RESUMEN ELABORADO POR AGACA
Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación” (formato PDF) y consultar la Orden completa en el enlace “web”.
— ORDEN de 29 de diciembre de 2025 por la que se establecen las bases reguladoras del Programa de ayudas para implantar la igualdad laboral, la conciliación y la responsabilidad social empresarial (RSE), y se procede a su convocatoria para el año 2026. Consellería de Emprego, Comercio e Emigración (DOG Nº 32, 18/02/2026).
OBJETO
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, para o ano 2026 as seguintes axudas:
– Liña I. Axudas e incentivos a pemes e a persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras a cargo para implantar a igualdade laboral, (código de procedemento administrativo TR357C)
– Liña II. Axudas para adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral, (código de procedemento administrativo TR357D). Esta liña, comprende 3 subliñas:
Subliña II.1. Incentivos para fomento do teletraballo: incentivarase a adopción de acordos laborais de teletraballo.
Subliña II. 2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria: incentivarase a adopción de acordos laborais de flexibilidade horaria.
Subliña II.3. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo.
– Liña III. Axudas para implantar sistemas de xestión de responsabilidade social empresarial (RSE), (código de procedemento administrativo TR357B)
Estas axudas tramitaranse en réxime de concorrencia competitiva.
PERSONAS BENEFICIARIAS
As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.
Para as liñas II e III tamén poderán presentar solicitude as empresas con centros de traballo en Galicia.
No caso da liña I, as empresas deberán contar como mínimo con dez persoas traballadoras e cun máximo de 49.
Para a liña II, se a solicitude é para as subliñas 1 e 3, as empresas deberán contar cun mínimo dunha persoa traballadora, e se a solicitude é para a subliña 2, as empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras.
Para a liña III, as empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras.
CARACTERÍSTICAS DE LA AYUDA
Liña I. Elaboración e implantación de plans de igualdade (TR357C)
Liña II. Conciliación (TR357D) que, pola súa vez, comprende tres subliñas:
–Subliña II.1. Incentivos para fomento do teletraballo: incentivarase a adopción de acordos laborais de teletraballo.
–Subliña II.2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria. Incentivarase a adopción de acordos laborais de flexibilidade horaria.
–Subliña II.3. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo.
Liña III. Certificacións de RSE (TR357B). Subvencionarase a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial. Poderán ser as que se relacionan ou equivalentes: Empresa Familiarmente Responsable-EFR (conciliación); Global Reporting Initiative (GRI); United Nations Global Compact (Pacto Mundial); ISO 37301; SGE 21; Global Accountability 1000 (AA1000); EMAS, ISO 14000 (ambiente); ISO 16064; UNE-ISO 21401; ISO 50001; SA 8000, IQNet SR10, BEQUAL (discapacidade), ISO 45001 (seguridade e saúde laboral), certificación empresa saudable, e, así mesmo, o Selo Horarios Racionais (SHR).
CONCEPTOS SUBVENCIONADOS
a) Os custos da elaboración dunha diagnose da empresa desde a perspectiva de xénero.
b) Os custos derivados da elaboración dun plan de igualdade que recolla as accións ou medidas que corrixan as deficiencias detectadas na diagnose previa.
c) Os custos derivados da implantación das medidas previstas no plan de igualdade que xa teña aprobado a entidade para o seu primeiro ano de vixencia.
d) A contratación, no grupo de cotización 1 ou 2, a xornada completa e como mínimo dun ano dunha persoa con titulación de grao e con experiencia e/ou coñecementos acreditados en materia de igualdade, co obxecto de asesorar e coordinar en calquera das fases de elaboración e implantación do plan de igualdade.
CUANTÍA DE LAS AYUDAS
Liña I. Elaboración e implantación de plans de igualdade (TR357C)
a) Ata o 80 % dos custos que comporte o proceso de diagnose previa da empresa cun máximo de 3.000 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata de 5.000 € nos demais supostos.
b) Ata o 80 % dos custos derivados da elaboración dun plan de igualdade, cun máximo de 1.500 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata de 3.000 € nos demais supostos
c) Ata o 80 % dos custos derivados da implantación das medidas prioritarias previstas na primeira fase do plan de igualdade cun custo máximo de 1.000 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata 2.000 € nos demais supostos.
d) Unha contía de 12.000 € pola contratación, como mínimo, dun ano dunha persoa experta en igualdade.
Liña II. Conciliación (TR357D):
–Subliña II.1. Incentivos para fomento do teletraballo:
As axudas consistirán nun incentivo de 2.000 euros por persoa traballadora cun acordo de teletraballo, ben por adaptación do contrato que teña na empresa ou ben pola realización dun novo contrato para unha persoa non vinculada á empresa, co límite máximo de 8.000 euros por empresa.
O límite máximo incrementarase en 1.000 euros para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa polo menos igual ca masculina.
–Subliña II.2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria. Incentivarase a adopción de acordos laborais de flexibilidade horaria.
As axudas consistirán nun incentivo de 8.000 euros por empresa solicitante.
O límite máximo incrementarase en 1.000 euros para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa polo menos igual á masculina.
–Subliña II.3. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo.
1. As axudas consistirán nunha subvención de ata o 80 % do investimento, co tope de 1.500 euros por persoa traballadora beneficiada e co límite máximo de 20.000 euros por empresa.
2. A axuda verase incrementada nun 10 % para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa, cando menos, igual á masculina
Liña III. Certificacións de RSE (TR357B).
Será o pagamento do 80 % da totalidade dos custos da certificación obtida cun máximo de 2.000 € por empresa.
A porcentaxe subvencionable dos custos de consultoría non poderá exceder o 30 % da subvención
PERIODO SUBVENCIONABLE
Poderán ser subvencionables as accións para as cales se concede a axuda ou incentivo que se realicen entre o día 1 de xaneiro de 2026 e ata a data de final do prazo de xustificación das actividades.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes irá dende o 19 de febreiro ata o 18 de marzo de 2026.



