— Ayudas FEADER a transformación y comercialización. Hasta 05/02/2024

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO POR

Agaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación”(formato PDF, en gallego) y consultar la Orden completa en el enlace “web”.

ORDEN do 15 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2024. Consellería do Medio Rural. (DOG Nº 4, 05/01/2024).

OBJETO

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas da Consellería do Medio Rural para os investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agrícolas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario de 2024.

As axudas consistirán en subvencións, cuxa concesión se efectuará mediante concorrencia competitiva, así como en garantías para préstamos destinados a financiar os investimentos, cuxa concesión se efectuará mediante concorrencia non competitiva. As solicitudes de axuda poderán incluir soamente unha destas dúas modalidades de axuda, ou ben conxuntamente as dúas, xa que son combinables entre sí nas condicións indicadas nesta orde.

BENEFICIARIOS

Poderán acollerse a estas axudas os empresarios individuais ou sociedades que sexan ou vaian ser titulares de instalacións obxecto da axuda dedicadas á transformación e/ou comercialización de produtos do anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, e sobre as cales recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren incentivables.

INVERSIONES SUBVENCIONABLES

1. Considéranse subvencionables, con carácter xeral, os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Gali cia destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, considerando como tales os produtos enumerados no anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, excepto os produtos da pesca. Así mesmo, poderán subvencionarse investimentos relativos a procesos de transformación nos cales interveñan produtos non incluídos no anexo I do Tratado, se estes son un compoñente menor do produto final. Considerarase que son un compoñente menor cando a cantidade ou valor económico total deles non supere o 25 % do peso ou valor económico total do produto final.

2. Os produtos resultantes dos procesos de transformación e/ou comercialización poderán ser produtos agrarios (incluídos no anexo I do Tratado) ou non agrarios (non incluídos no anexo I do Tratado). Para estes efectos considerarase que os produtos resultantes dos procesos de transformación e/ou comercialización son produtos agrarios cando a súa totalidade estea incluídas no anexo I do Tratado.

3. Non obstante, non serán subvencionables:
a) Os proxectos en que o importe total dos investimentos subvencionables sexa inferior a 60.000 €.
b) No sector vitivinícola os investimentos relativos aos produtos descritos na parte XII do anexo I do Regulamento UE nº 1308/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro, relativo aos produtos amparados polos programas de apoio no sector vitivinícola, xa que poden ser subvencionados a través deses programas específicos.

4. Os tipos de gasto subvencionables son os seguintes:
a) Construción, adquisición e mellora de bens inmobles. A compra de terreos ata un valor inferior ao 10 % do total dos gastos subvencionables.
b) Compra de maquinaria e equipamentos novos, ata o seu valor de mercado.
c) Os seguintes investimentos intanxibles: adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos así como adquisicións de patentes, licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas relacionadas cos procesos produtivos.
d) Os custos xerais vinculados as letras a) e b) anteriores consistentes en honorarios de proxecto e dirección de obra, así como en estudos de viabilidade. En todo caso, o importe admisible nestes custos non poderá superar o 12 % do importe total dos investimentos subvencionables das letras a), b) e c) anteriores.

5. Non serán, porén, obxecto de axuda os investimentos relativos aos conceptos e actividades sinalados no anexo I desta orde.

CUANTÍA DE LAS AYUDAS

As porcentaxes máximas de axuda serán as seguintes:

Tipos de produtos finais Tipo de empresa solicitante
Microempresas e pequenas empresas Empresas medianas Empresas non pemes
Incluídos na súa totalidade no anexo I do Tratado 50% 50% 50%
Non incluídos na súa totalidade no anexo I do Tratado 35% 25% 15%

3. En calquera caso, o importe da axuda concedida mediante esta orde a un proxecto presentado non superará os importes indicados a continuación, aplicables por tramos do investimento subvencionable total e establecidos en función da puntuación derivada da
aplicacion dos criterios de valoración mencionados no artigo 14:

Investimento subvencionable (tramos do seu importe total) Importe máximo da axuda (para cada tramo do investimento total subvencionable)
Puntuación menor de 40 puntos Puntuación entre 40 e 55 puntos
Importe max. por tramo Importe max. por tramo
Ata 2 mill. € 500.000,00 € 600.000,00 €
Exceso de 2 mill. € ata 4 mill. € 400.000,00 € 500.000,00 €
Exceso de 4 mill. € ata 6 mill. € 300.000,00 € 400.000,00 €
Exceso de 6 mill. € ata 8 mill. € 300.000,00 € 400.000,00 €
Exceso de 8 mill. € ata 10 mill. € 300.000,00 € 400.000,00 €
Exceso de 10 mill. € ata 12 mill. € 300.000,00 € 400.000,00 €
Exceso de 12 mill. € ata 15 mill. € 300.000,00 € 400.000,00 €
Exceso de 15 mill. € ata 18 mill. € 300.000,00 € 300.000,00 €
Exceso de 18 mill. € ata 21 mill. € 300.000,00 € 300.000,00 €
Exceso de 21 mill. € ata 25 mill. € 300.000,00 € 300.000,00 €
Exceso de 25 mill. € ata 30 mill. € 300.000,00 € 300.000,00 €
Exceso de 30 mill. € 300.000,00 € 300.000,00 €

Aos proxectos cunha puntuación superior a 55 puntos non se lles aplicarán limitación ningunha do importe de subvención por tramos de investimento.

4. Así mesmo, o importe da subvención ou subvencións concedidas a un mesmo beneficiario non será superior a 3.000.000 € cando o investimento total subvencionable non chegue ao importe de 15.000.000 €, e non será superior a 7.000.000 € cando o investimento total subvencionable sexa de 15.000.000 €. ou maior.

 PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes remata o 5 de febreiro de 2024.

  • Facebook
  • Twitter