RESUMEN ELABORADO POR
Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en gallego en “Documentación” y la Orden completa en español en el enlace “Web”
ORDE do 123 de diciembre de 2021 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión, en régimen de concurrencia no competitiva, de las subvenciones para el fomento del emprendimiento en economía social (programa Aprol-Economía social) y se convocan para el año 2022. Consellería de Emprego e Igualdade. (Nº 14, 21/01/2022)
OBJETO Y FINALIDAD
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria das subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria coa finalidade de fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais e apoiar o desenvolvemento de proxectos de emprendemento colectivo en empresas de economía social.
2. Establécense os seguintes programas de axudas:
a) Programa I: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais (procedemento TR802G).
b) Programa II: fomento do acceso á condición de persoa socia (procedemento TR802J).
SUBVENCIONES BAJO CONDICIONES DE MINIMIS
Os incentivos establecidos nesta orde quedan sometidos ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos establecidos nos seguintes regulamentos, segundo proceda.
Programa I: fomento del empleo en cooperativas y sociedades laborales
FINALIDAD
Este programa ten por obxecto establecer incentivos para o fomento da incorporación de persoas socias traballadoras ou de traballo en cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido ou en proba.
ENTIDADES BENEFICIARIAS Y CONDICIONES PARA LA OBTENCIÓN DEL INCENTIVO
1. Poderán acollerse aos incentivos previstos neste programa as cooperativas e sociedades laborais que incorporen como persoas socias traballadoras ou de traballo con carácter indefinido, en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, as seguintes persoas:
a) Persoas que no momento da incorporación sexan desempregadas inscritas como demandantes de emprego.
b) Persoas que no momento da súa incorporación estean vinculadas á cooperativa ou sociedade laboral por un contrato de traballo temporal.
c) Persoas que no momento da súa incorporación sexan socias a proba da cooperativa a que se incorporan, sempre e cando estiveren desempregadas e inscritas como demandantes de emprego no momento de incorporarse como tales persoas socias a proba.
d) Persoas que no momento da súa incorporación sexan persoas asalariadas dunha empresa que se transforme nunha cooperatia ou sociedade laboral, sempre que non teñan a condición de socias da empresa transformada.
CUANTÍA DE LOS INCENTIVOS
1. Por cada persoa que se incorpore con carácter indefinido e a xornada completa, a subvención ascenderá a 6.000 € con carácter xeral.
Esta contía incrementarase nas porcentaxes que se sinalan a seguir, que son acumulables entre si:
a) Un 25 % se a persoa incorporada é unha muller.
b) Un 25 % se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.
c) Un 25 % se a persoa incorporada ten máis de 45 anos.
d) Un 25 % se a persoa incorporada ten a condición de emigrante retornada.
e) Un 25 % se a persoa ten a condición de trans.
f) Un 25 % no caso de que o centro de traballo ao que se incorpora a persoa socia estea situado nun concello rural.
g) Un 25 % se se trata dunha cooperativa xuvenil.
2. Por cada mozo ou moza incorporada como persoa socia traballadora ou de traballo en proba, a subvención ascenderá a 600 € ao mes, por un período de entre 6 e 12 meses.
3. Cando a dedicación sexa a tempo parcial, nos termos previstos no artigo 22.3, a contía dos incentivos previstos nos puntos anteriores reducirase ao 50 %.
4. A contía máxima que poderá ser concedida a unha entidade beneficiaria por subvencións con cargo a este programa será de 67.500 euros.
No caso de que a suma das contías que resulten en aplicación dos parágrafos anteriores sexa superior á subvención máxima que é posible outorgar, atribuirase a cada incorporación a contía que proporcionalmente lle corresponda.
Programa II: fomento del acceso a la condición de persona socia
FINALIDAD
Este programa de subvencións está dirixido ao fomento do acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais, así como ao fomento do acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas. Este acceso facilitase mediante o financiamento das achegas económicas ao capital social que debe desembolsarse para a incorporación como socio ou socia.
PERSONAS BENEFICIARIAS Y CONDICIONES PARA OBTENER LA SUBVENCIÓN
1. Poderán ser persoas beneficiarias deste programa de subvencións as persoas que accedan á condición de persoa socia traballadora ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral con carácter indefinido, que desenvolvan a súa actividade nun centro de traballo situado na Comunidade Autónoma de Galicia e que, no momento da súa incorporación, cumpran algunha das condicións seguintes:
a) Seren persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego.
b) Seren persoas socias a proba da cooperativa á cal se incorporan.
c) Seren persoas asalariadas da cooperativa ou sociedade laboral á cal se incorporan.
d) Seren persoas asalariadas dunha empresa que se transforme nunha cooperativa ou sociedade laboral, sempre que non teñan a condición de socias da empresa transformada.
e) Seren persoas socias traballadoras ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral a tempo parcial que accedan á mesma condición a tempo completo.
2. Tamén poderán ser beneficiarias as persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego que emprendan unha actividade por conta propia e se incorporen nunha cooperativa como persoas socias con carácter indefinido, con compromiso de exclusividade, para comercializar os seus produtos, obter subministracións, servizos e a asistencia técnica que precisen, sempre que teñan o seu domicilio social e fiscal en Galicia. A incorporación como persoa socia na cooperativa deberá producirse dentro do período de execución establecido no artigo 35 desta orde. Entre o inicio da actividade por conta propia e a dita incorporación non poden ter transcorrido máis de dous anos. NOTA: E O CASO DOS SOCIOS QUE SE INCORPORAN A UNHA COOPERATIVA AGRARIA
CUANTÍA DE LAS SUBVENCIONES
1. As subvencións previstas neste programa poderán ascender ás contías seguintes:
a) Para as persoas beneficiarias previstas no artigo 28.1, letras a), b) c) e d), e no artigo 28.2, ata 6.000,00 €.
b) Para as persoas beneficiarias previstas no artigo 28.1, letra e), ata 3.000,00 €.
2. As contías sinaladas no punto anterior incrementaranse nas porcentaxes que se sinalan a continuación, que son acumulables entre si:
a) Un 25 % se a persoa beneficiaria é unha muller.
b) Un 25 % se a persoa beneficiaria ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.
c) Un 25 % se a persoa beneficiaria ten mais de 45 anos.
d) Un 25 % se a persoa beneficiaria ten a condición de emigrante retornada.
e) Un 25 % se a persoa ten a condición de trans.
f) Un 25 % no caso de que o centro de traballo ao que se incorpora a persoa socia estea situado nun concello rural.
g) Un 25 % se se trata dunha cooperativa xuvenil.
3. Cando a dedicación da persoa incorporada sexa a tempo parcial ou en condición de fixo descontinuo nos termos previstos no artigo 28.4, a contía máxima dos incentivos previstos nos puntos anteriores reducirase ao 50 %.
PRESENTACIÓN DE LAS SOLICITUDES
1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2022, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito. Non obstante, se o período de presentación resultase inferior a un mes, as solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
2. No suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se esgota o crédito establecido na convocatoria, o órgano concedente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web da consellería.
PERÍODO DE EJECUCIÓN DE LAS ACCIONES
O período de execución de accións abranguerá dende o 1 de outubro de 2021 ata o 15 de novembro de 2022.