— Ayudas: gestión estiércol; invernaderos; energía; tecnología 4.0

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación” (formato PDF, en gallego) y la orden completa en español en el enlace web. 

  • INFORMACIÓN SOBRE:

ANEXO I: Inversiones en los sistemas de gestión de estiércoles en ganadería en Galicia

ANEXO II: Transformación integral y modernización de invernaderos

ANEXO III: Inversiones en eficiencia energética y energías renovables (biogás y biomasa agrícola)

ANEXO IV:  Agricultura de precisión y tecnologías 4.0 en el sector agrícola y ganadero

  • PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 4 de xullo de 2022.

 

ANEXO I: INVERSIONES EN LOS SISTEMAS DE GESTIÓN DE ESTIÉRCOES EN GANADERÍA EN GALICIA

1. OBJETO

favorecer a redución das emisións de gases contaminantes e de efecto invernadoiro nos sectores gandeiros, ben mediante actuacións relacionadas coa adaptación ou cubrición das balsas exteriores de estercos con ou sen aproveitamento enerxético na propia explotación, ben mediante investimentos orientados á mellora da xestión e aproveitamento dos estercos relacionados co tratamento ou valorización das dexeccións gandeiras.

Código do procedemento: MR406D

Gastos que teñen a consideración de gastos subvencionables:

1. Considéranse custos elixibles os que se relacionan a continuación:

a) Os custos de deseño, redacción e dirección do proxecto. Tales gastos, para seren admitidos como custo elixible, deberán atoparse debidamente recollidos e detallados nun documento ou oferta vinculante contractual formalizada co empresario ou profesional correspondente, cuxa copia se achegará xunto co resto de documentación que se debe xuntar á solicitude de axuda.

En ningún caso se admitirá que tales gastos superen o 4 % do importe da axuda solicitada, cun límite de 10.000 euros por expediente.

b) Os custos de execución das obras e instalacións, incluíndo obra civil asociada e instalacións auxiliares necesarias.

c) O investimento en bens, equipamentos e materiais de nova adquisición.

2. Non se consideran custos elixibles as licenzas, taxas, impostos ou tributos.

3. Serán actuacións subvencionables as relacionadas a continuación:

a) Actuación 1-Mellora da eficiencia ambiental das instalacións de almacenamento exterior das dexeccións gandeiras: consistirá na realización dun ou varios dos seguintes investimentos elixibles, con carácter limitativo, relacionados coa adaptación ou cubrición das balsas/depósitos exteriores de estercos novos ou existentes con ou sen aproveitamento enerxético na propia explotación, que reduzan as emisións de amoníaco, gases efecto invernadoiro e gases contaminantes:

a) Cobertura de balsas e outros sistemas de almacenamento de esterco que permitan unha redución de emisións de amoníaco superior ao 80 %, con respecto á técnica de referencia, de balsa de xurro descuberta e sen costra:

1º Cubertas ríxidas de formigón.
2º Cubertas ríxidas de madeira.
3º Cubertas ríxidas de TPO (poliolefina termoplástica).
4º Cubertas flexibles de lona.
5º Almacenamento en bolsa de esterco.
6º Outros sistemas de cuberta ríxida ou flexible.

b) Cubrición de balsas de esterco ou bolsas, con recuperación de metano e combustión en facho ou en caldeira na propia explotación.

b) Actuación 2-Mellora da xestión e aproveitamento dos estercos: consistirá na realización dun ou varios dos seguintes investimentos elixibles, con carácter limitativo, relacionados co almacenamento, tratamento ou valorización das dexeccións gandeiras que non comporten un aumento de emisións de amoníaco, gases efecto invernadoiro e gases contaminantes:

1º Nitrificación-desnitrificación.
2º Separación sólido-líquido.
3º Compostaxe.
4º Construción de novos sistemas de almacenamento ou adaptación dos existentes ata alcanzar o tempo de almacenamento que permita un uso adecuado dos estercos. Estes investimentos non serán elixibles en explotacións gandeiras cuxos titulares estean obrigados a cumprir requisitos específicos para as balsas de esterco con independencia da capacidade máxima ou outros requisitos particulares que se exixan conforme a normativa de ordenación vixente.

4. Con carácter xeral, as actuacións, para que sexan subvencionables, terán un investimento mínimo de 10.000 euros por proxecto de investimento.

Contía das subvencións

1. A intensidade máxima das axudas será, con carácter xeral, dun 50 % do custo elixible, excepto no caso dos beneficiarios incluídos no punto 4.a).2 deste anexo, cuxo límite máximo se establece nun 25 %. Este límite poderá incrementarse 20 puntos porcentuais no caso dos investimentos colectivos, dos realizados polos consorcios ou outra forma de colaboración público-privada ou aqueles cuxos beneficiarios teñan a condición de novos agricultores.

3. A contía máxima da axuda establécese en:

a) Para a actuación 1:
Cubrición de balsas sen aproveitamento enerxético.
i. Para actuacións realizadas polos beneficiarios recollidas no punto 4.a).1.a) 100.000 euros.
ii. Para actuacións realizadas polos beneficiarios recollidas no punto 4.a).1.c) e d) ou investimentos colectivos: 300.000 euros.
Cubrición de balsas con aproveitamento enerxético na propia granxa.
i. Para actuacións realizadas polos beneficiarios recollidas no punto 4.a).1.a) 300.000 euros.
ii. Para actuacións realizadas polos beneficiarios recollidas no punto 4.a).1.c) e d) ou investimentos colectivos: 900.000 euros.

b) Para a actuación 2:
i. Para actuacións realizadas polos beneficiarios recollidas no punto 4.a).1.a) 300.000 euros.
ii. Para actuacións realizadas polos beneficiarios recolleitos no punto 4.a).1.c) e d) ou investimentos colectivos: 900.000 euros.

En todo caso, conforme o artigo 14 do Regulamento (UE) nº 702/2014, do 25 de xuño de 2014, non poderá concederse en ningún caso unha axuda superior a 500.000 euros por empresa e por proxecto de investimento.

 

ANEXO II: TRANSFORMACIÓN INTEGRAL Y MODERNIZACIÓN DE INVERNADEROS

1. OBJETO

Mellorar a competitividade e sustentabilidade dos produtores de cultivo baixo invernadoiro nos sectores de hortalizas, flor cortada e planta ornamental, favorecendo así unha adecuada transición ecolóxi-ca mediante a transformación integral e modernización de invernadoiros.

Código do procedemento: MR406F

Gastos que teñen a consideración de gastos subvencionables:

1. Considéranse custos elixibles os que se relacionan a continuación:

a) Os custos de deseño, redacción e dirección do proxecto.
Tales gastos, para ser admitidos como custo elixible, deberán de atoparse debidamente recollidos e detallados en documento ou oferta vinculante contractual formalizada co empresario ou profesional correspondente, cuxa copia se acompañará xunto co resto de documentación que debe acompañar á solicitude de axuda.
En ningún caso se admitirá que tales gastos superen o 4 % do importe da axuda solicitada, cun límite de 10.000 euros por expediente.

b) Os custos de execución das obras e instalacións, incluíndo obra civil asociada e instalacións auxiliares necesarias.

c) O investimento en bens, equipamentos e materiais de nova adquisición.

2. Non se consideran custos elixibles as licenzas, taxas, impostos ou tributos.

3. Serán actuacións subvencionables as relacionadas a continuación:

a) Actuación 1 –Transformación integral: a transformación integral do invernadoiro consistirá na demolición dun invernadoiro preexistente e a súa substitución por outro invernadoiro que cumpra as características mínimas e a realización dunha ou varias dos investimentos elixibles.
A superficie de invernadoiro substitutivo poderá superar a do substituido no caso de que o incremento sexa necesario para alcanzar a «superficie mínima», ou para incorporar áreas da mesma parcela, susceptibles de seren invernadas que antes da intervención tivesen usos secundarios, tales como: camiños, balsas, instalacións eléctricas ou outras instalacións non produtivas asociadas ao invernadoiro substituído.

b) Actuación 2 – Modernización: consistirá na realización dun ou varios dos investimentos elixibles, nun invernadoiro preexistente, debendo reunir o invernadoiro resultante polo menos as características mínimas. A superficie do invernadoiro modernizado poderá superar á do preexistente só no caso de que o incremento sexa necesario para alcanzar a «superficie mínima».

Investimentos elixibles en ambas as actuacións:

1. Serán investimentos elixibles de tipo produtivo as relacionadas a continuación, con carácter limitativo:

Para os produtores de hortalizas ou flor cortada ou planta ornamental:

a) Instalación dun sistema de dobre porta.
b) Instalación dun sistema de dobre teito.
c) A implantación dun sistema automatizado de ventilación cenital en todos os módulos e lateral en todo o perímetro.
d) A instalación de pantallas térmicas/de asombrado que funcionen de maneira automática segundo a temperatura e a radiación.
e) A instalación de sistemas de humidificación automática.
f) A instalación de nebulizadores.
g) A instalación de destratificadores.
h) A instalación de iluminación.
i) Instalación de sistemas de fertilización carbónica (sistemas de recuperación de gases en inxección de sistemas de CO2 puros).
j) A instalación dun sistema de refrixeración cooling ou fog system con ventiladores recirculadores
k) A instalación dun sistema de calefacción por auga.
l) A instalación dun sistema automatizado de rega por goteo ou de fertirrigación.
m) A instalación de material de cuberta: plástico ríxido (policarbonato) e vidro.

Para os produtores de flor cortada ou planta ornamental:

a) A instalación de mesas.
b) A instalación de máquinas sementadoras, endredoras de testos e mesturadoras de substratos.

2. Adicionalmente, serán investimentos elixibles de tipo non produtivo as relacionadas a continuación, con carácter limitativo:

Para os produtores de hortalizas ou flor cortada ou planta ornamental:

a) Instalación dun sistema de aproveitamento de augas pluviais: canalización e balsa de almacenamento.
b) O acondicionamento da balsa de rega para o fomento da biodiversidade.
c) Creación de refuxios de biodiversidade (sebes perimetrais: 1m de anchura ou equivalente ao 4 % da superficie do invernadoiro).
d) A instalación dunha planta de compostaxe na explotación dos socios ou en terreo da entidade asociativa, de ser o caso.
e) A instalación de sensores de rega.
f) A instalación de sensores de análises de nutrientes.
g) A instalación de sensores de lumínicos.
h) A instalación de sensores de humidade.
i) A instalación de sensores de variables atmosféricas.
j) A instalación de enerxías renovables cuxo fin sexa cubrir as necesidades enerxéticas da explotación.
k) Para cultivo en hidroponía: instalación de sistemas de recollida, desinfección, almacenaxe e recirculación da auga de drenaxe.

Para os produtores de flor cortada ou planta ornamental:
A instalación de infraestrutura de recollida e reutilización da auga de rega, con sistema de análise do fertilizante en auga.

3. No referente á transformación integral, considéranse elixibles os custos de demolición do invernadoiro preexistente e da construción da estrutura do invernadoiro resultante.

4. Con carácter xeral, para que sexan subvencionables as actuacións deberán cumprir os seguintes requisitos de investimento mínimo:
a) Para a actuación 1-Transformación integral: 160.000 euros/hectárea
b) Para a actuación 2-Modernización: 100.000 euros/hectárea

Contía das subvencións

1. A intensidade máxima das axudas para cada unha das tipoloxías de investimento elixibles será a seguinte:
a) Para os investimentos de tipo produtivo:
Límite máximo: 40 % do custo elixible.

b) Para os investimentos de tipo non produtivo:
Límite máximo: 65 % do custo elixible.

Estes límites poderán incrementarse en 20 puntos porcentuais, no caso dos investimentos colectivos ou de investimentos cuxos beneficiarios teñan a condición de novos agricultores.

ANEXO III: INVERSIONES EN EFICIENCIA ENERGÉTICA Y ENERGÍAS RENOVABLES (BIOGÁS Y BIOMASA AGRÍCOLA)

1. OBJETO

Apoiar os investimentos destinados a mellorar a eficiencia enerxética, así como a xeración de enerxía a partir de fontes renovables, en particular biogás e biomasa agrícola, fomentar a economía circular a través da valorización enerxética das dexeccións na gandaría para obter biogás a partir do esterco, que sirva para o autoconsumo enerxético nas granxas e as actuacións en materia de xestión, provisión e acondicionamento de biomasa de orixe agrícola, permitindo reducir o consumo final de enerxía fósil nas explotacións agropecuarias.

Código do procedemento: MR406G

Gastos que teñen a consideración de gastos subvencionables:

1. Considéranse custos elixibles os que se relacionan a continuación:

a) Os custos de deseño, redacción e dirección do proxecto.

Tales gastos, para ser admitidos como custo elixible, deberán de atoparse debidamente recollidos e detallados en documento ou oferta vinculante contractual formalizada co empresario ou profesional correspondente, cuxa copia se acompañará xunto co resto de documentación que debe acompañar á solicitude de axuda.
En ningún caso se admitirá que tales gastos superen o 4 % do importe da axuda solicitada, cun límite de 10.000 euros por expediente.

b) Os custos de execución das obras e instalacións, incluíndo obra civil asociada e instalacións auxiliares necesarias.

c) O investimento en bens, equipamentos e materiais de nova adquisición.

2. Non se consideran custos elixibles as licenzas, taxas, impostos ou tributos.

3. Serán actuacións subvencionables as relacionadas a continuación:

a) Actuación 1 – Mellora da eficiencia enerxética en edificios, naves e instalacións auxiliares das explotacións agrícolas e gandeiras. Non se considerarán instalacións auxiliares as relacionada cos equipamentos de bombeo e rega na propia explotación.
Serán investimentos elixibles no marco da actuación 1 os relacionados a continuación, con carácter limitativo:

a) Instalación de sistemas de illamento, de recirculación do aire e sistemas de climatización e ventilación.
b) Instalación de sistemas de control e medición para optimizar o uso enerxético.
c) Substitución de caldeiras obsoletas ou alimentadas por combustibles fósiles (gas, gasóleo, fuel óleo) por caldeiras de biomasa. Non se considerará elixible a substitución dun xerador térmico por outro que utilice combustible de orixe fósil.
d) Substitución de caldeiras obsoletas de biomasa por outras máis modernas e eficientes, tamén de biomasa.
e) Investimentos específicos en eficiencia enerxética de naves gandeiras, entre outros, variadores de velocidade en bombas sen carga de sistemas de muxidura; sistemas de prearrefriamento de leite; sistemas de recuperación de enerxía.

b) Actuación 2Valorización enerxética de estercos e de biomasa agrícola:

1º Investimentos en plantas de biogás de pequena capacidade.

2º Medidas en materia de xestión de biomasa agrícola con destino final enerxético.
As axudas dirixiranse á adquisición de maquinaria, destinada á provisión e acondicionamento de biomasa agrícola, así como á construción de centros loxísticos e investimentos en estruturas de almacenamento desta, para o seu uso final en aplicacións de alta eficiencia enerxética, entendendo como tal:
– As que, en xeración de calor, teñan unha eficiencia maior do 80 %.
– As que, en xeración eléctrica, teñan unha eficiencia maior do 55 %.
– As que, en sistemas mixtos como a coxeración, teñan unha eficiencia maior do 80 %.
As características da biomasa obtida deberán adecuarse aos requisitos especificados para os seus usos posteriores. En concreto, cando o seu uso final se realice en instalacións de uso non industrial, deberase cumprir o previsto na disposición adicional primeira do Real decreto 818/2018, do 6 de xullo, sobre medidas para a redución das emisións nacionais de determinados contaminantes atmosféricos. As máquinas que se adquiran, deben incorporar tecnoloxías que permitan unhas técnicas agrícolas máis respectuosas co ambiente e garantir a maior seguridade no traballo no campo.

Serán investimentos elixibles no marco da actuación 2 os relacionados a continuación, con carácter limitativo:

a) Instalación de plantas de biogás de baixa capacidade cuxo fin sexa cubrir as necesidades enerxéticas da explotación ou grupo de explotacións.
b) Adquisición de maquinaria para a xestión e provisión de biomasa agrícola con destino enerxético.
c) Adquisición de maquinaria para a redución de tamaño de biomasa agrícola con destino enerxético.
d) Adquisición de maquinaria para a homoxeneización, cribaxe e acondicionamento de produtos triturados procedentes de biomasa agrícola.
e) Construción de centros loxísticos e investimentos en estruturas de almacenamento de uso colectivo de biomasa agrícola con destino final enerxético.

4. Con carácter xeral, para que sexan subvencionables as actuacións deberán cumprir os seguintes requisitos de investimento mínimo:
a) Para a actuación 1: 10.000 euros/proxecto de investimento.
b) Para a actuación 2: 15.000 euros/proxecto de investimento.

Gastos que teñen a consideración de gastos subvencionables:

1. A intensidade máxima das axudas, para cada unha das actuacións subvencionables, será a seguinte:
a) Para os investimentos correspondentes á actuación 1:
Límite máximo: 30 % do custo elixible.
b) Para os investimentos correspondentes á actuación 2:
Límite máximo: 45 % do custo elixible.

 

ANEXO IV: AGRICULTURA DE PRECISIÓN Y TECNOLOGÍAS 4.0 EN EL SECTOR AGRÍCOLA Y GANADERO

1. OBJETO

Apoiar a agricultura e a gandaría de precisión que contribúe de maneira significativa á seguridade alimentaria, á inocuidade dos alimentos e a promover unhas prácticas agrarias máis sustentables. A revolución dixital será funda-mental na loita contra o cambio climático, polo que se necesita impulsar o desenvolvemento e a implantación das devanditas tecnoloxías, a difusión da súa utilidade e a formación de usuarios para aproveitar todo o seu potencial.

Código do procedemento: MR406E

Gastos que teñen a consideración de gastos subvencionables:

1. Considéranse custos elixibles os que se relacionan a continuación:

a) Os custos de deseño, redacción e dirección do proxecto.
Tales gastos, para ser admitidos como custo elixible, deberán de atoparse debidamente recollidos e detallados en documento ou oferta vinculante contractual formalizada co empresario ou profesional correspondente, cuxa copia se acompañará xunto co resto de documentación que debe acompañar á solicitude de axuda.
En ningún caso se admitirá que tales gastos superen o 4 % do importe da axuda solicitada, cun límite de 10.000 euros por expediente.

b) A adquisición de licenzas de software, maquinaria e equipamentos agrarios incluídos na seguinte listaxe:

 

c) Os gastos de contratación dos servizos de asesoramento especializado no uso da maquinaria e dispositivos para a aplicación práctica das tecnoloxías obxecto deste programa de apoio, cuxo importe máximo non superará en ningún caso o 10 % da contía correspondente ao proxecto de investimento solicitado.

2. Non se consideran custos elixibles as taxas, impostos ou tributos. Tampouco se considerarán gastos subvencionables os servizos prestados por persoas, entidades ou empresas vinculadas co beneficiario último da axuda, entendendo por tales as que respondan á definición do artigo 68.2 do regulamento da Lei xeral de subvencións, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

3. Non se concederán axudas aos proxectos solicitados cando súa contía non supere un importe mínimo de 5.000 euros.

Contía das subvencións

1. A intensidade máxima da axuda será do 40 % dos custos elixibles.
Con todo, este límite poderá incrementarse 20 puntos porcentuais, no caso dos investimentos colectivos, nos realizados polos consorcios ou outra forma de colaboración público-privada ou de beneficiarios que teñan a condición de novos agricultores.

2. A contía máxima da axuda será de 300.000 euros.

 

 

INFORMACIÓN EXTRAÍDA DE: — ORDEN de 28 de abril de 2022 por la que se establecen las bases reguladoras de concesión de las ayudas a las inversiones en sistemas de gestión de estiércoles en ganadería, a la transformación integral y modernización de invernaderos, a las inversiones en eficiencia energética y energías renovables y a la aplicación de agricultura de precisión y tecnologías 4.0 en el sector agrícola y ganadero, y se convocan para el año 2022 (códigos de procedimiento MR406D, MR406E, MR406F y MR406G), en el marco del Plan de recuperación, transformación y resiliencia, financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU. Consellería de Emprego e Igualdade. DOG Nº 35 (21/02/2022).

  • Facebook
  • Twitter

SUSCRÍBETE A NUESTRA REVISTA COOPERACIÓN GALEGA

Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.

    Información sobre protección de datos

    Responsable del tratamiento: UNIÓN DE COOPERATIVAS ASOCIACIÓN GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS AGACA, con domicilio social en RÚA TOMIÑO, 22 ENT. , 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
    Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para la inscripción como suscriptor/a de la revista y las posteriores gestiones.
    Cesiones: No serán cedidos a terceros salvo obligación legal, pudiendo tener acceso a los mismos, de forma incidental, las persnas encargadas de mantener la web en funcionamiento o repartir las revistas.
    Plazo: Los datos serán tratados durante el tiempo necesario para su tratamiento segundo las finalidades descritas, hasta la cancelación por parte de la persona titular de los datos o la pérdida de relevancia de su uso.
    Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos escribiendo a RÚA TOMIÑO, 22 ENT., 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) e incluyendo copia de documento acreditativo de su identidad, o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: derechoslopd@agaca.coop
    Para más información consulte nuestra política de privacidad

    Sí autorizoNo autorizo