— Ayudas Galicia Exporta Dixital 2024. Hasta 03/02/2024.

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Resolución en “Documentación”(formato PDF, en gallego) y consultar la Resolución completa en el enlace “web”.

RESOLUCIÓN de 19 de diciembre de 2023 por la que se da publicidad del Acuerdo del Consejo de Dirección que aprueba las bases reguladoras de las ayudas para la ejecución de acciones de promoción exterior de las empresas gallegas (Galicia Exporta Empresas 2024), susceptibles de ser cofinanciadas por la Unión Europea en el marco del programa Galicia Feder 2021-2027, y se procede a su convocatoria para el año 2024, en régimen de concurrencia competitiva. IGAPE (DOG Nº 2, 03/01/2024).

OBJETO Y FINALIDAD

Estas axudas teñen como obxecto apoiar as empresas galegas nos seus procesos de internacionalización dixital, xa que o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais supón un enorme potencial para a mellora da competitividade nos mercados internacionais. Considérase que o desenvolvemento de plans empresariais de internacionalización dixital repercute nas posibilidades de negocio das empresas, posibilita a presenza en mercados exteriores, facilita o aceso a clientes, reduce os custos de transacción e publicidade, e permite abrir novas canles comerciais, polo que se achegan así medios máis eficaces para a potenciación de actividades económicas internacionais e o incremento das exportacións.

O obxecto último destas bases o desenvolvemento e a implementación dun plan de internacionalización dixital de empresa e as necesidades específicas en materia de márketing dixital internacional.

PERSONAS Y ENTIDADES BENEFICIARIAS

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes
requisitos:

a) As pequenas e medianas empresas (pemes), calquera que sexa a súa forma xurídica.
b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) As pemes deberán contar no devandito centro, polo menos, cun traballador por conta allea na data de publicación no DOG destas bases de axudas.
d) Que teñan un importe de facturación no último exercicio con obriga de depósito de contas anuais no Rexistro Mercantil, ou de presentación da declaración da renda, como mínimo do dobre do proxecto presentado pola empresa na súa solicitude de axuda.

ARTÍCULO 5. CONCEPTOS SUBVENCIONABLES

1. Serán subvencionables os gastos que correspondan de xeito indubidable á iniciativa de internacionalización dixital das pemes galegas. Os gastos clasifícanse en:
Custos directos: determinados con base no seu custo real que se corresponden cos descritos nas letras a), b), c) e d) do punto 2.

Custos indirectos: determinados mediante un método de custo simplificado consistente nun tipo fixo do 7 % dos custos directos subvencionables.

2. Poderanse subvencionar os seguintes tipos de conceptos:
a) Consultoría.
b) Aplicacións informáticas
c) Outros conceptos.
d) Custos indirectos.

CUANTÍA DE LAS AYUDAS Y CRITERIOS DE EVALUACIÓN Y SELECCIÓN DE SOLICITUDES

A contía da axuda será dunha subvención do 60% dos custos directos subvencionables relacionados no artigo 5 punto 2, letras a), b) e c). Ademais, percibirase a contía resultante de aplicar un tipo fixo do 7 % sobre a totalidade dos custos directos subvencionables en concepto de costes indirectos da operación.

3. Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por empresa, cun gasto subvencionable mínimo igual ou superior a 12.000 € e máximo de 100.000 € por empresa. De se superar este máximo, axustarase a este límite máximo. No caso de empresas do sector da produción agraria e da pesca, o gasto subvencionable mínimo debe ser igual ou superior a 14.000 € e máximo de 40.000 € no caso de empresas do sector da pesca, e 25.000 € no caso de empresas do sector da produción agraria. De se superar este máximo, axustarase
a este límite máximo.

 PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes remata o 3 de febreiro de 2024.

  • Facebook
  • Twitter