multi-idioma. Así como unha análise SEO de web, catálogos online e/ou tendas online. Análise SEO por mercado xeográfico para Google e/ou buscadores de referencia (Baidu, Yandex para China e Rusia, por exemplo), e/ou SEO en marketplaces tipo Amazon, AliExpress, eBay.
Gasto subvencionable máximo: 5.000 euros.
d) Gastos de asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital.
Aqueles que se relacionen directamente coa operativa dixital internacional como a adaptación ao Regulamento xeral de protección de datos e, en xeral, á operativa import-export no comercio electrónico.
Gasto subvencionable máximo: 5.000 euros.
B. Software de:
a) Soluciones tecnolóxicas P.I.M. (Product Information Management) para crear, xestionar e conectar catálogos dixitais internacionais multi-idioma.
Gastos subvencionable máximo: 6.000 euros.
b) Adquisición, programación a medida e integración de conectores entre plataformas e con sistemas de información (ERPs).
Gasto subvencionable máximo: 30.000 euros.
c) Solucións de analítica e visualización de datos para elaborar cadros de mando con indicadores (KPI´s) para o seguimento e optimización de canles de vendas e de márketing online.
Gasto subvencionable máximo: 30.000 euros.
d) Solucións de intelixencia automatizada para a optimización da supply chain e do fullfillment, por exemplo, para a venda preditiva e o aprovisionamento. Gasto subvencionable máximo: 22.000 euros. e) Solucións de inbound márketing internacional para lograr captar, reter, converter e fidelizar a usuarios de interese obxectivo do negocio online. Inclúese desde a compra das solucións tecnolóxicas, a súa integración e tamén a súa xestión como servizo a vendedores online por parte de axencias.
Gasto subvencionable máximo: 6.000 euros.
f) Creación e adaptación de tendas online.
Gasto subvencionable máximo: 6.000 euros.
Estes activos intanxibles serán acreditables segundo se indica no artigo 17.5.f), que cumpran as condicións do artigo 14.8 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño).
C. Outros gastos de:
a) Creación e adaptación catálogos online para o márketing e vendas en mercados electrónicos obxectivo, tanto B2B como B2C.
Gasto subvencionable máximo: 4.000 euros.
b) Campañas de posicionamento SEM en directorios internacionais con buscadores e en plataformas, incluídos os gastos de axencia.
Gasto subvencionable máximo: 10.000 euros.
c) Solucións de software de pago por uso das mencionadas no apartado B.
Gasto subvencionable máximo: 10.000 euros.
CUANTÍA DE LAS AYUDAS
A subvención será do 80% dos gastos
PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
El plazo de presentación de solicitudes finalizará el 30 de junio de 2021, excepto que se producza el supuesto de agotamiento del crédito.